Juan González Rodríguez
Juan González Rodríguez, nado na Coruña o 27 de novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1960, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1873 A Coruña, España |
Morte | 26 de xaneiro de 1960 (86 anos) A Coruña, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Alcalde da Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
Foi presidente do Casino Republicano da Coruña. Foi alcalde da Coruña en tres períodos diferentes. O seu primeiro mandato foi entre 1919 e 1920 e o segundo un ano máis tarde. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Coa chegada da República volveu ser elixido alcalde da Coruña logo da dimisión de Ángel Senra Fernández o 26 de agosto de 1931, permanecendo co cargo ata o 21 de xullo de 1932, cando foi nomeado gobernador civil de Ourense. Continuou no cargo ata o 3 de outubro de 1933 en que pasou ao Goberno civil de Lugo. Afiliado a Izquierda Republicana, volveu ser concelleiro da Coruña no período da Fronte Popular.
Predecesor: Gerardo Abad Conde | Alcalde da Coruña 1919 – 1920 | Sucesor: Antonio Lens Viera |
Predecesor: Antonio Lens Viera | Alcalde da Coruña 1921 – 1922 | Sucesor: Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas |
Predecesor: Ángel Senra Fernández | Alcalde da Coruña 1931 - 1932 | Sucesor: Manuel Iglesias Corral |
Vida persoal
Casou con Emilia Catoira Touriñán e foi pai de Luciano, Jenaro, José Luis, Alfonso e Javier González Catoira.
Véxase tamén
Bibliografía
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas
- Wiki de Estudos LocaisArquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Caricatura de Luís BagaríaArquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.