Jasmine Thompson
Jasmine Ying Thompson, nada en Londres o 8 de novembro de 2000, é unha cantante inglesa, máis coñecida simplemente como Jasmine Thompson. Acadou a fama após colaborar na canción de Robin Schulz "Sun Goes Down". Este tema acadou o top 10 en moitos países como Australia, Alemaña, Austria e Suíza. En 2015, a súa canle de YouTube tiña máis de 1,9 millóns de subscritores e máis de 220 millóns de reproducións. O seu cover acústico da canción de Chaka Khan "Ain't Nobody" acadou o número 32 nas listas do Reino Unido despois de aparecer nun anuncio de Sainsbury's. O seu cover foi mesturado polo DJ Felix Jaehn en 2015, e converteuse nun grande éxito, acadando o número 2 no Reino Unido.[1][2] Ela é medio inglesa (por parte de pai) e medio chinesa (por parte de nai).[3]
Nome orixinal | (en) Jasmine Ying Thompson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de novembro de 2000 (23 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | escola Sylvia Young de teatro |
Altura | 173 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantante , artista discográfico , youtubeira , compositora |
Período de actividade | 2010 - |
Xénero artístico | Pop rock, teen pop (pt) , pop dance e R&B contemporáneo |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Piano, voz e guitarra |
Selo discográfico | Atlantic Records |
Páxina web | jasminethompsonmusic.com |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |