Janet Leigh

actriz estadounidense

Jeanette Helen Morrison, nada en Merced (California) o 6 de xullo de 1927 e finada en Beverly Hills o 3 de outubro de 2004, foi unha actriz, cantante, bailarina e escritora estadounidense, coñecida como Janet Leigh.

Infotaula de personaJanet Leigh

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jeanette Helen Morrison Editar o valor em Wikidata
6 de xullo de 1927 Editar o valor em Wikidata
Merced, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 2004 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteVasculite
infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of the Pacific (en) Traducir
Stockton High School (en) Traducir
Merced High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de xénero , actriz , cantante , actriz de cinema , actriz de teatro , actriz de televisión , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTony Curtis (1951–1962)
Robert Brandt
John Kenneth Carlisle
Stanley Reames
FillosKelly Curtis (pt) Traducir
 () Tony Curtis
Jamie Lee Curtis
 () Tony Curtis Editar o valor em Wikidata
PaisFrederick Robert Morrison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Helen Lita Westergard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001463 Allocine: 149 Rottentomatoes: celebrity/janet_leigh Allmovie: p41670 79463 TV.com: people/janet-leigh IBDB: 49417
BNE: XX1148043 Musicbrainz: 0e97ce00-1e98-4b9a-90bf-deec2724e420 Discogs: 2064027 WikiTree: Morrison-5735 Find a Grave: 9550589 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Leigh criouse en Stockton, California, nunha familia de clase traballadora.[1]

No inverno de 1945–6, a actriz Norma Shearer estaba de vacacións en Sugar Bowl, un resort de esquí en Sierra Nevada, onde traballaban os pais de Leigh.[2][3] Na entrada, Shearer viu unha foto de Leigh, que entón tiña dezaoito anos, tomada polo fotógrafo do club polo Nadal.[4] Cando regresou aos Ánxeles, Shearer amosou a fotografía ao axente Lew Wasserman, da Metro-Goldwyn-Mayer (MGM),[5] e axudou a Leigh a obter un contrato. Leigh realizou a súa primeira incursión real na interpretación aparecendo en programas de radio[6] antes de debutar no cinema con The Romance of Rosy Ridge (1947) como interese romántico da personaxe de Van Johnson. Durante a rodaxe, o nome de Leigh foi cambiado primeiro a "Jeanette Reames" e logo a "Janet Leigh" e finalmente ao seu nome real, "Jeanette Morrison", porque "Janet Leigh" lembraba demasiado a Vivien Leigh.[7] Porén, a Johnson non lle gustaba o nome e finalmente foi cambiado definitivamente a "Janet Leigh" (pronunciado como "Lee").[7]

No principio da súa carreira apareceu en varios filmes populares de MGM que incluían unha gran variedade de xéneros, como Act of Violence (1948), Little Women (1949), Angels in the Outfield (1951), Scaramouche (1952), The Naked Spur (1953) e Living It Up (1954). Leigh interpretou sobre todo papeis dramáticos durante a segunda metade da década de 1950, en filmes como os de Safari (1956) e o filme negro de Orson Welles Touch of Evil (1958), mais o seu recoñecemento máis forte foi coa súa interpretación de Marion Crane en Psicose (1960), de Alfred Hitchcock, que lle valeu un Globo de Ouro e unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria.[8]

O seu publicitado matrimonio con Tony Curtis acabou en divorcio en 1962, e tras protagonizar The Manchurian Candidate ese mesmo ano, Leigh reduciu o ritmo da súa carreira. Continuou a aparecer en filmes de xeito intermitente, incluídos Bye Bye Birdie (1963), Harper (1966), Night of the Lepus (1972) e Boardwalk (1979). A finais de 1975, debutou en Broadway nunha produción de Murder Among Friends. Tamén apareceu en dous filmes de terror coa súa filla, Jamie Lee Curtis: The Fog (1980) e Halloween H20: 20 Years Later (1998).

Ademais do seu traballo como actriz, Leigh escribiu catro libros entre 1984 e 2002, dous deles novelas. Faleceu en outubro de 2004 aos 77 tras unha longa batalla contra a vasculite, inflamación dos vasos sanguíneos.

Filmografía

AnoTítuloPersonaxeNotasRef.
1947The Romance of Rosy RidgeLissy Anne MacBean[9]
1947If Winter ComesEffie Bright[9]
1948Hills of HomeMargit MitchellTítulos alternativos: Danger in the Hills e Master of Lassie[9]
1948Words and MusicDorothy Feiner Rodgers[9]
1949How to Smuggle a Hernia Across the BorderCurtametraxe[10]
1949Act of ViolenceEdith Enley[9]
1949Little WomenMeg March[9]
1949The Red DanubeMaria Buhlen[9]
1949The Doctor and the GirlEvelyn HeldonTítulo alternativo: Bodies and Souls[9]
1949That Forsyte WomanJune ForsyteTítulo alternativo: The Forsyte Saga[9]
1949Holiday AffairConnie Ennis[9]
1951Strictly DishonorableIsabelle Perry[9]
1951Angels in the OutfieldJennifer Paige[9]
1951Two Tickets to BroadwayNancy Peterson[9]
1951It's a Big CountryRosa Szabo Xenophon[9]
1952Just This OnceLucy Duncan[9]
1952ScaramoucheAline de Gavrillac de Bourbon[9]
1952Fearless FaganAbby Ames[9]
1953The Naked SpurLina Patch[9]
1953Confidentially ConnieConnie Bedloe[9]
1953HoudiniBess Houdini[9]
1953Walking My Baby Back HomeChris Hall[9]
1954O príncipe valentePrincesa Aleta[9]
1954Living It UpWally Cook[9]
1954The Black Shield of FalworthLady Anne[9]
1954Rogue CopKaren Stephanson[9]
1955Canción triste de Pete KellyIvy Conrad[9]
1955My Sister EileenEileen Sherwood[9]
1956SafariLinda Latham[9]
1957Jet PilotLt. Anna Marladovna Shannon / Olga Orlief[9]
1958Touch of EvilSusan Vargas[9]
1958The VikingsMorgana[9]
1958The Perfect FurloughLt. Vicki Loren[9]
1960Who Was That Lady?Ann WilsonPremio Laurel á mellor interpretación feminina de comedia (4.º posto)[9]
1960PsicoseMarion CraneGlobo de Ouro á mellor actriz secundaria
Premio Laurel á mellor actriz secundaria (2.º posto)
Candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria
[9]
1960PepeEla mesmaPremio Laurel á mellor interpretación feminina de comedia[9]
1962The Manchurian CandidateEugenie Rose Chaney[9]
1963Bye Bye BirdieRosie DeLeon[9]
1963Wives and LoversBertie Austin[9]
1966Kid RodeloNora[9]
1966HarperSusan HarperTítulo alternativo: The Moving Target[9]
1966Three on a CouchDr. Elizabeth Acord[9]
1966An American DreamCherry McMahonTítulo alternativo: See You in Hell, Darling[9]
1967The Spy in the Green HatMiss DiketonReeditado a partir de "The Concrete Overcoat Affair", episodio en dúas partes da serie de televisión The Man From U.N.C.L.E.[11]
1967Grand SlamMary AnnTítulo alternativo: Ad ogni costo[9]
1969Hello Down ThereVivian MillerTítulo alternativo: Sub-A-Dub-Dub[9]
1972One Is a Lonely NumberGert MeredithTítulo alternativo: Two Is a Happy Number[9]
1972Night of the LepusGerry BennettTítulo alternativo: Rabbits[9]
1979BoardwalkFlorence Cohen[9]
1980The FogKathy Williams[9]
1985The Fantasy Film Worlds of George PalEla mesmaDocumental[12]
1998Halloween H20: 20 Years LaterNorma Watson[13]
2005Bad Girls from Valley HighMrs. WittFilmado en 2000 e estreado postumamente[14]

Publicacións

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas