Innovacións sucesivas na roda.Modelo de tres fases do proceso de cambio tecnolóxico.
Innovación é un cambio que introduce novidades, ou, dito doutra maneira, a novidade que se introduce nun dominio determinado.[1] Refírese tanto á modificación de elementos xa existentes co fin de melloralos, como ao desenvolvemento de elementos totalmente novos.
O termo provén do baixo latíninnovationem, substantivo de acción derivado do participio pasado do verbo do latín clásicoinnovo, innovare, "renovar", de in- "a", "ir cara a", e novus, "novo".[2]
En sentido estrito, neste campo, dise que as ideas só poden resultar innovadoras despois de que se desenvolven como novos produtos, servizos ou procedementos, que realmente encontran unha aplicación de éxito, impoñéndose no mercado a través da súa difusión.[3]
Hai unha forma de innovación consistente na mellora da xestión empresarial con novos procedementos, utilización duna tecnoloxía, automatización, mellorando a calidade, definindo novas formas de satisfacer ao cliente, son só algunhas ideas do que pode ser e conseguir a innovación e axuda ás empresas a crecer e seren máis competitivas.[4]
En economía, Joseph Schumpeter foi quen introduciu este concepto na súa "teoría das innovacións",[5] na que o define como o establecemento dunha nova función de produción. A economía e a sociedade cambian cando os factores de produción se combinan dunha maneira novidosa. Suxire que invencións e innovacións son a clave do crecemento económico, e quen implementan ese cambio de maneira práctica nos emprendedores. A innovación é un factor clave para o desenvolvemento empresarial e o crecemento económico dos países, sendo aqueles que máis invisten en investigación e innovación os que máis riqueza alcanzan. Neste sentido, o Diccionario de la lengua española define a innovación como a «creación ou modificación dun produto, e a súa introdución nun mercado».[6]
Tamén se utiliza o concepto de innovación nas ciencias humanas e na cultura. A busca a través da investigación de novos coñecementos, as solucións ou vías de solución, supoñen curiosidade e goce pola renovación. Os conceptos de vangarda e creatividade fanse relevantes neste contexto.
A innovación sucesiva, chamada tamén incremental, está moi relacionada coa innovación e a tecnoloxía, xa que se realiza e depende destes dous factores. Co pasar dos anos vimos un grande aumento na tecnoloxía, e isto leva á decisión de innovar por parte das empresas, persoas, gobernos, entre outros, para así non quedar obsoletos fronte ao mundo en constante cambio. Este tipo de innovación é realizada principalmente por empresas produtoras de produtos e servizos, gobernos nas súas diferentes propostas, entre outros.
Considérase innovación incremental cando se crea un valor sobre un produto que xa existe, engadíndolle novas melloras. O proceso de innovación comenza sobre unha base conceptual. A partir de aí realízanse unha serie de procesos creativos enfocados a conseguir uns fins determinados, utilizando diferentes técnicas creativas que compoñen un grande abano para achar posibilidades innovativas. Un exemplo de innovación incremental foi a incorporación de cámaras de fotos aos móbiles.