La Barraca

La Barraca foi un grupo universitario de teatro dirixido por Federico García Lorca. Fundado ó pouco de instaurarse a Segunda República Española, tiña como obxectivo levar o teatro ás zonas con pouca actividade cultural na península, o que se facía nas vacacións universitarias. A actividade da compañía estendeuse ata a Guerra civil española, con oito programas que foi combinando de diverso xeito nas súas xiras por España. Con testemuñas exitosas en todos os ambientes, é hoxe considerado como un dos proxectos culturais máis interesantes da escena teatral española.

La Barraca
Tipocompañía de teatro
Campo de traballoartes escénicas
Data de fundación1931
PaísEspaña e Bélxica
editar datos en Wikidata ]
Compoñentes de La Barraca.

Traxectoria

O escritor granadino buscaba unha rexeneración do teatro a partir dun elenco afeccionado, lonxe do sistema de produción teatral que se vivía naquel momento en España. En 1931, Federico García Lorca andaba na procura de actrices e actores para organizar unha compañía de teatro universitario. Asistiu á representación de Estragos de amor y celos de Juan Valera, montada polo alumnado do Instituto-Escuela. Gustoulle a actuación de María del Carmen García Lasgoity, que interpretaba o papel protagonista. Tras coñecela, axiña a escolleu para integrar La Barraca. A compañía, co apoio do ministro Fernando de los Ríos Urruti, tiña a misión de achegar o teatro ás vilas e cidades de España con criterios pedagóxicos e anovadores.[1]

Lorca cun cartel de La Barraca.

A primeira semana de xuño de 1932, o grupo comezou os ensaios no Auditorio da Residencia de Estudiantes e na Residencia de Señoritas. O 10 de xullo, o alumnado-elenco, os Barracos, con dous camións Chevrolet, vestidos con fundas azuis e insignias que representaban unha carauta sobre unha roda de carro, deseño do pintor Benjamín Palencia, montaron o escenario e os decorados na praza maior de El Burgo de Osma. A peza coa que debutaron foi o entremés de Miguel de Cervantes, La cueva de Salamanca.[2]

Ao proxecto sumáronse moitos artistas, entre eles, a irmá de Federico, Isabel, Julia García Lasgoity,[3] o pintor José Caballero e os irmáns Jacinto e Modesto Higueras.[4] Segundo a filosofía do grupo, todas as tarefas debían ser voluntarias, gratuítas e compartidas. As exitosas xiras de La Barraca incluían teatro clásico, monicreques, farsas, autos sacramentais e lecturas de poemas.[5] Porén, en 1933, cando a CEDA acadou o poder, a compañía non sempre foi ben recibida. A prensa reaccionaria acusábaa de inmoral e xudeomarxista. Nalgunhas aldeas, os membros da compañía foron apupados e perderon as subvencións públicas.

Desde a súa creación até o comezo da Guerra civil española, La Barraca representou un total de 13 obras en 74 localidades de España e o norte de África. Foron salientábeis as estadías na Universidad Internacional de Verano de Santander.[6] Alí coincidiron con membros da Xeración do 27, entre eles, Jorge Guillén, Pedro Salinas, Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre e Rafael Alberti. En 1934, trala tráxica Revolución de Asturias, Lorca, moi afectado, declinou seguir á fronte de La Barraca e delegou en Eduardo Ugarte.

Na primavera de 1936 La Barraca realizou a que sería a súa derradeira función no Ateneo de Madrid, por petición expresa de Juana Capdevielle -bibliotecaria desta institución- ao grupo de teatro ambulante, que representou El caballero de Olmedo de Lope de Vega.[7]

A Guerra Civil e o fusilamento de Federico García Lorca supuxeron o fin de La Barraca.

Repertorio

Escena de La vida es sueño representada por La Barraca.
  • Ademais da Fiesta del Romance (con páxinas de Antonio Machado e Lope), e unha soa obra moderna: Historia del soldado de Ramuz, con música de Igor Stravinskii.

Ruta

Lenda
  1. Entremeses (Cervantes)
  2. La vida es sueño (Calderón de la Barca)
  3. El retablo de las maravillas (Cervantes)
  4. Fuenteovejuna (Lope de Vega)
  5. Romancero (diversos romances adaptados)
  6. Égloga de Plácida y Victoriano (Juan de la Encina)
  7. El burlador de Sevilla (Tirso de Molina)
  8. El caballero de Olmedo (Lope de Vega)
19321933193419351936
Burgo de Osma2. xullo
San Leonardo2. xullo
Igrexa de San Juan de Duero2. xullo
Ágreda2. xullo
Vinuesa2. xullo
Almazán2. xullo
Madrid2. xullo;

1,2. outubro

A Coruña1. agosto
Santiago de Compostela1. agosto
Pontevedra1. agosto
Vilagarcía de Arousa1. agosto
Vigo1. agosto
Baiona1. agosto
Ribadeo1. agosto
Cangas de Onís1. agosto
Grado1. agosto
Avilés1. agosto
Oviedo1. agosto
Granada1,2. outono
Valdemoro1,2. outono
Alacant2. Nadal
Elx2. Nadal
Murcia2. Nadal
Toledo1,2 marzo
Valladolid3. Semana Santa; Primavera;
4. Agosto.
Zamora3. Semana Santa; Primavera
Salamanca3. Semana Santa; Primavera3,4. Nadal
Madrid3. Primavera4; 8+. agosto;
3,4. Nadal
Arévalo3. Primavera
León3. Primavera;
4,1,4. agosto
Valencia4,1. xullo
Utiel4,1. xullo
Xátiva4,1. xullo
Almansa4,1. xullo
Albacete4,1. xullo
Alcaraz4,1. xullo
Infantes4,1. xullo
Valdepeñas4,1. xullo
Madridejos4,1. xullo
Tembleque4,1. xullo
Mieres4,1,5. agosto
Santander4,1,5. agosto6,7. agosto8+. agosto
Burgos4,1,5. agosto
Logroño4,1,5. agosto
Ayerbe4,1,5. agosto
Tudela4,1,5. agosto
Canfranc4,1,5. agosto
Pamplona4,1,5. agosto
Estella4,1,5. agosto
Sevilla1,4. marzo-abril
Ceuta1,4. marzo-abril
Tetuán1,4. marzo-abril
Tánger1,4. marzo-abril
Ampuero6,7. agosto
Villarcayo6,7. agosto
Frómista6,7. agosto
Villadiego6,7. agosto
Palencia6,7. agosto
Peñafiel6,7. agosto
Cuéllar6,7. agosto
Sepúlveda6,7. agosto
Riaza6,7. agosto
Segovia6,7. agosto
Medina de Pomar8+. agosto
Espinosa de los Monteros8+. Agosto
Béjar3,4. Nadal
Cidade Real3,4. Nadal
Sabadell1,8. abril
Barcelona1,8. abril
Terrassa1,8. abril

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas