Jean Parent
Jean Parent, nado en Tours o 23 de marzo de 1911 e finado en Suresnes o 15 de xuño de 1963, foi un enxeñeiro químico e numismático francés, presidente da Sociedade Francesa de Numismática entre 1963 e 1965.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1911 |
Morte | 15 de xullo de 1963 (52 anos) Suresnes. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Escola Nacional Superior de Química de París |
Coñecido por | Presidente da SFN. |
Actividade | |
Campo de traballo | Química e numismática. |
Membro de |
Traxectoria
Formación e actividade profesional
Jean Parent iniciou en 1934 os seus estudos de Química na Escola Nacional Superior de Química de París.[1]
Foi mobilizado durante a segunda guerra mundial co grao de subtenente de artillaría e resultou gravemente ferido na contenda o 5 de xuño de 1940, o que lle ocasionou unha incapacidade física parcial o resto da súa vida,[2] que non lle impediu o exercicio da súa profesión como enxeñeiro químico.[3]
Foi director xeral da compañía Centenaire-Blanzy.[1]
Parent morreu o 15 de xuño de 1968,[4] no hospital Foch, en Suresnes, aos 52 anos.[1]
Numismática
Paralelamente á súa actividade profesional, Parent amosou o seu interese pola numismática. En 1951 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática como membro titular, e en 1963 accedeu á presidencia desta institución, cargo que ocupou ata 1965.[5][6]
En 1955 ingresou tamén, como membro correspondente estranxeiro, na Sociedade Real de Numismática de Bélxica.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Éloge funébre de Jean Parent". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 6. Xullo de 1968. Páxina 285.
- Hoc, M. (1968). "Nécrologie: Jean Parent". En Revue Belge de Numismatique. Nº 114. Bruxelas. Páxina 213.
Predecesor: Jacques Heurgon | Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1963-1965 | Sucesor: Pierre Bastien |