Julian Alaphilippe

Julian Alaphilippe, nado en Saint-Amand-Montrond o 11 de xuño de 1992, é un ciclista francés.

Infotaula de personaJulian Alaphilippe

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Saint-Amand-Montrond, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso62 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista , ciclista de ciclocrós Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
DeporteCiclocross
ciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaCiclocross
ciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPuncheur (en) Traducir, Clásicas das Ardenas e carreira por etapas Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoCompetición
2011-2012 Armée de Terre
2013-2013 Klein Constantia
2014- Etixx-Quick Step Editar o valor em Wikidata
Participou en
1 de xullo de 2023Tour de France de 2023 (pt) Traducir (33º)../... 25+ Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaMarion Rousse (2020–) Editar o valor em Wikidata
IrmánsBryan Alaphilippe Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjulianalaphilippe.fr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm11095981 Twitter: alafpolak Instagram: alafpolak Musicbrainz: 187bbc65-1032-4031-a9d3-7be983355059 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Dende os seis anos viviu en Désertines, no departamento de Allier[1] e logo de realizar os estudos primarios continuou na formación profesional, logrando o certificado de aptitude profesional en mecánica [2].

Comezou no ciclismo con 7 ou 8 anos no equipo de Montmarault-Montluçon[3], adestrado dende cadete polo seu primo Franck Alaphilippe[4]. O seu irmán Bryan tamén se converterá nun ciclista profesional[2].

Nesta primeira etapa salientou no ciclocrós, foi medalla de prata no campionato do mundo júnior de 2010 tras o local Tomáš Paprstka[5]. Entrou a formar parte do equipo Armée de terre, logrando os seus primeiros resultados en ruta en 2011 ao quedar primeiro na carreira de La Gainsbarre, e dous anos máis tarde quedou entre os cinco primeiros nunha tirada do Tour da Bretaña[6]. Foi campión de Francia de ciclocrós en 2012 e 2013[5].

Primeiros anos como profesional

Alaphilippe no podio logo de gañar a cuarta tirada do Tour de l'Ain

En 2013 converteuse en corredor profesional no equipo continental Etixx-iHNed, e reserva do equipo World Tour Omega Pharma-Quick Step[7]. Non obstante, decidiu consagrarse por enteiro ao ciclismo en ruta[5], gañou a cuarta tirada do Tour da Bretaña, o Gran Premio Südkärnten e a terceira tirada da Volta a Turinxia[8]. Para alén destes tres éxitos para o seu equipo, gañou unha tirada do Tour de l'Avenir[9]. Seleccionado para o campionato de ciclismo en ruta sub 23 de 2013 en Florencia quedou noveno tras liderado en solitario durante algún tempo a carreira.

Na tempada 2014 xuntouse ao Omega Pharma-Quick Step e co novo equipo foi terceiro na primeira tirada da Volta a Cataluña[10] e segundo na quinta [11], logrando así os seus primeiros puntos para o World Tour, o máis alto nivel do ciclismo profesional[12]. Rematou cuarto no Tour de l'Ain gañando a cuarta tirada e liderando a clasificación ao mellor novo e mais ao mellor velocista[13].

2015. Ano revelación

Alaphilippe no podio da Liexa-Bastogne-Liexa de 2015 con Valverde e Joaquim Rodríguez

Comezou a se facer coñecido ao público nas Clásicas das Ardenas ao quedar en sétimo lugar na Amstel Gold Race o 19 de abril que gañou o seu compañeiro de equipo Michał Kwiatkowski nesta sesión de clásicos[5]. Tres días despois na súa primeira participación na La Flèche Wallonne quedou mellor colocado que o seu compañeiro Kwiatkowski na ascensión final do Mur de Huy e seguindo as indicacións do seu director deportivo Tom Steels disputou a vitoria [14], rematando en segundo lugar tras Alejandro Valverde[15]. O 26 de abril, para a súa primeira Liexa-Bastogne-Liexa formou parte do grupo de corredores que disputou a vitoria e de novo logrou a segunda posición tras Valverde, converténdose na mellor actuación dun francés tras Laurent Jalabert na edición de 1998[16]. Pouco despois participou no Tour de Romandía, logrando dous podios nas súas tiradas. O 4 de maio de 2015 o equipo Etixx-Quick Step anunciou a prolongación do seu contrato ata 2017[17]. No Tour de California foi terceiro na contra o reloxo[18], e gañou a tirada raíña con remate no monte Baldy, superando a grandes escaladores como Sergio Henao ou Robert Gesink poñéndose á cabeza da clasificación xeral [19] para rematar ao finalizar o Tour de California segundo a tres segundos de Peter Sagan[20].

Seleccionado para a ruta elite do campionato do mundo de Richmond, foi un dos xefes de fila franceses con Tony Gallopin, Arnaud Démare e Nacer Bouhanni[21] mais, abandonou a carreira afectado por mononucleose[22] poñendo fin á tempada[23].

2016. Confirmación

Alaphilippe nunha tirada do Tour de Francia de 2016

Alaphilippe volveu adestrar co seu equipo en xaneiro e en febreiro participou no Tour da Provenza[23], sen chegar a rematalo. Malia a súa preparación truncada pola enfermidade, chegou en forma para as Clásicas das Ardenas, terminando sexto na Amstel Gold Race e segundo na Flèche wallonne tras Alejandro Valverde. Volveu gañar a tirada raíña do Tour de California e mesmo finalmente encabezou a competición norteamericana, converténdose no primeiro francés en gañala[24].

Quedou en quinta posición no prólogo do Critérium du Dauphiné que se disputa en montaña[25] e segundo a segunda tirada, quedando ao rematar a competición sexto na clasificación xeral a 51 segundos do vencedor Christopher Froome, liderando a clasificación dos novos e demostrando as súas boas aptitudes en alta montaña[26]. Decontado participou no campionato de Francia en ruta en Vesoul, partindo como favorito[27] e malia participar en varios ataques non logrou estar na escapada decisiva constituída por Arthur Vichot, Tony Gallopin e Alexis Vuillermoz, quedando Alaphilippe en quinto lugar[28].

Na súa primeira participación no Tour de Francia levou dende a segunda ata a sétima tirada o maillot branco, que indica o mellor novo[29]. Canda Romain Bardet e Warren Barguil formou a selección francesa de carreira en ruta nos Xogos Olímpicos de 2016[30] e tamén participou no contra o reloxo[31]. Quedou cuarto na proba en ruta e trixésimo segundo na contra o reloxo [32]. No Campionato Europeo de Ciclismo en Ruta foi xefe de filas do equipo francés na carreira en estrada[33] clasificándose en segundo lugar tras Peter Sagan.

2017. Primeiras vitorias no circuíto do World Tour

Alaphilippe co maillot verde de vencedor da clasificación por puntos na París-Niza de 2017

Alaphilippe comezou a súa preparación para as carreiras de primavera no Tour de Abu Dhabi e na París-Niza. Logo destas dúas carreiras do World Tour quedou en quinta posición, liderando a clasificación ao mellor novo. Na París-Niza logrou o maillot verde da clasificación por puntos e gañou a cuarta tirada, unha escalada contra o reloxo. A súa primeira vitoria profesional na disciplina e asemade a súa primeira vitoria no circuíto do World Tour. Na Milán-Sanremo terminou terceiro tras Kwiatkowski e Sagan. Na Volta ao País Vasco mancouse nun xeonllo e non puido participar nas Clásicas das Ardenas, o seu primeiro grande obxectivo da tempada[34]. nin no Tour de Francia[35]. Volveu á competición no GP Pino Cerami en xullo e logo participou na Volta a Burgos para preparar a Volta a España. Canda Fernando Gaviria e Maximiliano Richeze prolongou en agosto o seu contrato co equipo Quick-Step Floorst[36].

Na Volta a España fíxose coa vitoria na oitava tirada nunha contenda con Rafal Majka e formou parte da selección francesa na carreira en estrada do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta que se celebrou en Bergen[37]. Foi xefe de fila e rematou na décima posición. No Giro da Lombardía acabou segundo tras Vincenzo Nibali.

2018. Vitorias nas clásicas e no Tour de Francia

Alaphilippe como gañador da carreira masculina da Fléche Wallonne compartindo o podio coa gañadora da carreira feminina Anna van der Breggen

Principiou a tempada 2018 en América do Sur competindo na primeira edición da Colombia Oro y Paz, gañou a cuarta tirada e quedou sétimo na clasificación xeral, a 50 segundos do vencedor Egan Bernal. E unhas semanas despois logrou a terceira posición na tirada raíña do Tour de Abu Dhabi para rematar tamén cuarto na proba. En Europa debutou en marzo na París-Niza como o líder do seu equipo [38] pero ao acabar a carreira quedou no posto dezaoito.Quedou fóra da batalla entre favoritos na Milán-Sanremo pero preparou as Clásicas das Ardenas na Volta ao País Vasco conseguindo a vitoria nas dúas primeiras tiradas e vestiu o maillot amarelo de líder ao longo de tres días.

Tras un sétimo lugar na Amstel Gold Race, o 18 de abril gañou a súa primeira gran clásica, a Flèche Wallonne[39], superando a Alejandro Valverde. Foi cuarto na Liexa-Bastogne-Liexa que gañou o seu compañeiro de equipo Bob Jungels. En xuño participou no Critérium du Dauphiné e gañou a cuarta tirada por diante de Daniel Martin, Geraint Thomas e Romain Bardet finalizando no posto vixésimo primeiro na xeral [40].

Participou no Tour de Francia co obxectivo de lograr gañar unha das tiradas e de axudar a Bob Jungels na clasificación xeral; o seu primeiro obxectivo logrouno o 17 de xullo ao gañar a décima tirada nos Alpes, e asemade fíxose co maillot do gran premio da montaña. Venceu unha segunda tirada, a décimo sexta, desta volta nos Pireneos. Unha semana despois do remate do Tour, adxudicouse a súa segunda clásica da tempada, nun sprint a dous venceu a Bauke Mollema na Clásica de San Sebastián[41]. Gañou logo a Volta a Gran Bretaña e mais a Volta a Eslovaquia, e quedou oitavo no Campionato do Mundo de ruta.

2019. Vitoria na Milán-Sanremo e quinto do Tour de Francia

Alaphilippe durante a décimo primeira tirada do Tour de Francia

Ao comezo da tempada gañou dúas tiradas da Volta a San Juan e terminou segundo na clasificación xeral tras Winner Anacona. Logo segue a competir no Tour Colombia, gañando cuarta tirada e quedando sétimo na xeral. O 9 de marzo gañou a trixésima edición da Strade Bianche ao superar nos hectómetros finais os seus dous compañeiros de escapada, o belga Wout Van Aert e o danés Jakob Fuglsang, converténdose así no primeiro francés en gañar esta clásica italiana e logrando para o seu equipo a súa quinta vitoria da tempada. A semana seguinte, adxudicouse ao sprint a segunda e terceira tirada da Tirreno-Adriático e concluíu finalmente na sexta praza.

Parte o 23 de marzo como un dos grandes favoritos da Milán-Sanremo e no Poggio realizou un ataque que permitiu que se adintara un fato de corredores, arredor dunha ducia, adiantarse na cabeza da carreira e malia os ataques de Oliver Naesen, Matteo Trentin e Matej Mohoric nos tres últimos quilómetros, a vitoria xogouse ao sprint. Julian Alaphilippe logrou seguir o arrinque de Matej Mohoric, superouno e resistiu fronte a outros corredores ata a liña de meta polo que logrou así o seu primeiro Monumento[42], poñéndose tamén na cabeza da clasificación mundial da UCI[43] por diante do español Alejandro Valverde e do esloveno Primož Roglič[44].

Na Volta ao País Vasco de abril, logrou a cuarta praza na contra o reloxo inicial e gañou a segunda tirada mais unha caída na terceira así como as malas condicións climáticas fixeron que se retirase[45]. O 24 de abril gañou por segundo ano consecutivo a Flèche Wallonne por diante de Jakob Fuglsang e Diego Ulissi. Na Liexa Bastogne Liexa non logrou máis que praza dezaseis e tras un descanso volveu á competición no Critérium du Dauphiné, logrando facerse coa sexta tirada, a súa décima vitoria da tempada, e asemade pomou posesión do maillot ao mellor escalador que conservou ata o remate da proba.

No Tour de Francia, acadou por mor dunha escapada en solitario a terceira tirada en Épernay e mais apañou o maillot amarelo tirándollo a Mike Teunissen[46]. Tres días despois, na sexta tirada perdeu o maillot amarelo fronte a Giulio Ciccone para recuperalo na oitava grazas a unha persecución con Thibaut Pinot do vencedor da xornada Thomas De Gendt[47]. Obtivo unha nova vitoria na tirada trece, o contra o reloxo de Pau, o 19 de xullo[48]. Non obstante, na décimo novena tirada perdeu o maillot amarelo en beneficio de Egan Bernal, e aínda que tentou conservar a súa segunda praza na tirada seguinte, a ascensión ao Val Thorens mais non fon quen, e case non puido seguir ao seu compañeiro Enric Mas na ascensión, o que supuxo que na clasificación xeral superárano Geraint Thomas, Steven Kruijswijk e Emanuel Buchmann, rematando o Toru na quinta posición, a catro minutos e cinco segundos do vencedor, Egan Bernal. Non obstante, logrou por unanimidade do xurado o premio á combatividade[49].

Notas