Jannick Buyla

futbolista ecuatoguineano

Jannick Buyla Sam, nado en Zaragoza o 6 de outubro de 1998, é un futbolista hispano-ecuatoguineano que xoga de centrocampista na SD Logroñés, da Primeira División RFEF. É internacional absoluto coa selección de Guinea Ecuatorial.

Jannick Buyla
Información persoal
NomeJannick Buyla Sam
Nacemento6 de outubro de 1998
Lugar de nacementoZaragoza
Altura1,79 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualSD Logroñés
Número15
Carreira xuvenil
2003–2009Amistad
2009–2010Oliver
2010–2017Zaragoza
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2017–2020Deportivo Aragón49(4)
2017–2018 Tudelano6(0)
2019–2022Zaragoza9(0)
2021 UCAM Murcia14(2)
2021–2022 Gimnàstic25(1)
2023Badajoz19(1)
2023–SD Logroñés3(0)
Selección nacional
2019–Guinea Ecuatorial17(1)
Na rede
Instagram: jannickbuyla Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 28 de novembro de 2023.
Selección: actualizado a 28 de novembro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Formouse nas canteiras do Amistad e do Club Deportivo Oliver, antes de pasar polo equipo xuvenil do Real Zaragoza. Na tempada 2017/18 foi cedido ao Tudelano, co que debutou na Segunda División B. No mercado invernal volveu á disciplina zaragocista para se integrar no filial, o Deportivo Aragón, co que acabou descendendo á Terceira División.

Asentado na titularidade do filial, adestrador por Javier Garcés, na segunda parte da tempada 2018/19 foi convocado polo técnico do primeiro equipo, Víctor Fernández, que o fixo debutar en Segunda División nun encontro ante o Extremadura no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo, onde disputou os últimos cinco minutos de máis o desconto tras substituír a James Igbekeme nun partido que o Zaragoza gañou por 0-3.[1]

Continuou no filial unha campaña máis, ata que foi subido definitivamente ao primeiro equipo para a tempada 2020/21. Con todo, contou con poucos minutos e en xaneiro saíu cedido ao UCAM Murcia, de Segunda B.[2] Para a tempada seguinte foi cedido de novo, desta vez ao Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF, onde disputou 24 partidos ás ordes de Raül Agné, 9 deles como titular.[3] Tras esta segunda cesión, rescindiu o seu contrato co Zaragoza e despois duns meses sen equipo, nos que estivo adestrando co Teruel,[4] fichou polo Badajoz en xaneiro de 2023.[5]

Selección nacional

En marzo de 2016, aínda en idade xuvenil, foi convocado por primeira vez pola selección sub-20 de Guinea Ecuatorial.[6]

O 9 de setembro de 2019 debutou coa selección absoluta do seu país en partido oficial, na primeira rolda de clasificación para o Mundial de 2022, ante Sudán do Sur, que rematou con vitoria ecuatoguineana.[7]

Notas