John Boorman

John Boorman, nado en Shepperton (Middlesex) o 18 de xaneiro de 1933 é un cineasta británico residente en Irlanda.

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
John Boorman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Shepperton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSalesian School, Chertsey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , director de televisión , realizador , director de cinema , produtor de cinema , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCharley Boorman (pt) Traducir, Telsche Boorman (pt) Traducir, Katrine Boorman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000958 Allocine: 617 Allmovie: p82431 TV.com: people/john-boorman
BNE: XX1265448 Discogs: 1675676 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Boorman comezou a traballar coma tintureiro e xornalista na década de 1950. Formou parte do equipo de noticias da Southern Television en Southampton e Dover antes de pasar a dirección de documentais para a televisión, chegando a ser xefe da unidade de documentais da BBC en Bristol en 1962.

O produtor David Deutsch ofreceulle a realización do filme Catch Us If You Can (1965) sobre o grupo pop Dave Clark Five. O filme non foi un éxito mais logrou algunhas boas críticas. Boorman pasou logo a Hollywood para dirixir A queimarroupa (1967), contando co apoio de Lee Marvin. Tras este filme volveu contar con Marvin e con Toshiro Mifune para Hell in the Pacific (1968), historia sobre dous soldados náufragos nunha illa.

En 1972 conseguiu un grande éxito con Deliverance, adaptado dunha novela de James Dickey. A principios desa década Boorman planeaba filmar unha adaptación de O Señor dos Aneis e intercambiou correspondencia con J. R. R. Tolkien sobre os seus plans. Finalmente a produción resultaría moi cara, mais pódense apreciar algúns elementos en Excalibur.

Esperanza e gloria (1987) é o seu filme máis autobiográfico, contando a historia da súa infancia durante o bombardeo de Londres.

Cando o seu amigo David Lean morreu en 1991, anunciouse que Boorman tomaría a dirección da adaptación de Nostromo, pero o proxecto caeu.

Filmografía

AnoFilmeAcreditado como
DirectorGuionistaProdutor
1965Catch Us If You Can  Si
1967A queimarroupa  Si
1968Hell in the Pacific  Si
1970Leo the Last  Si  Si
1972Deliverance  Si  Si
1974Zardoz  Si  Si  Si
1977Exorcist II: The Heretic  Si  Si
1981Excalibur  Si  Si  Si
1985A selva esmeralda  Si  Si
1987Esperanza e gloria  Si  Si  Si
1990Where the Heart Is  Si  Si  Si
1995Beyond Rangoon  Si  Si
1998The General  Si  Si  Si
2001The Tailor of Panama  Si  Si  Si
2004In My Country  Si  Si
2006The Tiger's Tail  Si  Si  Si
2014Queen and Country  Si  Si  Si

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas