Jesús Cora Lira

avogado, militar, político e xornalista tradicionalista galego
(Redirección desde «Jesús de Cora y Lira»)

Jesús Cora Lira, nado en Viveiro en 1890 e finado na mesma vila o 8 de abril de 1969[1], foi un avogado, militar, político e xornalista tradicionalista galego, dirixente da facción do carlismo coñecida como carloctavismo.

Infotaula de personaJesús Cora Lira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jesús de Cora y Lira Editar o valor em Wikidata
1890 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 1969 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , avogado , xuíz , político , militar , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioGoiriz
Incógnito Leal
J. de Arco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJesús Cora Cora Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Jesús de Cora Cora. Avogado. Tradicionalista e maurista. Foi presidente da Juventud Antoniana de Lugo[2]. Foi redactor-xefe (1916-1918)[3] e logo director de La Voz de la Verdad no que fixo campaña polo cooperativismo agrario, e correspondente en Lugo de El Ideal Gallego[4]. Fundou o Sindicato Católico Obrero de Lugo[5]. Nas eleccións a Cortes de 1918 foi candidato rexionalista polo distrito de Lugo[6], pero non foi elixido.

Entrou no Corpo Xurídico da Armada e foi secretario da Asesoría Xurídica do Ministerio de Mariña, e posteriormente fiscal da Escuadra e Auditor do Departamento de Ferrol e da Xurisdición Central.[7]

En 1930 era xuíz municipal do distrito do Hospicio de Madrid[8]. Ese ano fundou en Madrid o Secretariado de Galicia e foi redactor de El Cruzado Español. Pola súa lealdade a don Jaime, foi nomeado cabaleiro da Orde de la Legitimidad Proscrita. En 1931 foi nomeado xefe provincial en Madrid da Comuñón Tradicionalista[9]. Debido á súa negativa a aceptar que a sucesión da dinastía carlista puidera recaer na rama afonsina e á súa actitude de rebeldía, en 1932 foron expulsados do partido os redactores de El Cruzado Español que se autotitularon o Núcleo da Lealdade. Jesús Cora publicou o folleto Estudios jurídicos, históricos y políticos. El futuro Caudillo de la Tradición española[10], no que sostiña que o sucesor de Alfonso Carlos debía ser adicto ao programa político e relixioso da Comuñón Tradicionalista, afirmando que aínda que no Regulamento de sucesión de 1713 se preferían as liñas masculinas, as femininas non quedaban totalmente excluídas, polo que os dereitos á coroa de España recaían no fillo de Blanca de Borbón y Borbón-Parma, filla de Carlos VII, último monarca reinante segundo os carlistas[11].

Anunciou a súa candidatura ás eleccións a Cortes de 1933[12], pero despois de realizar unha viaxe a Madrid para ultimar a candidatura, fixo pública unha carta na que explicou que a Unión de Derechas y Agrarios de Lugo vetaba a súa presenza na lista da coalición, e optou por retirar a súa candidatura[13]. En 1936 reintegrouse na Comuñón Tradicionalista, pero separouse de novo da rexencia de Javier de Borbón-Parma en 1943, sendo xefe do carloctavismo,[7] cuxa estrutura organizativa sería denominada Comunión Carlista o Comunión Católico-Monárquica.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado conselleiro togado do Consello Supremo de Xustiza Militar (1942), foi ascendido a coronel[14] e posteriormente a xeneral auditor do Corpo Xurídico Militar da Armada[15]. En 1947 foille concedida a Gran Cruz da Orde do Mérito Militar[16].

En 1943 encabezou o grupo herdeiro do Núcleo da Lealdade (ou carlo-octavistas) que, con certo apoio dentro do réxime franquista, recoñeceu a Carlos de Habsburgo-Lorena como rei co nome de Carlos VIII. Participou no Primeiro Congreso de Estudos Tradicionalistas celebrado en 1964 en Madrid polo Centro de Estudios Históricos y Políticos General Zumalacárregui, que foi unha das bases do libro ¿Qué es el Carlismo?[17].

Faleceu en 1969 en Viveiro, onde residía dende o seu retiro[1][5].

Obras

  • Estudios jurídicos, históricos y políticos. El futuro Caudillo de la Tradición española (1932)[18]
  • Carlos VIII. Monarca tradicionalista. Pensamiento religioso e ideario político y social del actual representante de la Dinastía Legítima española. Su visión de los grandes problemas de nuestra Patria (1953)[19].

Artigos

Notas