Lampris zatima

† Lampris zatima
Rango fósil: Mioceno tardío [1]
(11 608 a 7 246 Ma) [2]

Reconstrución de † Lampris zatima
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Actinopterygii
Subclase:Neopterygii
Infraclase:Teleostei
Orde:Lampridiformes
Familia:Lampridae
Xénero:Lampris
Especie:L. zatima
Nome binomial
Lampris zatima
(Jordan & Gilbert, 1920)
Sinonimia
Véxase o texto

Lampris zatima é unha especie fósil de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, incluída no xénero Lampris.

Trátase da especie máis antiga coñecida do xénero Lampris, do Mioceno tardío do sur de California,[3] (Megalampris keyesi Gottfried, Fordyce & Rust, 2006, da mesma familia, do Oligoceno tardío de Nova Zelandia, é máis antigo).[4]

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1920 polo ictiólogo estadounidense David Starr Jordan e o paleontólogo, así mesmo estadounidense, James Zaccheus Gilbert, na súa obra "Fossil Fishes of the Miocene (Monterey) Formations". Leland Stanford Junior University Publications, University Series: 13-60.[3][2] baixo o nome de Diatomoeca zatima (ver páxina 58 da obra antecitada).

Erroneamente, máis tarde volveuse a describir como Dasceles dassurus (que é unha especie da familia dos embiotócidos).[5]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Dasceles dassurus Jordan, 1925
  • Diatomoeca zatima Jordan & Gilbert, 1920 (protónimo)
  • Lampris (Diatomoeca) zatima Jordan e Gilbert 1919

Características

O seu rexistro fósil é bastante pobre, coñecido principalmente por columnas vertebrais illadas e algúns espécimes sen cabeza.[3] Estímase que medía entre os 20 e os 30 cm de longo.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • David, L. R. (1943): "Miocene Fishes of Southern California". Geological Society of America Special Paper 43: 1-187.
  • Jordan, D. S. (1920): "An ancient moonfish". The Scientific Monthly 11 (5): 470-473.

Outros artigos

Ligazóns externas