Kim Ki-duk

director de cinema coreano

Kim Ki-duk (en hangul 김기덕), nado en Boghwa (Corea do Sur) o 20 de decembro de 1960 e finado en Riga (Letonia) o 11 de decembro de 2020,[1] foi un director de cine. Foi un dos máis coñecidos representantes da vangarda cinematográfica coreana. Proviña dunha familia de clase obreira e non recibira formación técnica como cineasta, comezando a súa carreira á relativamente tardía idade de 33 anos como guionista e director.

Infotaula de personaKim Ki-duk

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ko) 김기덕 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1960 Editar o valor em Wikidata
Bonghwa County, Corea do Sur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Riga, Letonia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , montador , actor de cinema , director de cinema , produtor de cinema , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
AlumnosJeon Jae-hong (en) Traducir, Jang Hoon (en) Traducir e Moon Si-hyeon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1104118 Allocine: 58175 Allmovie: p266019 BNE: XX1300464 WikiTree: Kim-715 Editar o valor em Wikidata

Autor dunha ducia de obras ás veces altamente experimentais, é distintivo o ritmo pausado do seu cine, o forte contido visual moitas veces cruento, o parsimonioso uso do diálogo e a énfase en elementos criminais ou marxinais da sociedade. Isto último reflicte a posición de Kim dentro da sociedade surcoreana en xeral, e o ámbito fílmico en particular.

Traxectoria

Kim naceu en Bonghwa, na provincia de Gyengsang do Norte, no seo dunha familia rural. Trasladados a Seúl cando tiña 9 anos, educouse para traballar na agricultura, pero abandonou a súa formación para traballar como obreiro fabril ós 17 anos. Alistouse na infantaría de mariña do exército surcoreano con 20 anos, e prestou servizo como suboficial ata os 25. Despois dedicouse á pintura —unha afección que tiña desde cativo—, gañándose a vida como acólito nun templo budista.

Foi en París onde acudiu por primeira vez ó cine. Entre as primeiras películas que viu estaban O silencio dos cordeiros, de Jonathan Demme, e Les Amants du Pont-Neuf, de Leos Carax, que lle causaron unha grande impresión. De regreso ó seu país, a súa recentemente descuberta afección levouno a presentarse a varios concursos de guións. En 1993 obtivo o premio maior do Instituto Nacional do Guión de Corea do Sur por Un pintor e un criminal condenado a morte. En 1994 logrou a terceira praza do concurso organizado polo Consello Coreano de Cine (KOFIC) con Dobre exposición, e ó ano seguinte o premio maior do KOFIC por Cruzamento imprudente. Aínda que ningún destes guións se chegou a rodar, o seu éxito permitiulle obter un contrato con Joyoung Films para rodar Ag-o (악어), a brutal historia dun grupo de persoas sen fogar que viven baixo unha ponte sobrevivindo a forza de astucia e violencia. Ag-o anticipou a conxunción de fotografía delicada e trama brutal que caracterizaría á obra subseguinte de Kim. Obtivo pouco éxito coa prensa local, pero conseguiu unha praza no Festival Internacional de Cine de Pusan, onde se proxectou na sección Panorama Coreano.

O festival de Pusan foi un dos principais puntos de exhibición de Kim nos anos seguintes. O seu primeiro guión transformouse en Yasaeng dongmul bohoguyeog (야생동물 보호구역), rodada en 1996 nas rúas de París, que se exhibiu no Festival Internacional de Vancouver. En 1998 Paran daemun (파란대문) elaborouse sobre outro guión premiado por KOFIC e tivo máis exposición internacional, proxectándose na Berlinale e no Festival de Cinema de Karlovy Vary; un cambio rotundo no estilo fílmico do autor, un híbrido entre melodrama adolescente e denuncia social, ambientado nunha pequena cidade portuaria onde unha moza prostituta é o único sustento da familia que mantén o pequeno hostal onde leva ós seus clientes. A relación agridoce entre a filla da familia empobrecida e a prostituta é un dos puntos centrais do filme, evocado logo noutras obras do autor.

No 2000 rodou dúas películas: a moi experimental Siljae Sanghwang (실제상황), rodada en apenas 200 minutos e montada en tempo real, acerca dun artista da rúa, a súa ex-moza, e outros personaxes que atravesan a praza na que este ofrece as súas obras durante a hora longa que dura a película. Tamén rodou a obra que lle representaría o salto á fama crítica internacional: Seom (섬). Unha amorosa narración da relación entre un fuxitivo da lei e a propietaria dun centro de pesca, na que os inquilinos habitan tendas flotantes no lago. Seom fíxose notoria entre outras cousas pola crueza dalgunhas escenas, que levaron ó desmaio dun crítico na súa premiere no Festival Internacional de Cine de Venecia. A presenza dunha prostituta, unha figura recorrente na filmografía de Kim, atraeu a ira do público coreano, e a violencia dalgunhas escenas provocou reaccións de desagrado, pero a obra estableceu firmemente ó seu autor como unha presenza significativa, proxectándose nunha ducia de festivais en todo o mundo. Suchwiin bulmyeong (수취인불명) abriu o festival de Venecia ó ano seguinte, e Nabbeun namja (나쁜 남자) —unha nova incursión no mundo da prostitución forzada e a violencia como vínculo amoroso— foi o seu primeiro éxito de público, entre outras razóns mercede á presenza de Jo Jae-hyeon no papel principal.

A súa seguinte película, Haeanseon (해안선) contou coa presenza dunha estrela local, Jang Dong-kun, pero resultou menos efectiva que as anteriores. No 2003 Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom (봄여름가을겨울그리고봄) atraeu novamente a atención masiva, sobre todo pola maior accesibilidade dunha película desprovista por completo de violencia. Coa primeira presenza de Kim fronte ás cámaras no papel dun ancián monxe budista, as súas obsesións coa violencia, a crueldade e a futilidade cíclica da vida, desprázanse agora ó comentario das diversas paixóns que atravesan a vida dunha persoa. Foi tamén a primeira das súas películas en acadar distribución a grande escala fóra dos festivais, e fixou as bases para que as posteriores Samaria (사마리아, que obtivo o Oso de Prata ó mellor director en Berlín no 2004, e Bin-jip (빈집), gañadora do premio equivalente en Venecia, aparecesen no circuíto comercial.

Filmografía

Anotítulo coreanotítulo transliteradosignificado en galego
1996악어Ag-oCrocodilo
야생 동물Yasaeng dongmul bohoguyeogAnimais salvaxes
1998파란 대문Paran daemun
2000실제 상황Shilje sanghwangFicción real
SeomA illa
2001수취인불명Suchwiin bulmyeongEnderezo descoñecido
나쁜 남자Nabbeun namjaMalas compañías
2002해안선HaeanseonO gardacostas
2003봄, 여름, 가을, 겨울 그리고 봄Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bomPrimavera, verán, outono, inverno... e outra vez primavera
2004사마리아SamariaA samaritana
빈집Bin-jipFogares baleiros (estreada como Hierro 3)
2005HwalO arco
2006시간Shi ganTempo
2007SoomAlento
2008비몽BimongSoño triste

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas