Kentavious Caldwell-Pope

baloncestista estadounidense

Kentavious Tannell Caldwell-Pope, nado o 18 de febreiro de 1993 en Thomaston, Xeorxia, é un xogador profesional de baloncesto americano que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 1,96 metros xoga na posición de escolta.

Kentavious Caldwell-Pope
Denver Nuggets – No. 5
PosiciónEscolta
Información persoal
Nacemento18 de febreiro de 1993 (31 anos)
Thomaston, Xeorxia
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial93 kg (205 lb)
Información da carreira
InstitutoGreenville
(Greenville, Georgia)
UniversidadeGeorgia (2011–2013)
NBA Draft2013 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Detroit Pistons
Carreiradende 2013
Historial de equipos
Detroit Pistons (2013–2017)
Los Angeles Lakers (2017–2021)
Washington Wizards (2021–2022)
Denver Nuggets (2022–presente)

Traxectoria profesional

Caldwell-Pope foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Detroit Pistons, equipo co que xogou a Liga de Verán da NBA de 2013. O 19 de xullo de 2013, asinou o seu primeiro contrato profesional cos Pistons.[1]

O 13 de xullo de 2017, Caldwell-Pope asinou un contrato por un ano e 18 millóns de dólares cos Los Angeles Lakers.[2] Fixo o seu debut cos Lakers o 22 de outubro de 2017, saíndo coma titular e anotando 20 puntos na derrota por 119-112 contra os New Orleans Pelicans.[3] O 23 de novembro de 2020, Caldwell-Pope asinou un novo contrato de tres anos cos Lakers.[4]

O 6 de agosto de 2021, Caldwell-Pope foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos que mandou a Russell Westbrook ós Los Angeles Lakers.[5]

O 6 de xullo de 2022, Caldwell-Popefoi traspasado xunto a Ish Smith ós Denver Nuggets, a cambio de Monté Morris e Will Barton.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas