Labañou, Visma, A Coruña

lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña

Labañou é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña. Limita polo sur con San Roque de Fóra e polo oeste cos Rosales e mais co Monte de San Pedro.

Labañou

Labañou
ParroquiaVisma
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′30″N 8°25′24″O / 43.374894897472, -8.42323305851768°25′24″O / 43.374894897472, -8.4232330585176
Poboación2305[Cómpre referencia] hab. (2010)
editar datos en Wikidata ]
Situación de Labañou no concello da Coruña.[1]

Urbanismo

A orixe do lugar está nas vivendas de pescadores que existían na zona.[2] En Labañou construíronse na década de 1960 varios grupos de vivendas, deseñados polo arquitecto Juan González Cebrián:[3]

  • O Grupo “María Pita-Labañou”, aprobado en 1959, está formado por bloques con formas quebradas para que xerasen entre eles espazos públicos.
  • O Grupo “Nosa Señora do Perpetuo Socorro”, de 1962, está formado por 27 vivendas de planta baixa.
  • O Grupo “Pardo de Santallana”, tamén de 1962, está formado por 114 vivendas.

Algúns destes grupos de vivendas recibiron popularmente os nomes de “China”, “Xapón” e “Corea”.[4][5]

Patrimonio

Na rúa Canteira existe un cruceiro centenario sobre unha plataforma triangular.[6]

Lugares e parroquias

Lugares de Visma

Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén