La Conquista del Estado

semanario político español

La Conquista del Estado foi un semanario político español fundado o 14 de marzo de 1931 (un mes antes da proclamación da Segunda República) por Ramiro Ledesma Ramos. Publicáronse 23 números, aparecendo o derradeiro o 24 de outubro de 1931.

La Conquista del Estado
Semanario de lucha y de información política
Fundación14 de marzo de 1931
Remata24 de outubro de 1931
DirectorRamiro Ledesma Ramos
FundadorRamiro Ledesma Ramos
Tendenciafascista
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
Periodicidadesemanal
editar datos en Wikidata ]

Obxectivos políticos

De corte fascista, estaba inspirado na publicación homónima italiana de Curzio Malaparte (La Conquista dello Stato) e pretendía converterse no embrión do fascismo español desde un punto de vista teórico.

No seu primeiro número publicou un manifesto cuxas ideas-forza eran: supremacía do Estado, afirmación nacional, articulación comarcal de España e estrutura sindical da economía (nacionalsindicalismo). O periódico incluíu ademais 17 puntos básicos, que destacaban os seus obxectivos primordiais.[1]

Revolución Nacional e Social

Declaradamente partidaria do fascismo, en todos os números insístese na idea de revolución, que se enfronte tanto ao marxismo como ao capitalismo, enfocándose na chamada terceira vía e facendo continuas loas tanto á Italia fascista como ao Partido Nacionalsocialista de Adolf Hitler, que chegou dous anos despois ao poder. Tamén foi moi combativo co independentismo, en especial o catalán, ao que dedicou varios artigos de clara oposición.

Tamén intentou recrutar aos descontentos dalgúns movementos revolucionarios proletarios, fundamentalmente membros da CNT, asistindo ao Congreso Extraordinario de 1931 da organización anarcosindicalista e apoiando a Folga da Telefónica convocada por estes.[2]

Colaboradores

O principal colaborador foi Juan Aparicio López.[3] Posteriormente, engadíronse outros como Manuel Souto Vilas.

Fin do semanario e fundación das JONS

Logo de sufrir dificultades económicas pola censura estabelecida na Lei de Defensa da República (1931), anunciou en outubro o final da súa andaina. O grupo de simpatizantes arredor do semanario promoveron a fusión coas Juntas Castellanas de Actuación Hispánica, dirixidas por Onésimo Redondo, dando lugar, o 10 de outubro de 1931,[4] á formación dunha nova organización política e un novo semanario co mesmo nome, Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS), que se converteu no primeiro partido nacionalsindicalista de España.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sesma Landrín, Nicolás (2012). "La dialéctica de los puños y de las pistolas": una aproximación a la formación de la idea de estado en el fascismo español (1931-1945)". Historia y Política: Ideas, Procesos y Movimientos Sociales (en castelán) (27): 51–82. ISSN 1575-0361. doi:10.18042/hp. 

Outros artigos

Ligazóns externas