Kimi Räikkönen

Kimi-Matias Räikkönen, nado en Espoo o 17 de outubro de 1979, é un expiloto finés de automobilismo, que competiu en rallies e Fórmula 1.

Infotaula de personaKimi Räikkönen

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Kimi-Matias Räikkönen Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Espoo, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuíza
Espoo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso62 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarreira automobilística e Fórmula 1 Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de rally , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa, lingua inglesa e lingua finesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deporterally (2009–2011)
Fórmula 1 (2001–)
Fórmula Renault (pt) Traducir (1999–2000) Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoCompetición
2001-2001 Sauber F1
2002-2006 McLaren
2007-2009 Scuderia Ferrari
2012-2013 Lotus F1
2014-2018 Scuderia Ferrari
2019-2021 Alfa Romeo F1 Editar o valor em Wikidata
Participou en
Fórmula 1
Fórmula 1
Campionato do Mundo de Rally
Sprint Cup Series (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCampión do Mundo de Fórmula 1 Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMinttu Virtanen (2016–)
Jenni Dahlman (2004–2014)
IrmánsRami Räikkönen Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Páxina webkimiraikkonen.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1688722 Instagram: kimimatiasraikkonen Editar o valor em Wikidata

En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts. Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renault británica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio en sete, e quedou campión.

Kimi Räikkönen anunciou a súa retirada ao final do campionato 2021, rematando a súa carreira na Fórmula Un despois de 19 tempadas.[1]

Fórmula 1

Os bos resultados na Fórmula Renault chamaran a atención de Peter Sauber. Así, o piloto fixo algunhas probas con bos resultados no circuíto italiano de Mugello e Sauber decidiu contratalo como piloto reserva en 2000, o que foi o inicio da súa carreira na F1.

Sauber

Räikkönen, con só vinte e un anos, iniciaba como piloto titular a súa andaina na Fórmula 1 na tempada 2001. Con só vinte tres carreiras de monoprazas no seu currículo, conseguiu a licenza especial da FÍA. Logo, na primeira proba do campionato alcanzou o sexto lugar.

McLaren

En 2002, foi contratado polo equipo McLaren onde correu ata a tempada 2006 substituíndo o seu compatriota e bicampión do mundo Mika Häkkinen. Foi subcampión da tempada de 2003 con noventa e un puntos, ficando só a un punto de impedir o hexacampionato de Michael Schumacher.

Räikkönen probando o seu McLaren no Circuíto urbano de Valencia en 2006.

En 2005, foi novamente subcampión con cento doce puntos e sete vitorias, sendo Fernando Alonso campión. Foi considerado polos críticos de automobilismo e as revistas como o piloto máis rápido e mellor da tempada. En 2006, cun coche mal construído por McLaren, Räikkönen non conseguiu ningunha vitoria e terminou o ano en quinto lugar con sesenta e cinco puntos.

Ferrari

En 2007, Räikkönen foi o primeiro piloto desde Nigel Mansell, en 1989, en estrearse con Ferrari cunha vitoria. Gañou o gran Premio de Australia, que abriu a tempada de 2007. E, tras dous subcampionatos, o finés proclamouse campión mundial o 21 de outubro de 2007, vencendo no Gran Premio do Brasil, no Autódromo de Interlagos.

Räikkönen pilotando o seu Ferrari no Gran Premio do Canadá de 2008.

Räikkönen era o que tiña menores oportunidades de entre os tres pilotos que disputaban o campionato: Lewis Hamilton e Fernando Alonso eran os mellor posicionados para levar o título, xa que Kimi precisaría dunha combinación de resultados adversos para Mclaren e favorables para el, para ser quen de converterse en campión mundial de pilotos na tempada 2007, Räikkönen contou cos erros cometidos polo inglés Lewis Hamilton na carreira, que pronto na segunda curva da carreira perdeu o control do coche, chegando a ficar na décimo oitava posición, e pola estratexia adoptada por Ferrari, que fixo que o finés asumise o liderado da proba, que era do brasileiro Felipe Massa na volta de número cincuenta e dous.

Coa vitoria, Räikkönen conquistou seu primeiro título do campionato mundial de pilotos e a consolidación da Ferrari como o líder mundial de construtores de Fórmula 1 da tempada 2007. Con seis vitorias na tempada, máis que os seus rivais Fernando Alonso e Lewis Hamilton de McLaren (catro vitorias cada un) e que o seu compañeiro de equipo Felipe Massa (tres), o campionato terminou con cento dez puntos para Räikkönen, coa diferenza de só un punto entre Hamilton e Alonso, que terminaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente.

Xa en 2008, o campión do mundo, ata entón, non alcanzou moito éxito; o seu coche, segundo o seu equipo, non se adaptaba ao estilo de Räikkönen. Venceu só 2 carreiras, o Gp da Malaisia e o Gp da España, acadando 75 puntos, e ficando en 3° lugar na tempada, moi abaixo do esperado, sendo o campión Lewis Hamilton, de McLaren. Porén, Räikkönen, foi o piloto con máis voltas rápidas, sendo avaliado como o piloto máis rápido da tempada, e chegando a entrar na historia da Fórmula 1 por conquistar tantas voltas rápidas nunha tempada e ao longo da súa carreira.

No gran Premio de Bélxica de 2009, disputado o 30 de agosto, Kimi conquistou a súa primeira vitoria na tempada e a décima oitava na carreira.

WRC

O 4 de decembro de 2009, tras frustradas negociacións con McLaren e con Mercedes, o equipo oficial de Citroën no WRC (World Rally Championship) anunciou a contratación do finés para a disputa do campionato mundial de 2010 co equipo "junior".

Esa non foi a primeira experiencia de Kimi na categoría. O mesmo ano de 2009, disputou o Rally de Finlandia, a bordo dun Fiat Punto S2000 do equipo de Tommi Makkinen, chegando a estar en terceiro lugar da súa categoría (N4), cando sufriu un accidente que imposibilitou a conclusión da proba.

En 2011, Räikkönen disputou a temporada do WRC con seu propio equipo, o ICE 1 Racing, pilotando un Citröen DS3 WRC. Completou o Rally de Suecia na oitava posición e non disputou o Rally de México. Na secuencia, terminou sétimo no Rally de Portugal e en sexto no Rally de Xordania, deixando de disputar o Rally de Sardeña.

NASCAR

En 2 de abril de 2011 o finés asinou un acordo co equipo de Kyle Busch para disputar parte da tempada 2011 da NASCAR Truck Series, que é o terceiro campionato en importancia na NASCAR. Na súa estrea, Räikkönen terminou a proba de Charlotte na décima-quinta posición.

Retorno á Fórmula 1

En novembro de 2011, anunciouse o retorno de Kimi á Fórmula 1, coa confirmación da súa contratación por Lotus-Renault.

O 11 de setembro de 2013, anunciouse oficialmente o seu regreso a Ferrari para as dúas seguintes tempadas.[2].

O 10 de novembro de 2013, logo de coñecerse que o equipo non lle pagara o seu salario, confirmouse que o piloto finlandés non competiría nas dúas últimas probas debido a que se ía operar das costas.[3]

A tempada 2014 marcou o seu retorno a Ferrari, defendendo os cores do equipo de Maranello xunto a Fernando Alonso. Na súa carreira na máxima categoría do automobilismo, o finlandés obtivo 21 vitorias, destacando catro no Gran Premio de Bélxica, e 102 podios. Alcanzou a súa primeira vitoria na segunda era como piloto da Scuderia Ferrari no Gran Premio dos Estados Unidos de 2018, tras 113 carreiras sen subirse ao alto do podio, desde o Gran Premio de Australia de 2013 con Lotus. Durante a tempada 2020 alcanzou os récords de piloto con maior cantidade de Grandes Premios disputados e comezados.

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

TempadaSeriesEquipoCarreirasGañadosPolesV/rápidasPodiosPuntosPosición
1999European Fórmula Ford?2?????
Formula Ford FestivalContinental Racing Van Diemen100??N/ANC
Fórmula Renault 2000 UK Winter ChampionshipManor Motorsport444??40
Fórmula Renault 2000 UKHaywood Racing400????
2000Fórmula Renault 2000 EurocupManor Motorsport221??62
Fórmula Renault 2000 UKManor Motorsport1076??316
2001Fórmula 1Red Bull Sauber Petronas170000910º
2002Fórmula 1West McLaren Mercedes17001424
2003Fórmula 1West McLaren Mercedes161231091
2004Fórmula 1West McLaren Mercedes18112445
2005Fórmula 1West McLaren Mercedes
Team McLaren Mercedes
19751012112
2006Fórmula 1Team McLaren Mercedes18033665
2007Fórmula 1Scuderia Ferrari Marlboro1763612110
2008Fórmula 1Scuderia Ferrari Marlboro182210975
2009Fórmula 1Scuderia Ferrari Marlboro17100548
Campionato do Mundo de RallyTommi Mäkinen Racing10 – –00NC
2010Campionato do Mundo de RallyCitroën Junior Team110 – –02510º
2011Campionato do Mundo de RallyIce 1 Racing90 – –03410º
NASCAR Camping World Truck SeriesKyle Busch Motorsports10000N/ANC
NASCAR Nationwide SeriesNEMCO Motorsports10000N/ANC
2012Fórmula 1Lotus F1 Team201027207
2013Fórmula 1Lotus F1 Team171028183
2014Fórmula 1Scuderia Ferrari1900105512º
2015Fórmula 1Scuderia Ferrari190023150
2016Fórmula 1Scuderia Ferrari210014186
2017Fórmula 1Scuderia Ferrari200127205
2018Fórmula 1Scuderia Ferrari2111111251
2019Fórmula 1Alfa Romeo Racing2100004312º
2020Fórmula 1Alfa Romeo Racing Orlen170000416º
2021Fórmula 1Alfa Romeo Racing Orlen2200001016º

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor1234567891011121314151617181920212223Pos.Puntos
2001Sauber PetronasSauber C20Petronas 01A 3.0 V10AUS
6
MAL
Ret
BRA
Ret
SMR
Ret
ESP
8
AUT
4
MON
10
CAN
4
EUR
10
FRA
7
RU
5
ALE
Ret
HUN
7
BEL
Ret
ITA
7
USA
Ret
XPN
Ret
10º9
2002West McLaren MercedesMcLaren MP4-17Mercedes FO 110M 3.0 V10AUS
3
MAL
Ret
BRA
12
SMR
Ret
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CAN
4
EUR
3
RU
Ret
FRA
2
ALE
Ret
HUN
4
BEL
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
3
24
2003West McLaren MercedesMcLaren MP4-17DMercedes FO 110M/P 3.0 V10AUS
3
MAL
1
BRA
2
SMR
2
ESP
Ret
AUT
2
MON
2
CAN
6
EUR
Ret
FRA
4
RU
3
ALE
Ret
HUN
2
ITA
4
USA
2
XPN
2
91
2004West McLaren MercedesMcLaren MP4-19Mercedes FO 110Q 3.0 V10AUS
Ret
MAL
Ret
BHR
Ret
SMR
8
ESP
11
MON
Ret
EUR
Ret
CAN
5
USA
6
45
McLaren MP4-19BFRA
7
RU
2
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
1
ITA
Ret
CHN
3
XPN
6
BRA
2
2005West McLaren MercedesMcLaren MP4-20Mercedes FO 110R 3.0 V10AUS
8
MAL
9
BHR
3
SMR
Ret
ESP
1
MON
1
EUR
11
CAN
1
USA
DNS
FRA
2
RU
3
ALE
Ret
HUN
1
TUR
1
ITA
4
BEL
1
BRA
2
XPN
1
CHN
2
112
2006Team McLaren MercedesMcLaren MP4-21Mercedes FO 108S 2.4 V8BHR
3
MAL
Ret
AUS
2
SMR
5
EUR
4
ESP
5
MON
Ret
RU
3
CAN
3
USA
Ret
FRA
5
ALE
3
HUN
Ret
TUR
Ret
ITA
2
CHN
Ret
XPN
5
BRA
5
65
2007Scuderia Ferrari
Marlboro
Ferrari F2007Ferrari 056 2.4 V8AUS
1
MAL
3
BHR
3
ESP
Ret
MON
8
CAN
5
USA
4
FRA
1
RU
1
EUR
Ret
HUN
2
TUR
2
ITA
3
BEL
1
XPN
3
CHN
1
BRA
1
110
2008Scuderia Ferrari
Marlboro
Ferrari F2008Ferrari 056 2.4 V8AUS
8
MAL
1
BHR
2
ESP
1
TUR
3
MON
9
CAN
Ret
FRA
2
RU
4
ALE
6
HUN
3
EUR
Ret
BEL
18
ITA
9
SIN
15
XPN
3
CHN
3
BRA
3
75
2009Scuderia Ferrari
Marlboro
Ferrari F60Ferrari 056 2.4 V8AUS
15
MAL
14
CHN
10
BHR
6
ESP
Ret
MON
3
TUR
9
RU
8
ALE
Ret
HUN
2
EUR
3
BEL
1
ITA
3
SIN
10
XPN
4
BRA
6
ABU
12
48
2012Lotus F1 TeamLotus E20Renault RS27-2012 2´4 V8AUS
7
MAL
5
CHN
14
BAH
2
ESP
3
MON
9
CAN
8
EUR
2
RU
5
ALE
3
HUN
2
BEL
3
ITA
5
SIN
6
XPN
6
COR
5
IND
7
ABU
1
USA
6
BRA
10
207
2013Lotus F1 TeamLotus E21Renault RS27-2012 2´4 V8AUS
1
MAL
7
CHN
2
BAH
2
ESP
2
MON
10
CAN
9
RU
5
ALE
2
HUN
2
BEL
Ret
ITA
11
SIN
3
COR
2
XPN
5
IND
7
ABU
Ret
USA
BRA
183
2014FerrariFerrari F14 TFerrari 059/3AUS
7
MAL
12
BAH
10
CHN
8
ESP
7
MON
12
CAN
10
AUT
10
RU
Ret
ALE
11
HUN
6
BEL
4
ITA
9
SIN
8
XPN
12
RUS
9
USA
13
BRA
7
ABU
10
12º55
2015FerrariFerrari SF15-TFerrari 060 1.6 V6 tAUS
Ret
MAL
4
CHN
4
BHR
2
ESP
5
MON
6
CAN
4
AUT
Ret
RU
8
HUN
Ret
BEL
7
ITA
5
SIN
3
XPN
4
RUS
8
USA
Ret
MEX
Ret
BRA
4
ABU
3
150
2016Scuderia FerrariFerrari SF16-HFerrari 061 1.6 V6 tAUS
Ret
BHR
2
CHN
5
RUS
3
ESP
2
MON
Ret
CAN
6
EUR
4
AUT
3
GBR
5
HUN
6
ALE
6
BEL
9
ITA
4
SIN
4
MAL
4
XPN
5
USA
Ret
MEX
6
BRA
Ret
ABU
6
186
2017Scuderia FerrariFerrari SF70-HFerrari 062 1.6 V6 tAUS
4
CHN
5
BHR
4
RUS
3
ESP
Ret
MON
2
CAN
7
EUR
14†
AUT
5
GBR
3
HUN
2
BEL
4
ITA
5
SIN
Ret
MAL
NTS
XPN
5
USA
3
MEX
3
BRA
3
ABU
4
205
2018Scuderia FerrariFerrari SF71-HFerrari 063 1.6 V6 tAUS
3
BHR
Ret
CHN
3
ACE
2
ESP
Ret
MON
4
CAN
6
FRA
3
AUT
2
GBR
3
ALE
3
HUN
3
BEL
Ret
ITA
2
SIN
5
RUS
4
XPN
5
USA
1
MEX
3
BRA
3
ABU
Ret
251
2019Alfa Romeo RacingAlfa Romeo Racing C38Ferrari 064 1.6 V6 tAUS
8
BHR
7
CHN
9
ACE
10
ESP
14
MON
17
CAN
15
FRA
7
AUT
9
GBR
8
ALE
12
HUN
7
BEL
16
ITA
15
SIN
Ret
RUS
13
XPN
12
MEX
Ret
USA
11
BRA
4
ABU
13
12º43
2020Alfa Romeo Racing ORLENAlfa Romeo Racing C39Ferrari 065 1.6 V6 tAUT
Ret
EST
11
HUN
15
GBR
17
70º
15
ESP
14
BEL
12
ITA
13
TUS
9
RUS
14
EIF
12
POR
11
EMI
9
TUR
15
BAH
15
SAK
14
ABU
12
16º4
2021Alfa Romeo Racing OrlenAlfa Romeo Racing C41Ferrari 065/6 1.6 V6 tBHR
11
EMI
13
POR
Ret
ESP
12
MON
11
ACE
10
FRA
17
EST
11
AUT
15
GBR
15
HUN
10
BEL
18
NED
ITA
RUS
8
TUR
12
USA
13
MEX
8
BRA
12
QAT
14
SAU
15
ABU
Ret
16º10
Predecesor:
Fernando Alonso
Campión da Fórmula 1
2007
Sucesor:
Lewis Hamilton

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas