Jéssica Bouzas

tenista galega

Jéssica Bouzas Maneiro, nada o 24 de setembro de 2002 en Vilagarcía de Arousa, é unha tenista galega. Ocupa o posto 83 no ránking WTA.

Infotaula de personaJéssica Bouzas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado522.497 $ Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
ModalidadePartido de tenis enllaç=enllaç=enllaç=Récord persoal
Tenis individual208–100 Editar o valor em Wikidata 83 (2024)
Tenis dobres41–38 Editar o valor em Wikidata201 (2023)
WTAInfo WTA Editar o valor em Wikidata

Instagram: jessibouzas Editar o valor em Wikidata

Gañou once títulos individuais e seis dobres no Circuíto Feminino ITF, así como un bronce e un ouro nos Xogos Mediterráneos de 2022.

Traxectoria

Comezou a xogar ao tenis con cinco anos no Club de Tenis e Pádel O Rial da súa Vilagarcía de Arousa natal, co adestrador Daniel Walters, antes de trasladarse, con trece anos, á Academia de Tenis Ferrer en Xàbia.[1][2]

En decembro de 2020 disputou en Madrid a súa primeira final individual do Circuíto Feminino ITF, sendo derrotada pola suíza Conny Perrin.[3]​ Un mes despois, en xaneiro de 2021, gañou o seu primeiro título individual nun evento de 15 000 dólares no Cairo, tras derrotar á eslovaca Chantal Škamlová na final.​[4] Unha semana despois conquistou un segundo título ITF no Cairo e en marzo de 2021 acadou a final en Gonesse (Francia).​[5] Ese mesmo ano proclamouse campioa nun torneo na cidade grega de Heraclión e disputó a final en Madrid.

En 2022 disputou seis finais do Circuíto ITF, gañando cinco delas (Villena, Palmanova, Aschaffenburg e Quinta do Lago) e perdendo só na final de Platja d'Aro ante Guiomar Maristany. Ese mesmo ano participou nos Xogos Mediterráneos na cidade alxeriana de Orán, conseguindo a medalla de bronce en individuais e o ouro en dobres xunto á propia Maristany, despois de derrotar na final ás maltesas Francesca Curmi e Elaine Genovese.[6]

En 2023 conseguiu acceder por primeira vez na súa carreira ao cadro final dun Grand Slam tras superar a previa. Foi no Campionato de Wimbledon, onde caeu en primeira rolda diante da ucraína Anhelina Kalinina.[7]

En marzo de 2024 conquistou o seu maior título até a data, ao erguer o WTA 125 de Antalya, en Turquía, vencendo na final á romanesa Irina Camelia Begu, por un marcador de 6-2, 4-6 e 6-2. Foi así a primeira galega en 13 anos en conquistar un título deste nivel, desde que o fixese Lourdes Domínguez en 2011 en Bogotá.[8] Con este resultado subiu ata o posto 104 do ránking WTA. Un mes máis tarde, en abril, tras xogar a final do ITF 100 de Zaragoza, logrou entrar por primeira vez no top100, situándose como a 90ª mellor xogadora del mundo.

Continuou ascendendo postos na clasificación e no torneo de Wimbledon de 2024 deu a sorpresa, eliminando na primeira rolda á vixente campioa e número 6 do mundo, a checa Markéta Vondroušová.[9] Deste xeito converteuse na segunda tenista na historia da era Open en eliminar en primeira rolda á campioa do ano anterior, 30 anos despois de que Lori McNeil fixese o mesmo con Steffi Graf.[9] A continuación desfíxose da hispano-moldava Cristina Bucșa para converterse na primeira tenista galega da historia en acceder á terceira rolda de Wimbledon.[10] Caeu finalmente ante a checa Barbora Krejčíková na terceira rolda, nun partido que non chegou a rematar, pois retirouse cun problema lumbar cando perdía por 6-0 e 4-3.[11]

Finais do Circuíto ITF

Individuais: 14 (9 campioa, 5 subcampioa)

Lenda
Torneos de 100 000 $
Torneos de 80 000 $
Torneos de 60 000 $
Torneos de 25 000 $
Torneos de 15 000 $
ResultadoW–LDataTorneoNivelSuperficieAdversariaPuntuación
Derrota0–1Decembro de 2020ITF Madrid15 000Arxila Conny Perrin4–6, 6–7(8)
Vitoria1–1Xaneiro de 2021ITF O Cairo15 000Arxila Chantal Škamlová7–5, 4–6, 6–4
Vitoria2–1Xaneiro de 2021ITF O Cairo15 000Arxila Anastasia Nefedova6–0, 6–0
Derrota2–2Marzo de 2021ITF Gonesse15 000Arxila (i) Marine Partaud4–6, 3–6
Vitoria3–2Xuño de 2021ITF Heraclión15 000Arxila María Portillo Ramírez6–3, 6–0
Derrota3–3Xuño de 2021ITF Madrid25 000Arxila Amandine Hesse4–6, 5–7
Vitoria4–3Febreiro de 2022ITF Villena15 000Dura Ashley Lahey6–2, 6–1
Vitoria5–3Marzo de 2022ITF Palmanova15 000Dura Yvonne Cavallé Reimers6–4, 6–1
Derrota5–4Maio de 2022ITF Platja d'Aro25 000Arxila Guiomar Maristany6–7(2), 4–6
Win6–4Xullo de 2022ITF Aschaffenburg25 000Arxila Katharina Hobgarski6–1, 6–2
Vitoria7–4Outubro de 2022ITF Šibenik25 000Arxila Leyre Romero Gormaz6–3, 6–3
Vitoria8–4Outubro de 2022ITF Quinta do Lago25 000Dura Tara Würth7–5, 5–4 ret.
Derrota8–5Maio de 2023ITF Praga60 000Arxila Darja Semenistaja6–2, 3–6, 4–6
Vitoria9–5Xullo de 2023ITF Roma60 000Arxila Raluca Șerban6–2, 6–4

Dobres: 6 (4 campioa, 2 subcampioa)

Lenda
Torneos de 100 000 $
Torneos de 80 000 $
Torneos de 60 000 $
Torneos de 25 000 $
Torneos de 15 000 $
ResultadoW–LDataTorneoNivelSuperficieCompañeiraAdversariasPuntuación
Derrota0–1Febreiro de 2021ITF Antalya15 000Arxila Lexie Stevens Mariana Dražić
Oana Georgeta Simion
6–4, 3–6, [10–12]
Vitoria1–1Abril de 2022ITF Oeiras25 000Arxila Guiomar Maristany Francisca Jorge
Matilde Jorge
3–6, 6–4, [10–8]
Vitoria2–1Xullo de 2022ITF Getxo25 000Arxila Leyre Romero Gormaz Park So-hyun
Sapfo Sakellaridi
7–5, 6–0
Derrota2–2Xullo de 2022ITF Darmstadt25 000Arxila Leyre Romero Gormaz Elena Malõgina
Alice Robbe
5–7, 5–7
Vitoria3–2Agosto de 2022ITF San Bartolomé de Tirajana60 000Arxila Leyre Romero Gormaz Lucía Cortez Llorca
Rosa Vicens Mas
1–6, 7–5, [10–6]
Vitoria4–2Setembro de 2022ITF Marbella25 000Arxila Leyre Romero Gormaz Julia Riera
Daniela Seguel
6–4, 6–2

Representación nacional

Individuais: 1 (medalla de bronce)

ResultadoDataTorneoSuperficieAdversariasPuntuación
BronceXuño de 2022Xogos Mediterráneos, Orán, AlxeriaArxila Chiraz Bechriw/o

Dobres: 1 (medalla de ouro)

ResultadoDataTorneoSuperficieCompañeiraAdversariasPuntuación
OuroXuño de 2022Xogos Mediterráneos, Orán, AlxeriaArxila Guiomar Maristany Francesca Curmi
Elaine Genovese
6–3, 6–2

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas