Joan Cusack

actriz estadounidense

Joan Mary Cusack, nada en Nova York o 11 de outubro de 1962, é unha actriz estadounidense. Foi candidata aos premios Oscar e aos Globos de Ouro e é coñecida polas súas interpretacións en filmes como Working Girl (1988), Addams Family Values (1993), Nine Months (1995), In & Out (1997), Runaway Bride (1999) e High Fidelity e por poñer voz á cowgirl Jessie nas cintas animadas Toy Story 2 (1999) e Toy Story 3 (2010). É irmá do tamén actor John Cusack.

Infotaula de personaJoan Cusack

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
Evanston Township High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhumorista , actriz de televisión , actriz de dobraxe , guionista , actriz de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiDick Cusack (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn Cusack, Ann Cusack (pt) Traducir, Susie Cusack (pt) Traducir e Bill Cusack (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000349 Allocine: 5198 Rottentomatoes: celebrity/joan_cusack Allmovie: p16328 TCM: 42575 TV.com: people/joan-cusack IBDB: 113326
Twitter: realjoancusack BNE: XX1366416 Musicbrainz: 2b89e878-9821-4b8e-9403-0197d1a63c86 Discogs: 236179 WikiTree: Cusack-974 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Joan Cusack naceu en Nova York e creceu en Evanston. O seu pai, Dick Cusack, e os seus irmáns, Ann, Bill, John e Susie tamén son actores. A súa nai, Nancy de Cusack, é unha profesora de matemáticas xubilada e activista política. Casou con Richard Burke en 1993, con quen tivo dous fillos.

Cusack traballou durante varias temporadas en Saturday Night Live (1985-1986). En 1988 participou na comedia Working Girl (1988), onde compartiu cartel con Harrison Ford, Sigourney Weaver e Melanie Griffith, e pola que recibiu a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria.[1] Entre os seus seguintes proxectos destacan Addams Family Values (1993) e as comedias Nine Months (1995), protagonizada por Hugh Grant e Julianne Moore, e Two Much (1995), dirixida por Fernando Trueba, con Antonio Banderas e Melanie Griffith.

Posteriormente obtivo unha segunda candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria,[2] e outra aos premios Globo de Oro, na mesma categoría,[3] pola comedia In & Out (1997), protagonizada por Kevin Kline e Matt Dillon. Despois presto a súa voz na cinta animada Toy Story 2 (1999) e actuou na comedia romántica Runaway Bride (1999), protagonizada por Julia Roberts e Richard Gere. Participou xunto co seu irmán John na comedia High Fidelity (2000), baseada na novela de Nick Hornby, e protagonizou xunto a Jeff Bridges e Tim Robbins o suspense Arlington Road (1999).

Filmografía

YearTitleRoleNotes
1980Cutting Loose
1980My BodyguardShelley
1983ClassJulia
1984Sixteen CandlesGeek Girl #1
1984Grandview, U.S.A.Mary Maine
1987The AllnighterGina
1987Broadcast NewsBlair Litton
1988Stars and BarsIrene Stein
1988Casada con todosRose
1988Working GirlCyn
1989Say Anything...Constance Dobler
1990Men Don't LeaveJody
1990My Blue HeavenHannah Stubs
1991The Cabinet of Dr. RamirezCathy
1992Accidental HeroEvelyn Laplante
1992ToysAlsatia Zevo
1993Addams Family ValuesDebbie Jellinsky
1994Corrina, CorrinaJonesy
1995Nine MonthsGail Dwyer
1995Two MuchGloria
1996Mr. WrongInga Gunther
1997Grosse Pointe BlankMarcella
1997A Smile Like YoursNancy Tellen
1997In & OutEmily Montgomery
1999Arlington RoadCheryl Lang
1999Cradle Will RockHazel Huffman
1999Runaway BridePeggy Flemming
1999Toy Story 2Jessie (voz)
2000High FidelityLiz
2000Where the Heart IsRuth Meyers
2002It's a Very Merry Muppet Christmas MovieRachel Bitterman
2003School of RockRosalie Mullins
2003Looney Tunes: Back in ActionMother
2004Raising HelenJenny Portman
2004The Last ShotFanny Nash
2005Ice PrincessJoan Carlyle
2005Chicken LittleAbby Mallard (voz)
2006Friends with MoneyFranny
2007Martian ChildLiz
2008War, Inc.Marsha Dillon
2008Kit Kittredge: An American GirlMiss Lucinda Bond
2009Confessions of a ShopaholicJane Bloomwood
2009A decisión de AnnaJudge De Salvo
2009AcceptanceNina
2010Toy Story 3Jessie (voz)
2011Hoodwinked Too! Hood vs. EvilVerushka (voz)
2011Mars Needs MomsMilo's Mom (voz)Captura de movemento
2011Hawaiian VacationJessie (voz)Curtametraxe
2011Small FryJessie (voz)Curtametraxe
2011Arthur ChristmasMission Control Elf (voz)
2012Partysaurus RexJessie (voz)
2012The Perks of Being a WallflowerDr. Burton
2014Welcome to MeDawn Hurley
2015The End of the TourPatty
2015Freaks of NaturePeg Parker
2016Popstar: Never Stop Never StoppingTilly
2017SnatchedBarb
2017Unicorn StoreGladys
2019Toy Story 4Jessie (voz)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas