José Juan Barea

baloncestista portorriqueño

José Juan "J.J." Barea Mora, nado o 26 de xuño de 1984 en Mayagüez, é un xogador profesional de baloncesto portorriqueño que xoga nos Cangrejeros de Santurce portorriqueños. Mide 1,80 metros e xoga na posición de base.

José Juan Barea
Cangrejeros de Santurce  – No. 55
Información persoal
Nacemento26 de xuño de 1984 (40 anos)
Mayagüez
Nacionalidade Porto Rico
Altura1,78 m (5 ft 10 in)
Peso oficial82 kg (180 lb)
PosiciónBase
Información da carreira
InstitutoMiami Christian School
(Miami, Florida)
UniversidadeNortheastern (2002–2006)
Pre-draft clubCangrejeros de Santurce (Porto Rico)
NBA Draft2006 / Elección: Sen draftear
Carreiradende 2001
Historial de equipos
Indios de Mayagüez (2001–2003)
Cangrejeros de Santurce (2006)
Dallas Mavericks (2006–2011)
→Fort Worth Flyers (2007)
Minnesota Timberwolves (2011–2014)
Dallas Mavericks (2014–2020)
Estudiantes (2021)
Cangrejeros de Santurce (2021–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2011)

Traxectoria deportiva

Universidade

Xogou durante catro tempadas na Universidade Northeastern de Boston, onde foi elixido All-American en dúas ocasións.[1] En total tivo unha media de 20,3 puntos e 6,5 asistencias por partido.[2] Na súa última tempada fixo 21 puntos e 8,3 asistencias por partido, sendo o décimo oitavo mellor anotador da NCAA e o oitavo mellor pasador. Foi elixido Xogador do Ano da súa conferencia.

Profesional

Porto Rico

Iniciou a súa carreira profesional en Porto Rico en 2001, con tan só 17 anos, na liga "Baloncesto Superior Nacional" cos Indios de Mayagüez. Tras pasar pola universidade, regresou en 2006 para xogar nove partidos cos Cangrejeros de Santurce, cos que fixo 10,4 puntos, 2,7 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[3]

NBA

Decidiu ser elixible para o Draft da NBA de 2006, mais non foi seleccionado. Participou en varias ligas de verán ata que en outubro asinou contrato con Dallas Mavericks. Alí disputou 33 partidos antes de ser enviado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League, cos que conseguiu anotar 40 puntos ou máis en dous partidos diferentes. Na tempada 2007-08 foi convocado de novo ante Sacramento Kings, onde conseguiu 25 puntos e 5 asistencias.[4]

Na tempada 2010-11 gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Mavericks, tendo un papel moi importante nas Finais da NBA, onde gañaron aos Miami Heat por 4-2.

O 12 de decembro de 2011, Barea chegou a un acordo por 4 anos cos Minnesota Timberwolves.[5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas