Kim Kielsen

6° Primeiro Ministro de Groenlandia

Kim Kielsen, nado en Paamiut o 30 de novembro de 1966, é un político groenlandés, primeiro ministro de Groenlandia desde o 30 de setembro de 2014 até 2021, e presidente do partido Siumut até o 20 de novembro de 2020, logo de substituír a Aleqa Hammond en outubro de 2014.

Infotaula de personaKim Kielsen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Paamiut Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento de Groenlandia
maio de 2022 – setembro de 2023
← Hans Enoksen
Primeiro ministro de Groenlandia
10 de decembro de 2014 – 23 de abril de 2021
← Aleqa HammondMúte Bourup Egede →
Deputado do Parlamento de Groenlandia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGroenlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSiumut Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua groenlandesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Kim Kielsen traballou como mariñeiro pero tras estudar na academia de policía, exerceu como oficial de policía nas localidades de Upernavik e Paamiut de 1996 ata 2003. En 2003 solicitou unha excedencia para exercer como coordinador dun proxecto social para nenos e mozos con problemas.[1]

Carreira política

Na primavera de 2005 entrou no concello da súa localidade natal, presentouse tamén ás eleccións xerais de novembro de 2005 logrando un asento no Parlamento de Groenlandia. Entre 2007 e 2009 foi ministro de Vivenda, Infraestruturas e Recursos Naturais. En outubro de 2014 converteuse en primeiro ministro en funcións tras renunciar Aleqa Hammond, e pouco despois o Siumut elixiuno o seu presidente,[2][3][4][5][6][7] con 44 votos sobre 65.[8][9][10] O 4 de decembro de 2014 o seu partido, Atassut, e Demokraatit formaron unha nova coalición. O 10 de decembro de 2014 estaban representados os novos ministros[11]

En resposta ao interese do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump en agosto de 2019, por comprar Groenlandia, Kielsen dixo que a proposta "non era algo para bromear" e que "Groenlandia non é dinamarquesa. Groenlandia é groenlandesa. Espero persistentemete que isto non sexa algo serio".[12][13]

O 29 de novembro de 2020, Kielsen perdeu a reelección para a presidencia do Partido Siumut ante Erik Jensen.[14][15]

Vida persoal

Kim Kielsen está casado con Judithe Kielsen, e teñen dous fillos.[16]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas