Lactosa

composto químico

A lactosa é un disacárido formado pola unión dunha molécula de glicosa e outra de galactosa. Tamén recibe a denominación de lactina, lactobiosa, 4-Beta-D-piranosil-D-glicosa ou azucre do leite posto que se atopa presente nel. Realmente na súa formación interveñen dous monosacáridos: a Beta-galactopiranosa e unha Beta-glicopiranosa, unidas polo Carbono 1-4 (desta reacción obtense unha molécula de auga).

Lactosa
Identificadores
Número CAS63-42-3
PubChem6134←←
ChemSpider5904
UNIIJ2B2A4N98G
Número CE200-559-2
ChEBICHEBI:36218
ChEMBLCHEMBL417016
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularC12H22O11
Masa molecular342,30 g/mol
Aspectosólido branco
Densidade1,525 g/cm3
Punto de fusión202.8 °C[1]
Punto de ebulición668.9 °C[1]
Solubilidade en auga21,6 g/100 mL[2]
Termoquímica
Entalpía estándar
de combustión ΔcHo298
5652 kJ/mol, 1351 kcal/mol, 16,5 kJ/g, 3,94 kcal/g
Perigosidade
EU Indexnon listado
NFPA 704
0
1
0
Punto de inflamabilidade357.8 °C [1]

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Molécula de lactosa formada pola unión dunha glicosa (2) e unha galactosa (1)

Características

É un sólido cristalino, xeralmente branco, soluble en auga e insoluble alcois. O seu sabor é doce , obtense por concentración e cristalización do soro do leite dos mamíferos cunha molécula de hidratación e a súa masa molar é de 360.32 g/mol.

Denomínase azucre do leite por aparecer nel nunha proporción do 4 ó 5%. No caso dos humanos é necesaria a presenza do enzima lactase para a súa correcta absorción. Cando o organismo non é capaz de asimilala correctamente padécense unha serie de síntomas que determinan unha intolerancia á lactosa. A intolerancia á lactosa é unha enfermidade da mucosa intestinal causada pola carencia de dita enzima. Os seus principais síntomas son: a dor abdominal, a flatulencia,a perda de peso, a diarrea... que se solucionan cunha dieta privada en produtos que posúan esta substancia.

É un elemento primordial na dieta dos mamíferos lactantes, utilízase en multitude de produtos da industria alimentaria, na fabricación de lévedos e proteínas comestibles, na industria farmacéutica e como absorbente en cromatografía.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos