Javier Urruticoechea

futbolista español

Francisco Javier González Urruticoechea máis coñecido coma Urruti, nado en Donostia o 17 de febreiro de 1952 e finado en Esplugues de Llobregat (provincia de Barcelona) o 24 de maio de 2001 foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de gardameta. Foi un dos porteiros da liga española con maior prestixio dos anos 80 e foi internacional coa selección de fútbol de España.

Infotaula de personaJavier Urruticoechea
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 2001 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Esplugues de Llobregat Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
1969-1972 Real Sociedad de Fútbol B
1972-1977 Real Sociedad de Fútbol 66(0)
1977-1981 RCD Espanyol 120(0)
1981-1988 Futbol Club Barcelona 120(0) Editar o valor em Wikidata
 Selección nacionalenllaç=enllaç=
1974-1974   Selección de fútbol de España de afeccionados 2(0)
1978-1980   España 5(0)
1979-1979   Selección de fútbol sub-23 de España 2(0)
1979-1980   Selección de fútbol do País Vasco 2(0)
1980-1981   España B Editar o valor em Wikidata
Participou en
1986Mundial de Fútbol México 1986
1982Mundial de Fútbol España 1982
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980
xuño de 1978Mundial de Fútbol Arxentina 1978 Editar o valor em Wikidata

BNE: XX957766 UEFA: 76946 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Comezou xogando no SD Lengokoak pasando pronto a xogar no San Sebastián CF, filial da Real Sociedad. No ano 1973 debuta co primeiro equipo e ao ano seguinte afianzábase na portería, dándolle o relevo a José Ramón Esnaola Laburu. Nos seus comezos no equipo vasco competiu pola titularidade con Pedro María Artola ata a chegada á titularidade de Luis Miguel Arconada, que faría que tanto Urruti coma Artola deixaran o equipo para fichar por RCD Espanyol e FC Barcelona respectivamente.

Chegou ao RCD Espanyol comezada a tempada 1977/78, facéndose coa titularidade dende o primeiro momento. As súas boas actuación fixeron que fichase polo FC Barcelona de cara á tempada 1981/82 para substituír o que xa fora compañeiro seu na Real Sociedade, Pedro María Artola. Xogando nas filas do Barcelona gañou o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da Primeira División.

Co tempo na portería catalá substituiríao o tamén porteiro vasco, Andoni Zubizarreta.

Coa selección de fútbol

A pesar de ir convocado a tres Mundiais (Arxentina 78, España 1982 e México 1986) non chegou a debutar en ningún deles, ao igual que na Eurocopa de Fútbol Italia 1980, a causa da titularidade indiscutíbel de Luis Miguel Arconada. En total so disputou cinco encontros coma titular, encaixando 6 goles.

Debutou en Xixón o 29 de marzo de 1978 ante Noruega, con vitoria de España por tres a cero.

Palmarés

Campionatos estatais

TítuloClubPaísAno
Copa do ReiFC Barcelona España1981
Copa da LigaFC Barcelona España1982
Copa do ReiFC Barcelona España1983
LigaFC Barcelona España1985
SupercopaFC Barcelona España1984
Copa da LigaFC Barcelona España1986
Copa do ReiFC Barcelona España1988

Copas internacionais

TítuloEquipoPaísAno
Recopa de EuropaFC Barcelona España1982

Distincións individuais

DistinciónAno
Trofeo Zamora1984