Key Largo
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Key Largo | |
---|---|
![]() Cartel do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | John Huston |
Intérpretes | Humphrey Bogart Edward G. Robinson Lauren Bacall Lionel Barrymore Claire Trevor |
Música | Max Steiner |
Fotografía | Karl Freund |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 16 de xullo de 1948 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Policíaco Cine negro |
Orzamento | $1.763.000 |
Recadación | $3.219.000 (Estados Unidos) $1.150.000 (internacional)[1] |
Lingua | Inglés |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Key Largo é unha película estadounidense de 1948 coescrita e dirixida por John Huston, e protagonizada por Humphrey Bogart, Edward G. Robinson, Lauren Bacall, Lionel Barrymore e Claire Trevor. Está baseada na obra de teatro homónima de Maxwell Anderson, estreada en Broadway o 27 de novembro de 1939.Key Largo foi a cuarta e derradeira película que amosaba á parella de actores casados Bogart e Bacall, despois de To Have and Have Not (1944), The Big Sleep (1946) e Dark Passage (1947).
O filme narra a violenta estancia dun grupo de gánsteres retidos nun hotel da costa de Florida por unha forte tormenta. Alí o "rei dos gánsters", Johnny Rocco (Edward G. Robinson), agóchase facéndose o amo do lugar e retendo a punta de pistola a Nora Amorne (Lauren Bacall), dona do hotel, ao seu sogro inválido (Lionel Barrymore) e ao veterano de guerra Frank McCloud (Humphrey Bogart). Con Rocco, está a súa noiva (Claire Trevor), que é unha cantante en época de decadencia.McCloud é o único home capaz de facer fronte ao belixerante Rocco. Pero a realidade do mundo despois da guerra fixo que o desilusionado ex-oficial do exército perdese as ganas de loitar.
O guión difire da obra de teatro, onde os gánsteres son bandidos mexicanos e Frank morre ao final.
As escenas do furacán foron aproveitadas dunha película anterior: Night Unto Night, un melodrama protagonizado por Ronald Reagan que produciu Warner Bros. en 1948.
O barco do final do filme chámase Santana, que era tamén o nome do veleiro de Bogart na vida real.[2]
O American Film Institute nomeou no ano 2003 ao personaxe de Johnny Rocco para a lista 100 anos de AFI... 100 heroes e viláns,[3] e en 2008 á película ao AFI's 10 Top 10 na categoría de "películas de gánsteres".[4]
Claire Trevor, quen interpretou á cantante alcohólica Gaye Dawn, recibiu o premio Óscar á mellor actriz secundaria na 21.ª cerimonia dos Premios Óscar.[5]
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actriz secundaria | Claire Trevor | Gañadora |