Johan van Heesch

numismático belga

Johan van Heesch, nado en Anveres o 9 de marzo de 1955, é un numismático belga especializado na moeda e na historia monetaria do Imperio Romano. É conservador no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Real de Bélxica e profesor de Numismática na Universidade Católica de Lovaina.[1]

Infotaula de personaJohan van Heesch
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1955
Datos persoais
País de nacionalidadeBelga.
Educación- Universidade de Gante.
- Universidade Católica de Lovaina.
Coñecido porEstudos de numismática do Imperio Romano.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
EmpregadorUniversities in Leuven (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
- 2016: Premio Jeton de Vermeil, da SFN
- 2018: Medalla da Royal Numismatic Society.

Traxectoria

Van Heesch graduouse en Historia na Universidade de Gante, onde acadou o grao de mestrado, cunha tese sobre os semis e os quadrans cuñados desde Domiciano ata Antonino Pío.[2] Posteriormente doutorouse en Arqueoloxía na Universidade Católica de Lovaina.[1]

Ademais da súa traxectoria académica, tamén está moi vinculado á museoloxía, xa que traballou tamén en museos belgas como o Museo Galorromano de Tongeren, os Museos Reais de Arte e Historia, con sede en Bruxelas, e o Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Real de Bélxica.[1]

Ademais, no terreo numismático, Van Heesch foi presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica (2011-2017) e é o director da Revue belge de Numismatique e o editor de In Monte Artium, o xornal da Biblioteca Real de Bélxica.[1]

Aínda que se ocupou tamén de aspectos como as moedas da Idade de Ferro, a moeda medieval ou as medallas do século XIX, o seu principal foco como investigador numismático centrouse na historia monetaria do Imperio Romano. Publicou diversos traballos acerca da clasificación e a cronoloxía da moeda imperial, con base, sobre todo, nos achados monetarios.[1]

Recoñecementos

Escolma de publicacións

Monografías

  • (1998): De muntcirculatie tijdens de Romeinse tijd in het Noordwesten van Gallia Belgica (ca. 50 v.C.-450 n.C.): de civitates van de Nerviërs en de Menapiërs. Koninklijke Musea voor kunst en geschiedenis. Bruxelas.
  • (1999): Greek and Roman Coins from the Du Chastel Collection: Coin Cabinet of the Royal Library of Belgium (con F. de Callataÿ). Spink & Son. Londres. ISBN 978-1902040233
  • (2005): La Belgique en révolution : médailles et insignes de la Révolution belge (1830). Bibliothèque royale de Belgique. Bruxelas. ISBN 9789066371354
  • (2010): Coinage in the Iron Age: essays in honour of Simone Scheers (con Inge Heeren). Spink & Son. Londres. ISBN 978-1902040974
  • (2016): Studies in Roman coinage (con Victor Sapinei). Bucureşti Editura Academiei Române Brăila Muzeul Băilei "Carol I" Brăila Editura Istros. ISBN 9732726784
  • (2016): Monnaies de compte et monnaies réelles Pays-Bas méridionaux et principauté de Liège au Moyen Âge et aux Temps modernes (con J-M. Yante e H. Lowagie). Louvain-la-Neuve Association Professeur Marcel Hoc. ISBN 978-2930449166

Artigos

  • (1993): "The last civic coinages and the religious policy of Maximinus Daza, A.D. 312". En Numismatic Chronicle. 153. Royal Numismatic Society. Páxinas 65-76.
  • (2005): "Les Romains et la monnaie gauloise: laisser-faire, laisser-aller ?". En Metzler, J.; Wigg-Wolf, D. Die Kelten und Rom: Neue numismatische Forschungen. Studien zu Fundmünzen der Antike. 19. Mainz am Rhein. Páxinas 229-245.
  • (2009): "Providing Markets with Small Change in the Early Roman Empire: Italy and Gaul". En Revue belge de Numismatique. 155. Páxinas 125-142.
  • (2011): "Quantifying Roman Imperial Coinage". En F. de Callataÿ (ed.). Quantifying Monetary Supplies in Greco-Roman Times. Pragmateiai, 19. Bari. Páxinas 311-328.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas