José Larrea Pérez

doutor e piloto de automobilismo galego
(Redirección desde «José Larrea»)

José Larrea Pérez, nado c. 1920 e finado o 3 de maio de 1973 en Villalpando (Zamora), foi un doutor e piloto de automobilismo galego.

Infotaula de personaJosé Larrea Pérez
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Villalpando, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Traballou como doutor e director no Sanatorio Riazor, que el mesmo fundou en 1946 na Coruña.[1][2]

Foi un dos principais impulsores do automobilismo na Coruña, participando na organización das primeiras carreiras deste tipo celebradas na cidade, inmediatamente despois de fundar en 1966 a Escudería Centollo.[3][4] Competiu tamén como piloto e foi director do Gran Premio da Coruña e das primeiras edicións do Rally da Coruña.[5] En 1972 abandonou a presidencia da escudaría para deixar paso a xente máis nova.[6]

Faleceu nun accidente de tráfico en Villalpando, na provincia de Zamora, o 3 de maio de 1973 aos 53 anos de idade, xunto a unha sobriña de 16 anos.[7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos