Jim Clark

piloto de automobilismo

James Clark Jr., Jim ou Jimmy Clark OBE , nado en Kilmany, Escocia, o 4 de marzo de 1936 finou en Hockenheim, Alemaña o 7 de abril de 1968, foi un piloto de automobilismo. Gañou dous campionatos do Mundo de Fórmula 1 en 1963 e 1965.

Infotaula de personaJim Clark

(1965) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1936 Editar o valor em Wikidata
Kilmany, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Hockenheimring, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChirnside Parish Churchyard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónLoretto School (en) Traducir
Clifton Hall School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , labrego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0164089 BNE: XX4614921 WikiTree: Clark-56956 Find a Grave: 4046 Editar o valor em Wikidata

Morreu nun accidente nunha carreira de Fórmula dúas en Hockenheimring (Hockenheim), Alemaña en 1968. No momento da súa morte, gañara máis carreiras de Gran Premio (25) e alcanzado máis pole position (33) que calquera outro piloto. En 2009, The Times colocou a Clark na cima dunha lista dos máis grandes pilotos da Fórmula 1.[1]

Traxectoria

Inicios

Naceu no seo dunha familia labrega de Kilmany, no condado de Fife, Escocia. Único home, e o menor nunha familia de cinco irmáns, estaba predestinado a facerse cargo da granxa familiar, circunstancia que provocou que os seus pais opoñéranse á idea de Clark de adicarse ás carreiras de coches. Comezou a súa carreira nos rally de estradas e subidas locais conducindo o seu propio Sunbeam-Talbot, demostrando ser un competidor temible desde o principio. A súa primeira carreira foi o 16 de xuño de 1956 ao volante dun DKW Sonderklasse en Crimond, Escocia. En 1958, Clark estaba pilotando para o equipo local Border Reivers, conducindo Jaguar D-Type e Porsche nas competicións nacionais, e gañando 18 carreiras.

No Boxing Day de 1958, Clark correu contra o home que o lanzará á fama. Conducindo un Lotus Elite, terminou segundo contra Colin Chapman nunha carreira de GT de 10 voltas en Brands Hatch. En 1959 conducindo un Lotus Elite, terminou décimo en Le Mans asociado con John Whitmore. Chapman quedou o suficientemente impresionado como para dar a Clark, un asento nun dos seus coches de Fórmula Júnior.

Lotus e Clark

Jim Clark en Nürburgring, 1965.

A súa primeira carreira para Lotus foi en 1960 no Gran Premio de Holanda, onde participou no lugar de John Surtees quen seguía competindo en motocicletas nese tempo. A carreira ía sen problemas ata que alcanzou o quinto lugar e tivo que retirarse por problemas coa caixa de cambios. A seguinte carreira foi en Spa, Bélxica. Este circuíto de Spa-Francorchamps era un dos máis perigosos desa época, unha enorme pista de máis de 14 km onde en 1960 perderon a vida dous pilotos, incluíndo o compañeiro de equipo de Clark Alan Stacey. Aínda así Clark logrou terminar en quinto lugar no seu segundo gran premio.

No Gran Premio de Italia Clark estivo involucrado nun accidente polémico e controvertido, o seu Lotus chocou co Ferrari do alemán Wolfgang von Trips. O Ferrari saíu lanzado cara aos espectadores matando a varios deles así como ao piloto alemán.

A carreira profesional de Clark en Fórmula 1 foi na súa totalidade co equipo Lotus, para quen conduciu desde os seus inicios en 1960 ata 1968. Os seus maiores éxitos ocorreron en 1963 co Lotus 25, co cal Clark gañou sete de dez grandes premios, logrando coroarse como Campión Mundial de Pilotos e levando a Lotus a gañar o seu primeiro Campionato Mundial de Construtores. En 1965 Clark e Lotus repetiron campionato.

Nese mesmo ano Clark gañou na famosa carreira das 500 millas de Indianápolis. Para iso debeu ausentarse do prestixioso Gran Premio de Fórmula 1 de Mónaco. Con todo fixo historia ao triunfar por primeira vez nesa carreira cun automóbil co motor colocado detrás do piloto.

Ao seguinte ano, 1966, Lotus, baixo as novas regras de motores de 3.0 litros, non acadou bos resultados. Comezaron a tempada de Fórmula 1 cun motor Coventry Climax de 2.0 litros montado no chasis do Lotus 33. Ao avanzar a tempada cambiaron a un Lotus-BRM 43 cun moi complexo motor BRM H16; o H16 consistía basicamente de dous motores V8 de 1.5 litros unidos para formar unha soa unidade.

En 1967 Clark e Lotus correron con tres combinacións completamente distintas de chasis e motor. O Lotus-BRM foi usado na primeira carreira do campionato en Suráfrica con resultados negativos. En Monaco usou por última vez o Lotus 33, retirándose a metade de carreira cunha avaría na suspensión. A continuación comezou a nova asociación de Lotus con Ford Motor Company e Cosworth. O motor Cosworth DFV usado por primeira vez por Lotus non só gañou a primeira carreira na que foi usado, o Gran Premio de Holanda, senón que ademais converteríase no motor de maiores éxitos na historia da Fórmula 1.

Morte

O 7 de abril de 1968, durante unha carreira de Fórmula 2 no circuíto de Hockenheimring en Hockenheim, Alemaña Jim Clark morreu despois de que o seu automóbil saísese da pista e chocase contra as árbores. As causas do accidente nunca foron definitivamente esclarecidas, con todo os investigadores suxiren como a posibilidade máis factible, unha súbita e repentina perda de presión pneumática nunha das rodas traseiras. En circunstancias parecidas á morte de Ayrton Senna en 1994, a súa morte causou grande impacto no mundo da competición automobilística. Clark era o mellor piloto e dominaba os campionatos da época co mellor equipo de entón. Lotus e Clark foron inseparables desde o principio. O campionato de 1968 foi gañado polo compañeiro de equipo de Clark, Graham Hill (pai do logo tamén campión Damon Hill).

Un xenio na pista

Lotus 25.

Ao longo da súa carreira Clark gañou 25 grandes premios e obtivo a pole en 33 ocasións. Clark diferenciábase dos pilotos actuais de Fórmula 1 na súa habilidade para conducir e gañar en calquera tipo de vehículo. A súa capacidade de pelexar vitorias conducindo o sedan de produción Lotus Cortina era impresionante; correu na tempada Nascar en Estados Unidos para o equipo Holman e Moody; batallou cos caprichosos Lotus deportivos modelos 30 e 40; e ata un Lotus de IndyCar Series nunha carreira de montaña en Suíza.

Clark foi o mellor nunha época onde a habilidade innata e a xenialidade para conducir do piloto baixo calquera circunstancias eran moito máis importantes que a tecnoloxía e as asistencias externas. Considerábaselle un terrible piloto de probas, pois era capaz de acomodarse ao auto e facelo parecer mellor do que en realidade era; ao contrario doutros pilotos que probarían o auto por varias voltas, facéndolle axustes ata conseguir o mellor tempo posible, Clark lograba o mellor tempo así no xeito como atopaba ao auto, e dicíalle aos mecánicos "déixeno, así está ben". Debido a isto facíaselle difícil entender como outros pilotos non podían ser igual de rápidos ca el.

Cando Clark faleceu, atribúeselle ao corredor Chris Amon o dicir "se isto pódelle pasar a Clark, que esperanza podemos ter os demais". Hoxe en día é consierado un dos mellores pilotos da historia da Fórmula 1.

Clark está enterrado na vila de Chirnside en Berwickshire.

No ano de 1990 foi admitido no International Motorsports Hall of Fame.

Rexistro de carreiras

Resultdos completos nas 24 Horas de Le Mans

AnoEquipoCo-PilotosCocheClasevoltasPos.Clase
Pos.
1959 Border Reivers Sir John WhitmoreLotus Elite Mk.14GT
1.5
25710º
1960 Border Reivers Roy SalvadoriAston Martin DBR1/300S
3.0
306
1961 Border Reivers Ron FlockhartAston Martin DBR1/300S
3.0
132RetRet

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor123456789101112Pos.Pts.[2]
1960Team LotusLotus 18Climax I4ARX
MON
500
NED
Ret
BEL
5
FRA
5
GBR
16
POR
3
ITA
USA
16
10º8
1961Team LotusLotus 21Climax I4MON
10
NED
3
BEL
12
FRA
3
GBR
Ret
ALE
4
ITA
Ret
USA
7
11
1962Team LotusLotus 25Climax V8NED
9
MON
Ret
BEL
1
FRA
Ret
GBR
1
ALE
4
ITA
Ret
USA
1
RSA
Ret
30
1963Team LotusLotus 25Climax V8MON
8
BEL
1
NED
1
FRA
1
GBR
1
ALE
2
ITA
1
USA
3
MEX
1
RSA
1
54 (73)
1964Team LotusLotus 25Climax V8MON
4
NED
1
BEL
1
FRA
Ret
GBR
1
ITA
Ret
32
Lotus 33Climax V8ALE
Ret
AUT
Ret
USA
7
MEX
5
1965Team LotusLotus 33Climax V8RSA
1
MON
BEL
1
GBR
1
NED
1
ALE
1
ITA
10
USA
Ret
MEX
Ret
54
Lotus 25Climax V8FRA
1
1966Team LotusLotus 33Climax V8MON
Ret
BEL
Ret
FRA
NTS
GBR
4
NED
3
ALE
Ret
16
Lotus 43BRM H16ITA
Ret
USA
1
MEX
Ret
1967Team LotusLotus 43BRM H16RSA
Ret
41
Lotus 33Climax V8MON
Ret
Lotus 49Ford V8NED
1
BEL
6
FRA
Ret
GBR
1
ALE
Ret
CAN
Ret
ITA
3
USA
1
MEX
1
1968Team LotusLotus 49Ford V8RSA
1
ESP
MON
BEL
NED
FRA
GBR
ALE
ITA
CAN
USA
MEX
11º9

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato

(key) (Carreiras en grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor123456789101112131415161718192021
1960Team LotusLotus 18Climax I4GLVINTSIL
Ret
LOM
2
OUL
Ret
1961Team LotusLotus 18Climax I4LOM
6
GLVPAU
1
BRX
Ret
VIEAIN
9
SYR
6
NAPLONDAN
7
Lotus 21SIL
2
SOL
7
KAN
Ret
MOD
4
FLG
4
OUL
Ret
LEWVALRAN
1
NAT
1
RSA
1
1962Team LotusLotus 21Climax I4CAP
2
Lotus 24Climax V8BRX
Ret
LOM
1
LAVGLVPAU
Ret
AIN
1
INT
2
NAP
Lotus 25Climax V8MAL
Ret
CPLRMS
Ret
SOL
Ret
KANMEDDANOUL
1
MEX
1
RAN
1
NAT
2
1963Team LotusLotus 25Climax V8LOM
2
GLVPAU
1
IMO
1
SYR
WD
AIN
3
INT
1
ROM
SOL
NC
KAN
1
MED
AUT
Ret
OUL
1
RAN
16
1964Team LotusLotus 25Climax V8DMT
Ret
NWT
1
SYR
INT
Ret
MED
2
RAN
Lotus 33AIN
Ret
SOL
1
1965Team LotusLotus 33Climax V8ROC
Ret
SYR
1
Lotus 25SMT
1
INTMED
2
RAN
1966Team LotusLotus 33Climax V8RSASYRINTOUL
3
1967Team LotusLotus 49Ford V8ROCSPRINTSYROULESP
1

Despois de que Clark fose descualificado por arrincar empuxando, asumiu o control o coche de Trevor Taylor.

Récords de Fórmula 1

Clark ten as seguinte marcas na fórmula 1:

RécordLogrado
Maior nº de Grand Slams (pole, vitoria, volta rápida, líder en todas as voltas na mesma carreira)8
Maior porcentaxe de puntos posibles no campionato nunha tempada100% in 1963 e 19651
Maior porcentaxe liderando voltas nunha tempada71.47% en 1963

1Récord compartido con Alberto Ascari en 1952

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis

Saídas5
Poles1
1ª fila3
Vitorias1
Top 53
Top 103
Retiradas2
  • As posicións iniciais de Clark desde 1964, 1965 e 1966 representan a mellor racha inicial de tres carreiras dos anos sesenta.
  • A vitoria de Clark en 1965 foi a primeira vitoria para un coche de motor traseiro nas 500 Millas de Indianápolis. Ningún coche con motor dianteiro gañou a carreira desde entón.

Resultados completos nas Tasman Series

AnoCoche12345678RanqPuntos
1965Lotus 32BPUK
Ret
LEV
1
WIG
1
TER
(1)
WAR
1
SAN
2
LON
5
35 (44)
1966Lotus 39PUK
Ret
LEV
2
WIG
Ret
TER
Ret
WAR
1
LAK
3
SAN
2
LON
7
25
1967Lotus 33PUK
2
WIG
1
LAK
1
WAR
2
SAN
1
LON
2
45
1968Lotus 49TLEV
Ret
PUK
Ret
WIG
1
TER
2
ORA
1
SUR
1
ADE
1
SAN
5
1st44

Resultados na Tasman Series fora do campionato

anoCoche12
1967Lotus 33LEV
1
TER
1

Resultados na Fórmula 2

(Carreiras en grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida.)

Por razóns de espazo, só mónstranse os eventos de Fórmula 2 nos que Clark correu.

AnoEquipoChasisMotor123456789101112
1960Team LotusLotus 18Climax FPFBRX
Ret
BRC
Ret1
SOL
8
BRH
1
1964Ron Harris Team LotusLotus 32Cosworth SCAPAU
1
ADC
1
GRV
1
RMS
4
BET
1
KAN
2
ALB
Ret
OUL
2
1965Ron Harris Team LotusLotus 35Cosworth SCAMAL
DNS2
SNE
3
PAU
1
LON
1
RMS
3
ROU
1
KAN
Ret
BET
1
OUL
6
ROU
1
1966Ron Harris Team LotusLotus 35Cosworth SCAOUL
DNS2
SMT
Ret
PAU
7
Lotus 44BAR
Ret
KAN
3
FIN
3
MNT
2
BLM
6
BAR
NC
BRH
3
1967Team LotusLotus 48Cosworth FVAPAU
4
BAR
1
ADC
Ret
LIM
2
RMS
Ret
ROU
Ret
FTL
Ret
MAD
1
KAN
3
FIN
1
HÄM
3
ALB
3
1968Team LotusLotus 48Cosworth FVABAR
Ret
HOC
Ret

1 Innes Ireland tomou o coche de Clark e terminou no 9º lugar.
2 Carreiras canceladas debido ao mal tempo.

Premios

  • Campión do mundo de F1, 1963 e 1965; Subcampión, 1962 e 1964
  • Gañador das 500 Millas de Indianápolis, 1965; Subcampión, 1963 e 1966
  • [Campionato británico de coches de turismo] Campión, 1964
  • Tasman series Gañador da Copa, 1965, 1967 e 1968
  • Trophées de France Fórmula 2 Campión, 1965
  • Terceiro lugar na xeral, 24 Horas de Le Mans de 1960
Predecesor:
Phil Hill
Campión da Fórmula 1
1962
Sucesor:
Jim Clark
Predecesor:
Denny Hulme
Campión da Fórmula 1
1968
Sucesor:
Jackie Stewart

Véxase tamén

Ligazóns externas