Jean Tricou

numismático francés

Jean Louis Tricou, nado en Lión o 13 de setembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1977, foi un numismático e notario francés, conservador do Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión e presidente da Sociedade Francesa de Numismática.

Infotaula de personaJean Tricou
Biografía
Nacemento(fr) Jean Louis Tricou Editar o valor em Wikidata
13 de setembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
5th arrondissement of Lyon, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
5th arrondissement of Lyon, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Coñecido porDirector de Revue numismatique.
Presidente da SFN.
Actividade
Campo de traballoNumismática e notaría.
Ocupaciónnumismático , notario , erudito Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarthe Breton.
PaiGeorges Tricou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Jean Tricou cursou o seu ensino secundario no Collège des Minimes de Lión. Logo licenciouse en Dereito e en 1919 comezou a traballar no despacho do seu pai, Georges Tricou, notario de Lión, a súa cidade natal. O 26 de decembro de 1930 sucedeu o seu pai como titular da notaría e foi membro da Cámara de Notarios de Lión.[1] Non abandonou este posto ata 1961, cando llo cedeu ao seu xenro.[2]

Tricou herdou do seu pai e do seu avó, Claude Vachez —tamén notario— non só a súa profesión, senón tamén o seu interese pola historia, a numismática e as artes. Comezou unha incipiente colección de moedas na súa infancia, coa axuda do seu pai, e o seu estudo levouno a interesarse tamén pola heráldica e a sixilografía. En 1909 publicou o seu primeiro artigo, en Archives de la Société des collectionneurs d'ex-libris. [1]

En 1913 foi admitido na Sociedade Literaria, Histórica e Arqueolóxica de Lión, e Tricou expandiu o ámbito das súas investigacións a todos os aspectos da historia de Lión antes da Revolución Francesa, o que deu lugar a unha gran cantidade de publicacións.[1]

Placa no Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión, dedicada a Jean Tricou.

Tricou participou moi activamente na vida intelectual da súa cidade, e foi membro e promotor de diversas entidades e sociedades eruditas. En 1954, foi un dos fundadores do Círculo Lionés de Numismática,[3] que tivo como primeira sede o despacho da súa notaría; tamén foi o presidente do Círculo ata 1970, e en 1956 instituíu as Xornadas Numismáticas de Lión. Igualmente, presidiu a Academia das Ciencias, as Letras e as Artes de Lión, na que ingresou en 1942, e foi membro da Sociedade Literaria, Histórica e Arqueolóxica de Lión.[2][4] Exerceu tamén como conservador do Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión desde 1945 ata a súa morte.[2]

En 1924 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática,[2] entidade da que foi presidente durante o período 1957-1959.[5][6] Tricou formou parte do grupo de directores da Revue numismatique desde 1962 ata o seu falecemento.[7][8]

Jean Tricou faleceu a mañá do 27 de xaneiro de 1977.[1][7] Estivo casado con Marthe Breton, que falecera o 29 de decembro de 1960.[9] O seu acervo documental consérvase nos Arquivos Municipais de Lión.[10]

Publicacións

Jean Tricou foi un prolífico autor de artigos relativos ás súas investigacións históricas e numismáticas; estes superan as 350 referencias e foron publicados sobre todo en publicacións periódicas como Revue Numismatique e o Bulletin de la Société française de numismatique.[11] Tamén publicou unha boa cantidade de traballos monográficos, dos que aquí se escolman algúns dos máis significativos:[12][13]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Donné, J-P.; Saint-Pierre, D. (dir.) (2017). "Tricou, Jean (1890-1977)". En Dictionnaire historique des Académiciens de Lyon : 1700-2016. ASBLA, Lión. Páxinas 1.288-1.291. ISBN 978-2-9559-4330-4
  • Hours, H. (1977). "Jean Tricou". En Revue du Lyonnais. Union des sociétés savantes du Lyonnais. Nº 1.‎ Setembro. Páxinas 25-33.
  • Hours, H. (1978). "Jean Tricou". En Mémoires de l’Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon. T. 32. Páxinas 43-46.
  • Lafaurie, J. (1976). "Jean Tricou 1890-1977". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 18. Páxinas 7-10.

Ligazóns externas

Predecesor:
Maurice Dayet
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1957-1959
Sucesor:
Jean Lafaurie