John Henson
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de decembro de 1990 (33 anos) Greensboro, Carolina do Norte |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 99 kg (219 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Sickles (Tampa, Florida) |
Universidade | North Carolina (2009–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 14 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2012–2018) Cleveland Cavaliers (2018–2020) Detroit Pistons (2020) |
John Allen Henson, nado o 28 de decembro de 1990 en Greensboro, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Durante tres anos, Henson foi ó Round Rock High School en Round Rock, Texas. No seu derradeiro ano trasladouse ó Sickles High School en Tampa, Florida. Nesa tempada 2008-09, fixo 17.6 puntos, 12.2 rebotes e 6.1 tapóns por partido. Henson liderou ó equipo a unha marca de 24-5, e a unha marca de 10-0 na liga,[1] pero o equipo perdeu contra o Lakeland Senior HS por 48-43 nas semifinais rexionais do campionato FHSAA da Clase 6A de Florida.[2] Henson foi elixido no primeiro equipo do estado, e Xogador do Ano pola Asociación de Adestradores de Tampa Bay.
Henson comezou a súa primeira tempada universitaria xogando de aleiro para os Tar Heels, pero coa lesión de Ed Davis, Henson pasou a xogar de ala-pivote a mediados de febreiro de 2010. Tras ese cambio, mellorou o xogo de Henson, e fixo 9.4 puntos por partido nos 16 derradeiros encontros da tempada. Porén, os Tar Heels non se clasificaron para o Torneo da NCAA, perdendo contra Dayton nas finais do National Invitation Tournament.[3]
En 2011 e 2012, conseguiu o premio ó Xogador Defensivo do Ano.
O 28 de xuño de 2012, Henson foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Milwaukee Bucks.[4] O 10 de xullo de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Bucks.[5]
O 7 de decembro de 2018, Henson foi traspasado xunto a Matthew Dellavedova ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos.[6]
O 6 de febreiro de 2020, Henson foi traspasado xunto a Brandon Knight e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Detroit Pistons, a cambio de Andre Drummond.[7]
Draft da NBA 2012 | |
---|---|
Primeira Rolda |
|
Segunda Rolda |
|