Kevin Magnussen

piloto de carreiras dinamarqués

Kevin Jan Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras danés, actualmente pilota para o equipo Haas F1 Team.[1][2][3] É fillo do catro veces gañador de Le Mans da clase GT, piloto de fábrica GM e expiloto de Fórmula 1 Jan Magnussen, Kevin Magnussen chegou a través do programa de novos pilotos de Fórmula Un de McLaren e pilotou para McLaren no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 e pilota para o equipo Haas desde 2017 e deixou ao equipo ao final da tempada 2020.[4][5] Competirá no WeatherTech SportsCar Championship en 2021 pilotando para Chip Ganassi Racing.

Infotaula de personaKevin Magnussen

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Roskilde, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , actor de dobraxe , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoVehículo empregado
2014-2015McLaren
2016-2016Renault F1 Team
2017-2020Haas F1 Team
2022-Haas F1 Team Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJan Magnussen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webkevinmagnussen.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5626860 Facebook: KevinMagnussen Twitter: KevinMagnussen Instagram: kevinmagnussen Editar o valor em Wikidata

En 2022, Magnussen reincorporouse a Haas cun contrato de varios anos.[6]

Traxectoria

Magnussen comezou a súa carreira no karting. En 2008 deu o salto a Fórmula Ford en Dinamarca, gañando o campionato,[7] tamén competiu en seis carreiras das series ADAC Formel Masters.

En 2009 Magnussen pasou a Fórmula Renault, terminando segundo por detrás de António Félix da Costa na Copa de Europa do Norte e sétimo na Eurocopa, pilotando para Motopark Academy.

En 2010 Magnussen competiu no Campionato alemán de Fórmula Tres con Motopark Academy e Carlin Motorsport; gañando a rolda de apertura da tempada en Oschersleben. Terminou terceiro no campionato, taking the rookie title in the process.

En 2011 Magnussen pasou a Cooper Tires British Formula 3 with Carlin

No campionato de 2016 formou parte do equipo Renault, que volvía como construtor á competición tras seis anos unicamente motorizando.

Carreira na Fórmula Un

Magnussen tivo a súa primeira experiencia no McLaren MP4-27 de Fórmula Un, nunha proba para pilotos novos na pista de Abu Zabi, o 6 de novembro de 2012. Estableceu un tempo máis rápido de 1:42.651. Anteriormente realizara un traballo no simulador de condución do equipo.[8] Magnussen foi o mellor da proba de tres días impresionando ao director deportivo de McLaren, Sam Michael. A distancia cuberta no curso da proba foi suficiente para lograr a superlicencia de F1.[9]

McLaren (2014–2015)

Magnussen no gran Premio de Mónaco de 2014

O 14 de novembro de 2013, confirmouse que Magnussen pilotaria en McLaren para a tempada 2014, substituíndo a Sergio Pérez Mendoza.[4] De acordo cunha nova regra introducida na Fórmula Un para a tempada 2014, onde os pilotos escolleron un número de coche que usarían durante toda a súa andaina na F1, Magnussen escolleu o número 20 xa que era o número que tiña no seu coche DAMS en 2013 cando gañou o campionato.[10]

Nas probas de pretempada de Jerez e Bahrain superou as taboas de tem`po e na primeira carreira en Australia, clasificouse na cuarta posición.[11] Na carreira en se, Magnussen evitou chocar no inicio, despois de que o seu coche sobrevirara[12] ao patinar as rodas, despois de pasar a Lewis Hamilton nas primeiras voltas, Magnussen mantivo a posición para lograr o terceiro posto, rematou 2,2 segundos por detrás do Red Bull de Daniel Ricciardo.[13] Como resultado, Magnussen converteuse no segundo piloto danés, despois do seu pai Jan, que foi sexto no Gran Premio do Canadá de 1998, en lograr puntuar,[14] e o primeiro debutante, desde Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007, en subirse ao podio no seu primeiro Gran Premio.[15] Despois da carreira, Magnussen describiu o resultado como "como unha vitoria".[16] Máis tarde subiu ao segundo posto nos resultados, despois de que Ricciardo fose descualificado debido a irregularidades no combustible,[17] converténdoo no primeiro novato en terminar segundo desde Jacques Villeneuve no Gran Premio de Australia de 1996.[18] Magnussen logrou acabar once carreiras máis en todo o 2014, sendo na maioría no noveno ou o décimo lugar, aínda que Magnussen logrouo sétimo lugar nos circuítos de Austria e Gran Bretaña onde tivera experiencia previa en fórmulas júnior, e un quinto posto en Rusia.

2015

O 11 de decembro de 2014, anunciouse que Fernando Alonso regresaría a McLaren xunto a Button, deixando a Magnussen como piloto de proba e reserva para McLaren.[19] O piloto mantivo conversacións co equipo Honda Andretti Autosport para competir nas IndyCar Series, pero McLaren bloqueou o acordo.[20] O 3 de marzo de 2015, McLaren anunciou que Magnussen substituiría a Fernando Alonso no Gran Premio de Australia, despois de que os médicos aconsellaran a Alonso non correr debido a unha conmoción obtida durante un incidente nun test o 22 de febreiro.[21][22] Non obstante, Magnussen non puido iniciar a carreira despois de sufrir un fallo no motor na volta de formación.[23]

O 5 de outubro de 2015, recibiu un correo electrónico do axudante persoal do presidente de McLaren, Ron Dennis, que o liberaba de McLaren. McLaren fíxoo público o 16 de outubro.[24]

Renault (2016)

Magnussen no Gran Premio de Malaisia de 2016

Despois de ser liberado por McLaren, confirmouse que Magnussen tievera conversas para pilotar o equipo Haas F1, antes de que Romain Grosjean e Esteban Gutiérrez fosen nomeados como pilotos do equipo.[25] Magnussen supostamente estivera en conversas sobre un asento en Manor Racing na Fórmula Un.[26][27] Magnussen probou un coche Mercedes DTM,[28] e un Porsche LMP1,[29] suxerindo de que quizais tivera opcións fóra da Fórmula Un, incluído a IndyCar, onde se cre que entrou en conversacións con Bryan Herta Autosport sobre unha unidade.[30]

O 28 de xaneiro de 2016, apareceron informacións non confirmadas de que Magnussen ía substituír a Pastor Maldonado en Renault, como compañeiro do novato Jolyon Palmer para a seguinte tempada tras un incumprimento de contrato entre Maldonado e o equipo.[31] O 3 de febreiro, Renault confirmou que Magnussen fichara para a tempada 2016.[1] Logrou puntuar dúas veces un sétimo posto en Rusia e un décimo lugar en Singapur, rematando a tempada en 16º lugar.

Haas (2017 – 2020, 2022 - )

2017

Magnussen pilotando parar Haas no Gran Prremio de Malaisia de 2017.

O 10 de novembro de 2016, anunciouse que Magnussen asinara un contrato con Haas para 2017.[32] Tras asinar con Haas, converteuse no único piloto en competir nun Gran Premio con todos os fabricantes de motores (catro) na era turbo híbrida turbo.[Cómpre referencia] anotou en cinco carreiras, cun sétimo posto en Acerbaixán como mellor resultado, e rematou 14º no Campionato de Pilotos.[33][34][35]

2018

Probas de Magnussen para Haas en 2018.

Magnussen mantivo o seu impulso para a tempada 2018.[36] Logrou a súa primeira volta rápida no Gran Premio de Singapur.[37] Magnussen provocou a ira de varios pilotos ao longo da tempada pola súa condución defensiva. No Gran Premio do Xapón de 2018, o piloto de Sauber Charles Leclerc chamou a Magnussen "estúpido" pola radio despois de que o seu intento de adiantar ao Haas rematase en contacto,[38] Pierre Gasly tamén criticou a condución defensiva de Magnussen no Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tras unha colisión entre ambos.[39] Puntuando en 11 carreiras, Magnussen rematou noveno na clasificación de pilotos, con 56 puntos.

2019

O 28 de setembro de 2018, confirmouse que Magnussen seguiría pilotando en Haas na tempada 2019.[40] Un ano despois da súa primeira volta rápida, Magnussen repetiu a proeza no Gran Premio de Singapur de 2019.[41] Por desgraza, o Haas VF-19 foi pouco competitivo durante a maior parte da tempada, con Magnussen anotando puntos en só 4 carreiras, cun total de 20 puntos para rematar 16º na clasificación. O seu compañeiro de equipo Romain Grosjean tamén loitou co coche, só puido anotar 8 puntos de 3 carreias nas que puntuou.[42]

2020

Magnussen seguiu pilotando para Haas en 2020, de novo colaborando con Grosjean.[43] As dúas primeiras roldas do campionato no Red Bull Ring resultaron difíciles para Magnussen e Haas, xa que o Haas VF-20 estaba fóra de ritmo. Nas primeiras voltas do Gran Premio de Hungría de 2020 , Magnussen quedou terceiro, grazas a unha decisión de estratexia ao comezo da carreira. Aínda que finalmente caeu de novo durante toda a carreira, logrou cruzar a meta no noveno posto. Despois da carreira, determinouse que Haas incumprira as regras relativas á radio do equipo ao dicir aos dous pilotos que entrasen a boxes ao final da volta de formación e Magnussen recibiu unha penalización de dez segundos. Isto degradouno á décima posición, e Magnussen logrou o primeiro punto do ano e o de Haas. Magnussen sufriu un fallo na unidade de potencia no Gran Premio de Italia de 2020 e chocou por detrás nun accidente de varios vehículos no Gran Premio da Toscana de 2020, a súa quinta retirada en nove carreiras.

Magnussen abandonou Haas a finais de 2020.[44]

2022

Tras a invasión rusa de Ucraína, Haas rescindiu o seu contrato co seu pilotor Nikita Mazepin. Magnussen volveu ao equipo como o seu substituto cun contrato de varios anos, coa asociación co piloto Mick Schumacher para a tempada 2022. No seu regreso con Haas en Bahrain, Magnussen logrou comezar 7º e rematar 5º, marcando un dos cinco primeiros postos na historia de Haas ata ese momento.[45] No Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, chegou á Q3 e clasificouse décimo. Máis tarde converteu iso nun noveno posto, asegurando puntos consecutivos de Haas por primeira vez desde 2019.[46][47] Magnussen terminou décimo en Silverstone co seu compañeiro de equipo Mick Schumacher oitavo dando a Haas os primeiros puntos dobres desde Alemaña 2019.[48]

Rexistro de carreiras

Resumo da súa carreira deportiva

TempadaSeriesEquipoCarreirasGañadasPolesV/rápidasPodiosPuntosPosición
2008Formula Ford DenmarkFukamuni Racing151161012267
Formula Ford Duratec Benelux200001919º
Formula Ford Festival – Duratec class10000N/A
Formula Ford NEZ1111127
ADAC Formel MastersVan Amersfoort Racing400123012º
Portugal Winter Series FR2.0Motopark Academy200011210º
2009Formula Renault 2.0 NECMotopark Academy1412412278
Eurocup Formula Renault 2.014001150
Renault Clio Cup Denmark?200011812º
2010German Formula ThreeMotopark Academy18300896
Formula 3 Euro Series21001812º
2011British Formula ThreeCarlin297699237
Masters of Formula 310001N/A
Macau Grand Prix Formula Three10000N/A19º
2012Formula Renault 3.5 SeriesCarlin171303106
2013Formula Renault 3.5 SeriesDAMS1758313274
2014Fórmula 1McLaren Mercedes1900015511º
2015Fórmula 1McLaren Honda100000NC
2016Fórmula 1Renault210000716º
2017Fórmula 1Haas2000001914º
2018Fórmula 1Haas21001056
2019Fórmula 1Haas2100102016º
2020Fórmula 1Haas170000120º
2021IMSA SportsCar ChampionshipCadillac Chip Ganassi Racing1011452879
IndyCar SeriesArrow McLaren SP10000742º
2022Fórmula 1Haas F1 Team2201002513º
IMSA SportsCar ChampionshipCadillac Chip Ganassi Racing10000275
2023Fórmula 1Haas F1 Team220000319º
2024Fórmula 1Haas F1 Team900001*18º*

Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series

(key)

AnoEquipoChasisMotor123456789101112131415161718DCPuntos
2010Motopark AcademyDallara F308/099VolkswagenLEC
1
LEC
2
HOC1
1
HOC1
2
VAL
1

7
VAL
2

1
NOR
1
NOR
2
NÜR
1
NÜR
2
ZAN
1
ZAN
2
BRH
1
BRH
2
OSC
1
OSC
2
HOC2
1
HOC2
2
12º8

Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series

(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

AnoEquipo1234567891011121314151617PosPuntos
2012CarlinALC
1
2
ALC
2
Ret
MON
1

Ret
SPA
1

21
SPA
2

1
NÜR
1

5
NÜR
2

8
MOS
1

16†
MOS
2

10
SIL
1

Ret
SIL
2

Ret
HUN
1

2
HUN
2

23†
LEC
1
6
LEC
2
24†
CAT
1

5
CAT
2

4
106
2013DAMSMNZ
1

2
MNZ
2

2
ALC
1

1
ALC
2
9
MON
1

4
SPA
1

1
SPA
2

3
MOS
1

11
MOS
2

2
RBR
1

3
RBR
2

3
HUN
1

2
HUN
2

2
LEC
1

DSC
LEC
2

1
CAT
1

1
CAT
2

1
274

† Non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEscuderíaChasisMotor123456789101112131415161718192021222324Pos.Puntos
2024Haas F1 TeamHaas VF-24Ferrari 066/7 1.6 V6 tBHR
12
SAU
12
AUS
10
XAP
CHN
MIA
EMI
MON
CAN
ESP
AUT
GBR
HUN
BEL
NED
ITA
ACE
SIN
USA
MEX
BRA
LVG
QAT
ABU
14º*1*
2023Haas F1 TeamHaas VF-23Ferrari 066/7 1.6 V6 tBHR
13
SAU
10
AUS
17†
ACE
13
MIA
10
EMI
C
MON
19†
ESP
18
CAN
17
AUT
18
GBR
Ret
HUN
17
BEL
15
NED
16
ITA
18
SIN
10
XAP
15
QAT
14
USA
14
MEX
Ret
BRA
Ret
LVG
13
ABU
20
19º3
2022Haas F1 TeamHaas VF-22Ferrari 066/7 1.6 V6 tBHR
5
SAU
9
AUS
14
EMI
98
MIA
16†
ESP
17
MON
Ret
ACE
Ret
CAN
17
GBR
10
AUT
87
FRA
Ret
HUN
16
BEL
16
NED
15
ITA
16
SIN
12
XAP
14
USA
9
MEX
17
BRA
Ret8
ABU
17
13º25
2020Haas F1 TeamHaas VF-20Ferrari 065 1.6 V6 tAUT
Ret
EST
12
HUN
10
GBR
Ret
70º
Ret
ESP
15
BEL
17
ITA
Ret
TOS
Ret
RUS
12
EIF
13
POR
16
EMI
Ret
TUR
17†
BAH
17
SAK
15
ABU
18
20º1
2019Rich Energy Haas F1 TeamHaas VF-19Ferrari 064 1.6 V6 tAUS
6
BHR
13
CHN
13
AZE
13
ESP
7
MON
14
CAN
17
FRA
17
AUT
19
GBR
Ret
ALE
8
HUN
13
BEL
12
ITA
Ret
SIN
17
RUS
9
XPN
15
MEX
15
USA
18†
BRA
11
ABU
14
16º20
2018Haas F1 TeamHaas VF-18Ferrari 063 1.6 V6 tAUS
Ret
BHR
5
CHN
10
ACE
13
ESP
6
MON
13
CAN
13
FRA
6
AUT
5
GBR
9
ALE
11
HUN
7
BEL
8
ITA
16
SIN
18
RUS
8
XPN
Ret
USA
DSC
MEX
15
BRA
9
ABU
10
56
2017Haas F1 TeamHaas
VF 17
Ferrari 062 1.6 V6 tAUS
Ret
CHN
8
BHR
Ret
RUS
13
ESP
14
MON
10
CAN
12
ACE
7
AUT
Ret
GBR
12
HUN
13
BEL
15
ITA
11
SIN
Ret
MAL
12
XPN
8
USA
16
MEX
8
BRA
Ret
ABU
13
14º19
2016Renault Sport F1 TeamRenault RS16Renault RE16 1.6 V6 tAUS
12
BHR
11
CHN
17
RUS
7
ESP
15
MON
Ret
CAN
16
EUR
14
AUT
14
GBR
17†
HUN
15
ALE
16
BEL
Ret
ITA
17
SIN
10
MAL
Ret
XPN
14
USA
MEX
BRA
ABU
16º7
2015McLaren HondaMcLaren MP4-30Honda RA615H 1.6 V6 tAUS
NTS
MAL
CHN
BAH
ESP
MON
CAN
AUT
RU
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
MEX
BRA
ABU
NC0
2014McLaren MercedesMcLaren MP4-29Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 tAUS
2
MAL
9
BAH
Ret
CHN
13
ESP
12
MON
10
CAN
9
AUT
7
RU
7
ALE
9
HUN
12
BEL
12
ITA
10
SIN
10
XPN
14
RUS
5
USA
8
BRA
9
ABU
11
11º55

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas