János Bolyai
János Bolyai, nado o 15 de decembro de 1802 en Kolozsvár (actual Romanía) e finado 27 de xaneiro de 1860, foi un matemático húngaro. Seu pai, Farkas Bolyai, tamén era matemático e amigo de Carl Friedrich Gauss.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (hu) Bolyai János ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de decembro de 1802 ![]() Cluj-Napoca, Romanía ![]() |
Morte | 27 de xaneiro de 1860 ![]() Târgu Mureș, Romanía (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | doenza ![]() |
Lugar de sepultura | Reformed Protestant cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Transilvania ![]() |
País de nacionalidade | Imperio Austríaco ![]() |
Educación | Academia Militar Theresiana (pt) ![]() ![]() |
Director de tese | Farkas Bolyai ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría, Xeometría non euclidiana e matemáticas ![]() |
Ocupación | matemático ![]() |
Profesores | Farkas Bolyai ![]() |
Lingua | Lingua latina, Lingua tibetana, lingua chinesa, lingua húngara e lingua alemá ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia![]() | |
Pai | Farkas Bolyai ![]() |
![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4c/JanosBolyai.jpg/220px-JanosBolyai.jpg)
Traxectoria
Aos 13 anos xa dominaba o cálculo. Entre 1818 e 1822 estudou no Colexio Real de Enxeñaría en Viena. En 1832 publicou un completo tratado sobre xeometría non euclídea, sen coñecer a Nikolai Lobachevski, que tres anos antes publicara un estudo similar, polo que os seus logros matemáticos non foron merecidamente recoñecidos.
Pertenceu ao corpo de oficiais-enxeñeiros da armada austríaca durante 11 anos, onde se destacou pola súa gran capacidade lingüística, que lle permitiu falar ata nove idiomas estranxeiros (incluído o chinés) e polas súas cualidades de violinista, bailarín e esgrimista.
En 1833, aqueixado de febres, tivo que xubilarse da súa carreira militar. Dende entón adicouse á investigación matemática. Morreu de pneumonía, o 27 de xaneiro de 1860 en Marosvásárhely, Hungría.
Na súa honra, déuselle o seu nome a un cráter lunar.