La Tierra Gallega (1894)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Tierra Gallega.
La Tierra Gallega, subtitulado semanario de intereses regionales e tamén periódico bisemanal de intereses regionales, foi unha publicación da Habana editado entre 1894 e 1896.
La Tierra Gallega (1894) | |
---|---|
Fundación | 8 de abril de 1894 |
Fundador | Manuel Lugrís Freire, Constantino Horta e Vicente Fraiz Andón |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
Fundado por un grupo de galeguistas de Cuba (Manuel Lugrís Freire, Constantino Horta, Vicente Fraiz Andón entre outros) coa finalidade de cederllo a Manuel Curros Enríquez para que o dirixira. O primeiro número saíu o 8 de abril de 1894, mantivo un carácter rexionalista galego, reivindicando a autonomía para Galicia e mantendo unha posición de españolismo autonomista na política cubana. O último número, o 197, saíu o 9 de novembro de 1896, logo que o gobernador da Habana e capitán xeneral, Valeriano Weyler, o suspendera tras atacar o ministro español da Mariña.
Véxase tamén
Bibliografía
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Tierra Gallega, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
Ligazóns externas
- "Tierra Gallega, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5