James Fenimore Cooper
James Fenimore Cooper, nado en Burlington (Nova Jersey) o 15 de setembro de 1789 e finado en Cooperstown (Estado de Nova York) o 14 de setembro de 1851, foi un popular e prolífico escritor norteamericano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1789 ![]() Burlington, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 14 de setembro de 1851 ![]() Cooperstown, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | cirrose hepática ![]() |
Lugar de sepultura | Christ Churchyard (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade Yale ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , escritor de literatura infantil , novelista , oficial , biógrafo ![]() |
Período de actividade | 1820 ![]() |
Xénero artístico | Romance de aventura (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Susan Augusta Delancey |
Fillos | Susan Fenimore Cooper Scarsdale, Paul Fenimore Cooper (en) ![]() ![]() ![]() |
Pai | William Cooper (juiz) (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
Particularmente recordado como novelista, Cooper escribiu 34 novelas de aventuras, moitas tratan o tema dos pioneiros.
O derradeiro dos mohicanos considérase por moitos como a súa obra mestra. Esta novela ten lugar na América colonial, durante a Guerra dos Sete Anos (1757-1763), que enfrontou a ingleses e franceses e supuxo a expulsión destes últimos de Norteamérica. Na guerra víronse involucradas as tribos indias locais. De feito, na novela, un grupo de indios huróns aliados dos franceses raptan a Cora e Alice Munro, fillas dun oficial británico. As rapazas serán rescatadas por Ollo-de-Aguia, un leñador branco e os seus compañeiros Chingachgook e Uncas, últimos superviventes da tribo dos mohicanos.
Cooper é un dos autores americanos máis famosos do dezanove, as súas obras traducíronse a case todas as linguas europeas. Balzac admirábao, Victor Hugo definíao como o máis grande do máis grande da novela moderna.
Traducións ao galego
Na actualidade só está traducida ao galego a novela O derradeiro dos mohicanos, editada por Xerais en 1993, con tradución de Xela Arias.