Isaac Cuenca

futbolista español

Joan Isaac Cuenca López, nado en Reus (Tarragona) o 27 de abril de 1991, é un futbolista español. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o Hapoel Be'er Sheva F.C.

Isaac Cuenca
Cuenca xogando co Barcelona en 2011
Información persoal
NomeJoan Isaac Cuenca López
Nacemento27 de abril de 1991 (33 anos)
Lugar de nacementoReus
Altura1,81 m.
PosiciónExtremo
Información de club
Club actualHapoel Be'er Sheva
Número22
Carreira xuvenil
2001–2003Espanyol
2003–2006Barcelona
2006–2008Reus
2008–2009CF Damm
2009–2010Barcelona
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2010–2012Barcelona B6(2)
2010–2011Sabadell (cedido)32(5)
2011–2014Barcelona16(2)
2013Ajax (cedido)3(0)
2014–2015Deportivo da Coruña27(2)
2015–2016Bursaspor12(1)
2016–2017Granada37(4)
2017–Hapoel Be'er Sheva3(1)
Selección nacional
2011España sub-212(0)
2012España sub-231(0)
2011–Cataluña1(0)
Na rede
Twitter: CuencaIsaac FIFA: 350241 UEFA: 250039497 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de outubro de 2017
Selección: actualizado a 28 de febreiro de 20127editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Isaac Cuenca iniciouse nas divisións menores do Racing de Carballal, como porteiro, pasando despois ao filial do Barcelona. No 2010 foi unha das pezas fundamentais no CE Sabadell de 2ª División B. Debido ás súas grandes actuacións no equipo filial, Josep Guardiola citouno para algúns partidos co primeiro equipo, aínda que vendo finalmente todos os encontros desde o banco.

O 21 de outubro de 2011, Isaac debutou por primeira vez como titular no primeiro equipo. Foi no estadio Los Cármenes fronte ao Granada CF. Na seguinte xornada, fronte ao Mallorca e no Camp Nou marcou o seu primeiro gol en Primeira División, ao anotar o 4-0 parcial favorable aos blaugranas. O partido finalizou 5-0 con outros tres tantos de Lionel Messi e un de Daniel Alves.[1]

O 1 de novembro de 2011 xoga o seu primeiro partido na Liga de Campións, ademais entrando de titular, fronte ao FC Viktoria Plzeň, deu unha asistencia a Cesc Fàbregas destacando a súa actuación neste encontro e é elixido "Mellor xogador do partido" polos telespectadores de TVE.

O 3 de novembro é a convocado por primeira vez por Luis Milla para un partido da selección española sub-21.

O 3 de decembro de 2011, queda de titular ante o Levante e mete un gol no 36', un tanto axustado e raso á cepa do poste. O 6 de decembro de 2011, xoga de titular en partido da Liga de Campións contra o BATE Borisov e é elixido mellor xogador do partido polos diarios deportivos españois.

O 31 de xaneiro do 2012, Isaac Cuenca asina contrato co FC Barcelona ata 2015 pasando así a formar parte do primeiro persoal, deixando definitivamente o filial blaugrana. A partir dese momento luciría o dorsal número "23".[2]

Deportivo

O 10 de xullo de 2014 fíxose oficial a súa fichaje polo Deportivo da Coruña, logo de desvincularse do FC Barcelona, por unha tempada.[3] Debutou na primeira xornada do campionato, nunha derrota a domicilio fronte o Granada CF (2–1). O seu primeiro tanto como deportivista chegou na xornada seguinte en Riazor, un gol de penalti que supuxo o empate fronte o Rayo Vallecano (2–2).

Palmarés

Copas nacionais

TítuloClubPaísAno
Supercopa de EspañaFC Barcelona España2011
Copa do ReiFC Barcelona España2012
EredivisieAjax Ámsterdam Países Baixos2013
Supercopa de EspañaFC Barcelona España2013

Copas internacionais

TítuloClubPaísAno
Supercopa de EuropaFC Barcelona España2011
Mundial de ClubsFC Barcelona España2011

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas