Juanjo Serrano

futbolista español

Juan José Serrano Macías, coñecido como Juanjo, nado o 3 de outubro de 1981 en Calamonte (Badaxoz, Estremadura), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Mirandés da Segunda División B española.

Juanjo
Información persoal
NomeJuan José Serrano Macías
Nacemento3 de outubro de 1981 (42 anos)
Lugar de nacementoCalamonte
Altura1,84 m
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualMirandés
Carreira xuvenil
Mérida
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2000–2001Mérida36(26)
2001–2003Atlético Madrid B40(3)
2003–2004Alcorcón30(5)
2004–2005Díter Zafra34(6)
2005–2006Jaén31(4)
2006–2007Lanzarote36(14)
2007–2008Mazarrón33(3)
2008–2009Conquense29(2)
2009–2010Villanovense36(21)
2010–2011Guadalajara37(20)
2011–2013Granada0(0)
2011–2012Cádiz (loan)29(9)
2012–2013Logronés (loan)13(0)
2013Guadalajara16(4)
2013–2014Lugo16(0)
2014-Mirandés
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 30 de xuño de 2014editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Juanjo naceu en Calamonte, Badaxoz, en 1981. Despois do seu debut como sénior no segundo equipo do Mérida, pasou unha década enteira en distintos clubs da Segunda División B: primeiro no Atlético de Madrid B, para continuar no AD Alcorcón, CD Díter Zafra, Real Jaén, UD Lanzarote, Mazarrón CF, UB Conquense, CF Villanovense e CD Guadalajara. No ano 2011, tras dúas tempadas consecutivas anotando máis de 20 goles, asinaría co club da Primeira División Granada CF, aínda que nunca chegou a debutar en partido oficial, xa que foi cedido ao Cádiz CF e ao SD Logroñés. O 20 de xaneiro de 2013 rescinde o seu contrato co club e regresa ao Guadalajara,[1] cun contrato de medio ano.

Así, con 31 anos, faría o seu debut na Segunda División o 26 de xaneiro dese mesmo ano, sendo titular na derrota por 0–2 ante o Girona FC. O seu primeiro tanto no fútbol profesional chegaría co solitario gol dos alcarreños ante a UD Las Palmas o 30 de marzo, volvendo a anotar outro na seguinte xornada contribuíndo á vitoria local ante o Córdoba CF. Tras marcar outros dous tantos co Guadalajara, o descenso administrativo do club fai que Juanjo teña que buscar un novo equipo, asinando finalmente polo Club Deportivo Lugo.[2] Tras un ano no Lugo no que non goza de moitos minutos de xogo, asina polo CD Mirandés, equipo recentemente descendido á Segunda División B.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
Mérida UDTerceira2000-20013630
Atlético BSegunda B2001-200291
Atlético BSegunda B2002-2003312
AD AlcorcónSegunda B2003-2004305
Díter ZafraSegunda B2004-2005346
Real JaénSegunda B2005-2006314
UD LanzaroteSegunda B2006-20073614
MazarrónSegunda B2007-2008314
UB ConquenseSegunda B2008-2009292
CF VillanovenseSegunda B2009-20103622
CD GuadalajaraSegunda B2010-20113720
Cádiz CFSegunda B2011-2012299
UD LogroñésSegunda B2012-2013130
CD GuadalajaraSegunda2013164
LugoSegunda2013-2014160
MirandésSegunda B2014-2015

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas