Irene Montero
Irene María Montero Gil, nada en Madrid o 13 de febreiro de 1988, é unha política e psicóloga española, membro da dirección de Podemos. Deputada por Madrid da lexislatura XII do Congreso dos Deputados. Actual Voceira do Grupo Confederal Unidos Podemos -En Comú Podem -En Marea no Congreso. É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[1]
![]() Montero en 2016. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Irene María Montero Gil ![]() 13 de febreiro de 1988 (36 anos) Madrid |
![]() ![]() | |
Representa: Unidas Podemos 13 de xaneiro de 2020 – 20 de novembro de 2023 ← Bibiana Aído – Ana Redondo García (en) ![]() | |
![]() | |
Representa: Unidas Podemos 3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
![]() | |
14 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
![]() | |
8 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
![]() | |
5 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Datos persoais | |
Residencia | Galapagar ![]() |
País de nacionalidade | España |
Ideoloxía política | Socialismo e feminismo ![]() |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid - psicoloxía (2006–2011) Colegio Siglo XXI (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Feminismo e Unión Europea ![]() |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | Política e psicóloga |
Partido político | Podemos (2014–) ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Salario base | 79.025,73 € ![]() |
Familia | |
Parella | Pablo Iglesias Turrión (2016–) ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
Estudou no colexio Siglo XXI do barrio de Moratalaz en Madrid. Afiliouse á Xuventude Comunista (UJCE) ós 16 anos.[2] É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[3] Uniuse a Podemos xunto a Rafael Mayoral tras as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
En novembro de 2014, tras ser candidata ó Consello Cidadán de Podemos, foi nomeada responsable de Movementos Sociais.[4][5] Ademais, comezou a dirixir o gabinete do líder de Podemos, Pablo Iglesias, a súa actual parella.[6]
Durante a campaña electoral previa ás eleccións do 20 de decembro de 2015, Pablo Iglesias afirmou que sería a vicepresidenta e ministra da Presidencia dun hipotético goberno de Podemos.[7]
É membro da Mesa de Coordinación de Podemos, secretaria de Acción no Congreso e xefa do gabinete de Pablo Iglesias, secretario xeral do partido.
Ministra de Igualdade
En 2020, Pedro Sánchez resulta elixido de novo, tralas eleccións xerais de novembro de 2019. Tralo pacto entre PSOE e Podemos, acádase un acordo para formar goberno de coalición en España por primeira vez na súa historia moderna, trala experiencia da Fronte Popular durante a Segunda República. Irene Montero -con 31 anos- chega ó Goberno desta forma e é nomeada ministra, coa mesma idade que tiña a que foi a primeira ministra de Igualdade de España, a socialista Bibiana Aído, cando o presidente José Luis Rodríguez Zapatero a puxo á fronte desa nova carteira, e converteuna na ministra máis nova da historia de España. A dirixente de Podemos igualou este récord.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Irene Montero Gil Arquivado 14 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na páxina oficial de Transparencia de Podemos. (en castelán)