Jaime Solá
Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1874 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 9 de xaneiro de 1940 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Narrativa, poesía, teatro |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Redacci%C3%B3n_de_Vida_Gallega_1909.jpg/250px-Redacci%C3%B3n_de_Vida_Gallega_1909.jpg)
Foi sobriño do tamén xornalista Luis Antonio Mestre e viviu no Grove na súa infancia. A súa nai foi herdeira dunha parte do Gran Hotel da Toxa en 1891.
Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Valladolid, pero profesionalmente dedicouse ao xornalismo. En 1903 mercou o xornal El Independiente de Vigo, que pasou a chamarse Noticiero de Vigo. Pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Premio_de_xornalismo_Manuel_Otero_B%C3%A1rcena_1932.jpg/300px-Premio_de_xornalismo_Manuel_Otero_B%C3%A1rcena_1932.jpg)
A súa contribución máis importante foi a revista Vida Gallega, que dirixiu dende a súa creación en 1904 ata o final da súa segunda época en 1938. Desde as páxinas de Vida Gallega fixo unha clara promoción do complexo hoteleiro da Toxa, sendo accionista da sociedade anónima que o xestionaba. Tamén dirixiu o semanario satírico Don Verdades.
Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.
Obras
Narrativa
- Cuentecillos, 1894.
- La mala sombra, 1895.
- El alma de la aldea, 1918.
- Ramo cativo. El Ribeiro de Avia, 1918.
- El otro mundo, 1919.
En Vida Gallega apareceron os relatos: Anduriña (1917), Diablillo (1920-21) e Mis memorias.
Poesía
- Todo malo, 1895.
- El nacer de un día, 1919.
Teatro
- El Diputado.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- González Blasco, Luis (2005). "Solá Mestre, Jaime". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Ribao Fernández, Roberto (2007). A fotografía na revista "Vida Gallega". Un silandeiro universo de sentido (PDF). Santiago de Compostela: Departamento de Ciencias da Comunicación da USC. p. 645.