Lingua inupiaq

(Redirección desde «Inupiaq»)

A lingua inupiaq é un grupo de dialectos das linguas inuit, falada polo pobo inupiaq no norte e noroeste de Alasca, e parte dos Territorios do Noroeste. A lingua inupiaq é membro da familia de linguas esquimó-aleutianas, e está estreitamente relacionada coas linguas inuit do Canadá e Groenlandia. Ten arredor de 2 000 falantes.[3] O inupiaq é unha lingua oficial do estado de Alasca.[4]

Inupiaq
Outros nomes:Iñupiatun, Inupiatun, Inupiaqtun
Falado en:Os Estados Unidos de América e o Canadá
Rexións: Alasca e Territorios do Noroeste
Total de falantes:2 000 (2006–2010)[1]
Familia:Esquimó-aleutiano
 Esquimó
  Inuit
   Inupiaq
Escrita: alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Alasca Alasca
Códigos de lingua
ISO 639-1:ik
ISO 639-2:ipk
ISO 639-3: ipk
Mapa
Status

O inupiaq está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O nome da lingua tamén aparece como inupiatun, inupiat, iñupiaq, inyupiaq,[5] inyupiat,[5] inyupeat,[6] inyupik,[7] e inupik.

As principais variedades da lingua inupiaq son a do norte de Alasca e da Península Seward.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Barnum, Francis. Grammatical Fundamentals of the Innuit Language As Spoken by the Eskimo of the Western Coast of Alaska. Hildesheim: G. Olms, 1970.
  • Blatchford, DJ. Just Like That!: Legends and Such, English to Inupiaq Alphabet. Kasilof, AK: Just Like That!, 2003. ISBN 0-9723303-1-3
  • Bodfish, Emma, e David Baumgartner. Iñupiat Grammar. Utqiaġvigmi: Utqiaġvium minuaqtuġviata Iñupiatun savagvianni, 1979.
  • Kaplan, Lawrence D. Phonological Issues in North Alaskan Inupiaq. Alaska Native Language Center research papers, no. 6. Fairbanks, Alaska (Alaska Native Language Center, University of Alaska, Fairbanks 99701): Alaska Native Language Center, 1981.