Katharine Gun

Denunciante británica

Katharine Teresa Gun (Harwood, apelidada de solteira), nada en 1974 é unha tradutora británica que traballou para o GCHQ, Government Communications Headquarters (en galego, o Cuartel Xeral de Comunicacións do Goberno).[1][2] En 2003, filtrou unha información secreta ao xornal The Observer, na que Estados Unidos pedía ao goberno británico axuda mediante información comprometedora sobre diplomáticos de varios estados membros do Consello de Seguidade da ONU, que debían votar unha nova resolución promovida por Estados Unidos na que se pretendía conseguir o permiso para a invasión de Iraq en 2003.[3]

Infotaula de personaKatharine Gun
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Durham (pt) Traducir
Morrison Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , tradutora , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Vida temperá

Katharine Harwood chegou a Taiwán en 1977 cos seus pais, Paul e Jan Harwood. O seu pai estudou chinés na Universidade de Durham e, daquela, fora contratado como profesor de literatura inglesa na Universidade de Tunghai,[4] na cidade do mesmo nome, en Taiwán central. Ela ten un irmán máis novo que ensina en Taiwán.[5]

Despois de pasa-la súa infancia en Taiwán, onde estudou na Morrison Academy até os 16 anos, Katharine regresou a Gran Bretaña para estudar na Moira House, un internado para rapazas en Eastbourne. A súa educación multicultural levouna, máis tarde, a se describir a si mesma como unha "rapaza da terceira cultura".[6] En 1993, comezou a estudar xaponés e chinés na Universidade de Durham.[7]

Despois de consegui-lo grao, entrou a traballar como profesora auxiliar de inglés en Hiroshima, Xapón.[8] En 1999, abandonou o ensino e, vendo que era difícil atopar traballo como lingüista, entrou no GCHQ, en 2001, despois de ler un anuncio nun xornal. Posteriormente, Gun afirmou que descoñecía o que era o GCHQ, e engadiu "non tiña moita idea sobre o que facía. Ía traballar cegamente. E a maioría da xente tamén".[6]

Filtración

O traballo de Gun no GCHQ en Cheltenham consistía en traducir información do chinés mandarín ao inglés.[6] O 31 de xaneiro de 2003, mentres estaba a traballar no GCHQ aló, leu un correo de Frank Koza, o xefe na división de "obxectivos rexionais" da NSA, National Security Agency, (en galego, Axencia de Seguranza Nacional).[9]

Koza, no correo electrónico, pedía axuda nunha operación secreta para pincha-las comunicacións das oficinas de Nacións Unidas de seis estados: Angola, Bulgaria, Camerún, Chile, Guinea, e Paquistán.[10][11] Estes eran seis dos estados "indecisos" no Consello de Seguranza da ONU e que poderían determinar se a ONU aprobaba a invasión de Iraq.[12] O plan podería contravir os artigos 22 e 27 da Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas que regulamenta as relacións diplomáticas globamente.

Gun, indignada polo correo electrónico, conseguiu sacar unha copia del e imprimilo na casa.[6] Finalmente,deulle o correo electrónico a unha amiga externa que, sabía, tiña contactos con xornalistas. En febreiro, viaxou a Londres para participar nunha manifestación contra guerra de Iraq. Gun, non ouviu máis do correo electrónico, e esqueceuse de todo até o domingo 2 de marzo, cando o viu reproducido na primeira páxina do diario de The Observer.

Coa noticia, comezou unha investigación interna no GCHQ e, unha semana máis tarde, Gun confesou ao seu xefe que ela fora a autora da filtración,[13] polo que foi arrrestada.

Nunha entrevista posterior na BBC con Jeremy Paxman, afimou que non presentara o asunto cos conselleiros do persoal, xa que "sinceramente non pensaba que iso tivese ningún efecto práctico".[14] Gun pasou unha noite baixo custodia policial e oito meses despois foi acusada de violar a Lei de segredos oficiais. Mentres esperaba saber se sería acusada, Gun embarcouse máis tarde nun posgrao en ética global na Universidade de Birmingham.

O xuízo

O 13 de novembro de 2003, Gun foi acusada de viola-la sección 1 da Lei de segredos oficiais de 1989[10] polo que podería ser condenada a unha pena de dous de prisión.[6] O seu caso converteuse nunha causa célebre entre activistas, e moitas persoas famosas deron un paso adiante para instar o goberno para arquiva-lo caso.[15] Entre elas estaban o reverendo Jesse Jackson, Martin Sheen, Daniel Ellsberg (o oficial de goberno dos Estados Unidos que filtrara os Papeis de Pentágono), e o actor Sean Penn, quen a describiu como "unha heroe do espírito humano". Gun planeou declararse "non culpábel", dicindo na súa defensa que actuou para evitar numerosas perdas de vidas humanas nunha guerra que consideraba ilegal. O caso chegou ao xulgado o 25 de febreiro de 2004. En media hora, o caso foi arquivado porque a fiscalía rexeitou ofrecer probas.

Daquela, as razóns para que o fiscal xeral abandonase o caso eran turbias. O día anterior ao xuízo, o equipo de defensa de Gun pedira ao goberno poder ver calquera rexistro de asesoramento xurídico sobre a legalidade da guerra que recibira o goberno durante a preparatoria. Un xuízo completo podería ter expostos eses documentos a un escrutinio público porque a estratexia da defensa era argumentar que intentar deter unha guerra de agresión ilegal compensaba as obrigas de Gun segundo a Lei de segredos oficiais. Os medios de comunicación especularon que o ministerio fiscal rexeitou mante-la acusación ante a presión política para que abandonase o caso de tal xeito que tales documentos permanecesen secretos.[16]

Porén, un voceiro do goberno dixo que a decisión de abandonar o caso tomárase antes de que se presentasen as demandas da defensa. O xornal The Guardian informara, na semana anterior, sobre os dos plans de abandona-lo caso. O día da vista xudicial, Gun dixo: "Estou totalmente desconcertada sobre como, no século XXI, os seres humanos seguimos a botar bombas uns sobre outros como medio para resolver problemas". En maio de 2019, The Guardian declarou que o caso fora retirado "cando a fiscalía se decatara de que xurdirían probas ... de que incluso os avogados do goberno británico crían que a invasión era ilegal".[17]

En setembro de 2019, Ken Macdonald, o exdirector das acusacións públicas, dixo que non se retirou o caso contra Gun para evitar que se revelasen os informes do fiscal xeral sobre a legalidade da guerra de Iraq. Afirmou que Gun non tería recibido un xuízo xusto sen a divulgación de información que comprometería a seguridade nacional. Gavin Hood, o director de Official Secrets, expresou o seu escepticismo sobre a declaración de Macdonald e pediu a desclasificación dos documentos oficiais aos que se refire Macdonald.[18] Daniel Ellsberg eloxiou a rapidez e importancia de que Gun tomase medidas afirmando que a súa filtración, dalgún xeito, era máis significativa que a súa propia denuncia da guerra de Vietnam.[19][20]

Vida persoal

O seu marido (Suat Gün) é un turco de orixe kurda.[5][21] Tralo xuízo, foi detido cabixo sospeita de viola-lo visado e corría o risco de ser expulsado do Reino Unido.[22] Porén, tres días despois conseguiu evita-la deportación por mor das xestións realizadas polo parlamentario Nigel Jones.[21]

Despois de ser absolta en 2004, resultoulle difícil atopar un novo traballo. A partir de 2019 vive varios anos en Turquía co seu marido e a súa filla.[23] Dende 2020, Gun vive entre Turquía e Gran Bretaña.[24]

Vida posterior

En 2003, Katharien gun, recibiu o Premio Sam Adams e o seu caso foi apoiado, en Gran Bretaña, polo grupo de presión a prol dos dereitos humanos Liberty e, nos Estados Unidos, polo Institute for Public Accuracy. Trala caída do caso, Liberty comentou: "Pregúntase se a divulgación neste xuízo criminal puido ser un pouco demasiado vergoñenta.[16]

Dous anos despois do seu xuízo, Katharine Gun escribiu un artigo titulado "Irán: É hora de filtrarse", no que se pedía aos denunciantes que informasen publicamente sobre os plans dunha potencial guerra contra Irán. Instou a "os que estean en condicións de facelo: de divulgar información relacionada con esta agresión prevista, asesoramento xurídico, reunións entre a Casa Branca e outras axencias de intelixencia, avaliacións do nivel de ameaza de Irán (ou mellor aínda, evidencia de que as avaliacións foron alteradas), despregamentos de tropas e notificacións do exército. Non permitas que esta vez "a intelixencia e os feitos sexan maniipulados pola política".

Película

En xaneiro de 2019, o filme Official Secrets, que representaba as peripecias de Gun en 2003, foi estreada como primicia no Festival de Cinema de Sundance, con Keira Knightley no papel de Gun.[25] En xullo de 2019, nunha longa entrevista no programa estadounidense Democracy Now!, Gun, Gavin Hood (o director da película), Martin Bright e Ed Vulliamy (os xornalistas que publicaron a historia do correo filtrado) deberon sobre os acontecementos que se describen na película.[26][27] Xunto co xornalista británico Peter Beaumont, ao longo to tempo en que se realizou o proxecto da película, Gun participou como asesora sobre os feitos narrados e afirmaronque están "moi contentos co resultado".[24]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Crypto AG
  • Consello de Seguranza da Nacións Unidas e a
  • Guerra de Iraq
  • Graymail
  • Entusiasta Kane, 1970s GCHQ whistleblower
  • Clive Ponting, 1984 MoD whistleblower, resultando no ser de Acto de Segredos Oficial apertou
  • Sarah Tisdall, FCO whistleblower
  • Lista de whistleblowers (mundialmente, todos os sectores)
  • Verdade falante a poder

Ligazóns externas