Jesús María Fernández Portela
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1952 (72 anos) O Rosal, España |
Alcalde do Rosal | |
1999 – 2018 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | O Rosal |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Jesús María Fernández Portela, nado no Rosal en 1952, é un exmestre e expolítico galego do PPdeG.[1]
Mestre de profesión. Encabezou a candidatura do PPdeG nas municipais do 1999 no Rosal e acadou a alcaldía con maioría absoluta conseguindo 7 concelleiros, cando a maioría eran tamén 7. Volveu encabezar a candidatura do PPdeG nas municipais do 2003 e volveu conseguir a maioría absoluta, e conseguiu 3 concelleiros máis, en total 10. Volveu encabezar a candidatura do PPdeG nas municipais do 2007 e volveu conseguir a maioría absoluta, pero perdeu un concelleiro, quedando con 9 concelleiros. Volveu encabezar a candidatura do PPdeG nas municipais do 2011 e volveu conseguir a maioría absoluta mantendo os 9 concelleiros.[1] Volveu encabezar a candidatura do PPdeG nas municipais do 2015 e volveu conseguir a maioría absoluta, pero perdeu un concelleiro, quedando con 8 concelleiros.[2]
Foi deputado provincial de Pontevedra.
En xaneiro do 2018 cumpriu os 65 anos, polo que decidiu xubilarse e deixar a alcaldía.[3] Sucedeuno ata a entón tenenta de alcalde María del Carmen Alonso Alonso.[4]
Predecesor: José Luis Martínez Rodríguez | Alcalde do Rosal 1999-2018 | Sucesor: María del Carmen Alonso Alonso |