Já Conheci

(Redirección desde «Já conheci»)
«"Já conheci"»
Sinxelo de Leonor Andrade
do álbum Setembro
Lanzamento1 de xullo de 2015 (son)
31 de xullo de 2015 (venda dixital)
FormatoDixital
Gravada2015
Xénero musical
Lingua(s)Portugués
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es)Leonor Andrade[1]
Miscelanea{{{miscelanea}}}

"Já conheci" é o nome dunha canción da cantante portuguesa Leonor Andrade. É o primeiro sinxelo do seu álbum debut, após o seu paso polo Festival de Eurovisión 2015 en Viena. Está escrita totalmente, letra é música, por ela mesma.[1]

O seu lanzamento foi o 1 de xullo. A canción foi acompañada por un videoclip, do cal o 29 de xuño saíu un teaser no YouTube.[2]

Nunha entrevista o 29 de xuño de 2015 no programa da SIC Radical, CC All Stars, ela databa o seu álbum en setembro-outubro e explicaba que Já Conheci era o tema que máis definía o seu estilo musical do seu próximo álbum, que en principio, todas as cancións serán en portugués.[3]

O día 31 de xullo, tempo após o lanzamento do vídeo e o son, lánzanse o sinxelo ás plataformas Spotify, Deezer, MEO Music, iTunes, Play Store e Amazon, de streaming e venda musical respectivamente da man da discográfica Viagens a Marte e distribuído pola Sony Music Portugal.[4]

Listaxe de cancións

Já conheci (Radio Edit) [5]
N.º Título Duración
1. "Já conheci (Radio Edit)"   3:40
3:40

Posición nas listas

ListaPosición
Luxemburgo (Radio Latina)[6]28

Notas