José Tapia

futbolista cubano

José Manuel Tapia Hernández, nado en Vigo o 19 de febreiro de 1905, foi un adestrador de fútbol galego, que dirixiu á selección cubana no Mundial de 1938.

José Tapia
Información persoal
NomeJosé Manuel Tapia Hernández
Nacemento19 de febreiro de 1905
Lugar de nacementoVigo
Falecementovalor descoñecido
Adestrador
AnosEquipos
1930–1938Cuba
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Vigués de nacemento,[1] dirixiu á selección de Cuba no Mundial de 1938 en Francia, sendo a primeira vez que un equipo caribeño disputaba a Copa do Mundo.[2] O equipo cubano, capitaneado por outro galego, Manuel Chorens, enfrontouse a Romanía nos oitavos de final, empatando 2-2 e xogando logo un partido de desempate no que os cubanos conseguiron eliminar ao equipo europeo (2-1). En cuartos de final caeron fronte a Suecia por unha goleada de 8-0.[3]

Notas