Geo-IK-2

(Redirección desde «Kosmos 2540»)

Geo-IK-2, tamén coñecidos como Musson-2 (índice GRAU 14F31), é unha serie de satélites xeodésicos rusos sucesores dos satélites Geo-IK.[1][2]

Características

A misión dos satélites Geo-IK-2 é recoller datos para mellorar as análises en xeodesia. O corpo do satélite é un cilindro presurizado de 1,3 m de diámetro e 1,3 m de altura que contén a electrónica e soporta a antena de alta ganancia e os paneis solares. Para facer as medicións habitualmente hai dous satélites en órbita, a unha altura de 1000 km. Os satélites teñen unha masa de 1400 kg e son lanzados mediante foguetes Rokot KM, co primeiro sendo lanzado o 1 de febreiro de 2011 e fallando por problemas co seu foguete portador.[1][2]

Instrumentos

Os Geo-IK-2 dispoñen de tres instrumentos:[1][2]

  • O radar altímetro SADKO, construído por Thales Alenia.
  • Reflectores láser na superficie do satélite para medir a distancia cara ao satélite desde terra.
  • Receptores Glonass e GPS.

Historial de lanzamentos

Misión[1][2]Data de lanzamento[1][2]Foguete lanzador[1][2]Notas[1][2]
Geo-IK-2 1 (Musson-2 1, Kosmos 2470)1 de febreiro de 2011Rokot KMFallo do foguete lanzador.
Geo-IK-2 2 (Musson-2 2, Kosmos 2517)4 de xullo de 2016Rokot KMÉxito
Geo-IK-2 3 (Musson-2 3, Kosmos 2540)30 de agosto de 2019Rokot KMÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos