Kanada-malja

A Kanada-malja (en galego Copa Canadá), coñecido popularmente como "poika" (en galego fillo)[1] é un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado cada ano en Finlandia ao campión dos play-offs da SM-liiga. O trofeo recibe o seu nome por ter sido doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950.[2]

Modelo:Competición deportivaKanada-malja
Imaxe
Tipopremio deportivo Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1950 – Editar o valor em Wikidata

Historia

O trofeo entregouse por primeira vez en 1951 ao Ilves de Tampere, e estaba formado por unha copa na súa parte superior sobre unha base de madeira. Ao final da tempada 1976-77 engadiuse a primeira capa de madeira adicional, mentres que a segunda foi engadida na tempada 2003-04.[2] Cada ano engádese unha placa de prata co nome do equipo gañador ao trofeo.[1]

En 1992 fíxose unha copia en prata da Kanada-malja e a orixinal foi entregada para exhibirse no Museo finlandés do hóckey sobre xeo, onde está exposta xunto con outros trofeos. Despois do último partido, o equipo campión dos play-offs é presentado co trofeo orixinal, mais pouco despois a copa volta ao museo e é substituída pola copia. O trofeo orixinal está feito de alpaca e a copia está feita completamente de prata.[3][4]

Na tempada 2019-20 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs, polo que a Kanada-malja non foi entregada a ningún equipo ese ano. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación.[5][6]O gañador da liga regular recibe o Harry Lindbladin muistopalkinto (en galego Trofeo Memorial Harry Lindblad), que non está considerado tan prestixioso como a Kanada-malja.

Palmarés

Artigo principal: Lista de campións de Finlandia de hóckey sobre xeo.
Ano Campión Prata BronceCampión da liga regular
Campión da SM-sarja
1951IlvesTarmoTBK
1952IlvesHPKTarmo
1953TBKTarmoTPS
1954TBKK-KissatHPK
1955TBKTPSHIFK
1956TPSTarmoTappara
1957IlvesTPSTappara
1958IlvesTapparaTarmo
1959TapparaTK-VHIFK
1960IlvesTapparaTK-V
1961TapparaLukkoTK-V
1962IlvesTK-VTappara
1963LukkoTapparaIlves
1964TapparaTK-VIlves
1965KarhutIlvesLukko
1966IlvesLukkoSaiPa
1967RU-38TPSIlves
1968KOOVEEIlvesTuTo
1969HIFKIlvesLukko
1970HIFKIlvesTuTo
1971ÄssätJokeritHIFK
1972IlvesHJKHIFK
1973JokeritHIFKTappara
1974HIFKTapparaIlves
1975TapparaHIFKIlves
Campión da SM-liiga
1976TPSTapparaÄssätTPS
1977TapparaTPSKOOVEETappara
1978ÄssätTapparaTPSTappara
1979TapparaÄssätTPSÄssät
1980HIFKÄssätKärpätTPS
1981KärpätTapparaTPSTappara
1982TapparaTPSHIFKTPS
1983HIFKJokeritIlvesJokerit
1984TapparaÄssätKärpätTappara
1985IlvesTPSKärpätTPS
1986TapparaHIFKKärpätTappara
1987TapparaKärpätHIFKKärpät
1988TapparaLukkoHIFKIlves
1989TPSJyP HTIlvesTPS
1990TPSIlvesTapparaTPS
1991TPSKalPaHPKTPS
1992JokeritJyP HTHIFKJyP HT
1993TPSHPKJyP HTTPS
1994JokeritTPSLukkoTPS
1995TPSJokeritÄssätJokerit
1996JokeritTPSLukkoJokerit
1997JokeritTPSHPKJokerit
1998HIFKIlvesJokeritTPS
1999TPSHIFKHPKTPS
2000TPSJokeritHPKTPS
2001TPSTapparaIlvesJokerit
2002JokeritTapparaHPKTappara
2003TapparaKärpätHPKHPK
2004KärpätTPSHIFKTPS
2005KärpätJokeritHPKKärpät
2006HPKÄssätKärpätKärpät
2007KärpätJokeritHPKKärpät
2008KärpätBluesTapparaKärpät
2009JYPKärpätKalPaJYP
2010TPSHPKJYPJYP
2011HIFKBluesLukkoJYP
2012JYPPelicansJokeritKalPa
2013ÄssätTapparaJYPJokerit
Campión da Liiga
2014KärpätTapparaLukkoKärpät
2015KärpätTapparaJYPKärpät
2016TapparaHIFKKärpätHIFK
2017TapparaKalPaJYPTappara
2018KärpätTapparaHIFKKärpät
2019HPKKärpätTapparaKärpät
2020
Non entregado
2021LukkoTPSHIFKLukko
2022TapparaTPSIlvesTappara
2023TapparaPelicansIlvesTappara
2024TapparaPelicansKärpätTappara
2025

Casificación de equipos

Equipo Campión Prata BronceÚltimo campionato
Tappara171372024
Ilves169121985
TPS111242010
Kärpät8462018
HIFK75112011
Jokerit6622002
Ässät3422013
TBK1051955
HPK2392019
Lukko2362021
JYP2252012
KOOVEE1331968
Karhut1001965
RU-381001967
Tarmo032
HJK010

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Trofeos da SM-liiga