Jaime Lorente

actor español

Jaime Lorente López, nado en Murcia, o 12 de decembro de 1991, é un actor español coñecido polos seus papeis de "Denver" na serie La casa de papel (2017) e "Nano" en Elite (2018).[1]

Infotaula de personaJaime Lorente

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Murcia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , escritor , modelo , actor de teatro , actor de cinema , cantante , actor de televisión , rapeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaMaría Pedraza (2018–2020) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7931969 Allocine: 260782 Rottentomatoes: celebrity/jaime_lorente Metacritic: person/jaime-lorente
Instagram: jaimelorentelo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Jaime Lorente López é un actor graduado na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Murcia[2] e ten un máster en estudos avanzados de teatro pola UNIR.[3] Ademais de adicarse á interpretación, fai danza contemporánea.[4]

Teatro

Participou en obras de teatro como Equus, pola que gañou o Premio a Mellor Actor na primeira edición dos Premios María Jesús Sirvent. Participou tamén en numerosas obras de teatro como El público ou De fuera vendrá (2014).[4]

Televisión

Na televisión, a súa carreira interpretativa comezou da man de Antena 3, conseguindo por primeira vez un papel en El secreto de Puente Viejo, onde interpretaba a Elías Mato.[5] En 2017 formou parte do elenco principal de La casa de papel onde deu vida a "Denver". Con este papel logrou a fama mundial, grazas á emisión da serie en diferentes países a través de Netflix, e interpretou tamén a "Nano" na segunda serie española orixinal desta plataforma: Elite, a cal se estreou en outubro de 2018. Ten pendente a produción da terceira parte de La casa de papel, que sairá en 2019.

Cine

Máis breve é a súa carreira no cine, realizando papeis en películas como Todos lo saben ou La sombra de la lei. En setembro de 2018, comezou a rodar a película de Jota Linares para Netflix ¿A quién te llevarías a una isla desierta?, na que dá vida a Marcos e comparte repartición por terceira vez con María Pedraza.

En 2020, Lorente protagonizou, para Amazon Prime Video, a serie de ambientación histórica El Cid, dando vida a Rodrigo Díaz de Vivar, alcumado "El Cid".[6]

Recoñecementos

  • En 2018, foi nomeado ao “Mellor actor secundario en televisión” por “La casa de papel”, pola Unión de Actores[7]
  • En 2019, foi nomeado ao “Mellor actor de reparto en televisión” por “La casa de papel”, pola Unión de Actores.[3]
  • Premio Mellor Actor por “Equus”, na primeira edición dos Premios María Jesús Sirvert.[3]

Filmografía

Cine

AnoTítuloDirector
2018Todos lo sabenAsghar Farhadi
La sombra de la leyDani de la Torre
2019¿A quién te llevarías a una isla desierta?Jota Linares
2021El último kilómetroJoaquín Carmona

Televisión

AnoTítuloPersonaxeCadenaNotas
2016El secreto de Puente ViejoElías MatoAntena 327 episodios
2017 - presenteLa casa de papelDaniel «Denver» RamosNetflix¿? episodios
2018 - 2019ÉliteFernando «Nano» García Domínguez13 episodios
2020 - presenteEl CidRodrigo Díaz de VivarAmazon Prime Video¿?episodios

Premios e nomeamentos

AnoPremioCategoríaTraballoResultado
2018Premio da Unión de Actores e ActricesTelevisión: Mellor actor secundarioLa casa de papelNomeado
2019Televisión: Mellor actor de reparticiónNomeado[7]

Notas