Ish Smith

baloncestista estadounidense

Ishmael Larry "Ish" Smith, nado o 5 de xullo de 1988 en Charlotte, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA).

Ish Smith
Charlotte Hornets – No. 14
PosiciónBase
Información persoal
Nacemento5 de xullo de 1988 (36 anos)
Charlotte, Carolina do Norte
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial79 kg (175 lb)
Información da carreira
UniversidadeWake Forest (2006–2010)
Carreiradende 2010
Historial de equipos
Houston Rockets (2010–2011)
→Rio Grande Valley Vipers (2011)
Memphis Grizzlies (2011)
Golden State Warriors (2011–2012)
Orlando Magic (2012–2013)
Milwaukee Bucks (2013)
Phoenix Suns (2013–2014)
Oklahoma City Thunder (2014–2015)
Philadelphia 76ers (2015)
New Orleans Pelicans (2015)
Philadelphia 76ers (2015−2016)
Detroit Pistons (2016−2019)
Washington Wizards (2019−2021)
Charlotte Hornets (2021−2022)
Washington Wizards (2022)
Denver Nuggets (2022−2023)
Charlotte Hornets (2023−presente)

Traxectoria

Xogou cos Wake Forest Demon Deacons na universidade[1], despois asinou coma axente libre, sen ser elixido no Draft da NBA, polos Houston Rockets o 23 de agosto de 2010.[2] O 17 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[3] Despois foi chamado de novo para xogar cos Rockets, pero o 24 de febreiro de 2011, foi traspasado aos Memphis Grizzlies xunto ao seu compañeiro Shane Battier a cambio de Hasheem Thabeet, DeMarre Carroll e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[4]

Na tempada 2011-12 asinou cos Golden State Warriors. Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86. Foi despedido polos Warriors o 14 de xaneiro de 2012.[5]

O 2 de febreiro de 2012 asinou cos Orlando Magic.[6]

O 21 de febreiro de 2013, Smith foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a J. J. Redick e Gustavo Ayón, a cambio de Beno Udrih, Doron Lamb e Tobias Harris.[7]

O 29 de agosto de 2013, Smith e Viacheslav Kravtsov foron traspasados ós Phoenix Suns a cambio de Caron Butler.[8] O 15 de xullo de 2014, Smith foi cortado polos Suns.[9]

O 19 de xullo de 2014, Smith asinou cos Houston Rockets.[10] Porén, foi cortado o 27 de outubro de 2014.[11]

O 7 de novembro de 2014, Smith asinou cos Oklahoma City Thunder.[12] O 19 de febreiro de 2015, Smith foi traspasado xunto ós dereitos de Latavious Williams ós New Orleans Pelicans.[13] Foi cortado polos Pelicans o mesmo día.[14]

O 22 de febreiro de 2015, Smith asinou cos Philadelphia 76ers.[15]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas