Johann Weyer
Johann Weyer (tamén coñecido como Johannes Weier e Johann Wier; en español: Juan Wiero; en latín: Ioannes Wierus ou Piscinarius[1]), nado entre o 24 de febreiro de 1515[2] ou 24 de febreiro de 1516 en Grave, cidade do ducado de Brabante nos Países Baixos dos Habsburgo, e finado o 24 de febreiro de 1588, en Tecklenburg, Alemaña, foi un médico, ocultista e demonólogo holandés.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Johannes Weyer ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1515 ![]() Grave, Países Baixos ![]() |
Morte | 24 de febreiro de 1588 ![]() Tecklenburg ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña Países Baixos dos Habsburgo (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina ![]() |
Lugar de traballo | Düsseldorf Tecklenburg ![]() |
Ocupación | médico ![]() |
Lingua | Lingua latina ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Heinrich Weyer (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Foi discípulo e seguidor de Heinrich Cornelio Agrippa, con quen estivo en 1527 en Antuerpen. Cando este foi obrigado a abandona-la cidade, entre 1531-1532,Weyer abandonouna tamén dirixíndose a Bonn.[2] Posteriormente, estudou medicina en París e Orleáns[3].
Foi un dos primeiros en escribir e publicar contra a persecución das bruxas. O seu traballo máis influente foi De Praestigiis Daemonu et Incantationibus C.a. Venificiis (Sobre as ilusións dos demos e de feitizos e velenos) editado en 1563. O seu traballo inclúe Pseudomonarchia daemonum (O falso reino dos demos), un apéndice a De Praestigiis Daemonum, editado en 1577.
Escribiu en francés un libro editado en París en 1579, no que recollía tódalas opinións contrarias á realidade dos actos atribuídos ás bruxas, e mesmo aos demos. Segundo Julio Caro Baroja, Weyer "nega que o mesmo Demo poña o seu poder ao servizo destas [as supostas bruxas] e que, por tanto, se verifiquen realmente os seus propósitos e que teña lugar o pacto de mutuo acordo. O Demo o único que fai é enganalas, apoderándose do seu espírito. Agora ben, compréndese que para isto escolla á xente máis propicia, ou sexa os débiles, melancólicos, ignorantes, maliciosos, etc. E como estes abundan máis entre as mulleres que entre os homes, é natural tamén que entre elas haxa máis captadas"[4].
Edicións das obras
- De praestigiis Daemonum ... Libri V. Basilea: Oporinus, 1563 Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine..
- De praestigiis Daemonum ... Libri V. Basilea: Oporinus, 1566.
- Medicarum observationum rararum Liber I. Basilea: Oporinus, 1567
- De lamiis liber. Basilea: Oporinus, 1577. Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- De praestigiis Daemonum ... Libri 6. Basilea, 1577. Arquivado 03 de xuño de 2016 en Wayback Machine.
- De Praestigiis Daemonum, & incantationibus ac veneficiis Libri sexo, postrema editione sexta aucti & recogniti. Basilea: Oporinus, 1583. Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Opera Omnia. Ámsterdam: Peter Vanden Berge, 1660.