Inmarsat

(Redirección desde «Inmarsat-3 F1»)

Inmarsat é o nome dunha compañía británica de telecomunicacións orixinada na organización intergubernamental do mesmo nome e que pasou a denominarse International Mobile Satellite Organization. A privatización de Inmarsat tivo lugar en abril de 1999 e foi a primeira organización de satélites en ser privatizada. Comercializa os satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria do mesmo nome.[1]

O Inmarsat 3.

Marisat 1, 2 e 3

Os tres satélites Marisat foron os primeiros usados pola organización cando aínda era pública para ofertar servizos a buques nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. Usaban o bus HS-356 de Hughes Aircraft Company e todos foron lanzados en 1976 usando foguetes Delta 2914. Usaban a banda L, a banda C e a UHF para as súas comunicacións. Cada satélite tiña unha masa de 650 kg, forma cilíndrica e estabilización mediante xiro. A enerxía era proporcionada por 7000 células solares que recubrían a súa superficie, dando ata 330 W de potencia.[2][3][1]

MARECS A, B e B2

Os dous satélites MARECS (Maritime European Communications satellite) operativos, A e B2 (o B perdeuse durante o lanzamento) foron os seguintes satélites de Inmarsat. Usaban o busc ECS, tiñan unha masa de 1060 kg e estabilizábanse nos tres eixos. Os dous paneis solares proporcionaban 955 W de potencia, alimentando dúas baterías de níquel-cadmio para os períodos de eclipse. Usaban transpondedores nas bandas C e L para as comunicacións. Foron lanzados en 1981 e 1984 mediante foguetes Ariane 1 e Ariane 3.[4][1]

Inmarsat-2 F1, 2, 3, 4

Representan a segunda xeración de satélites Inmarsat. Lanzados entre 1990 e 1992 mediante foguetes Delta e Ariane, usaban o bus Eurostar 1000 e estabilizábanse nos tres eixos. Teñen unha masa de 1310 kg.[5][1]

Inmarsat-3 F1, 2, 3, 4 e 5

Os Inmarsat da serie 3 foron fabricados por Lockheed Martin usando o bus AS 4000, coa carga útil construída por Matra Marconi Space. Levan a bordo transpondedores en banda L e C e foron lanzados entre 1996 e 1998.[6][1]

Inmarsat-4 F1, 2, 3 e 4

Os Inmarsat 4 foron a cuarta xeración de satélites Inmarsat, construídos baixo o bus Eurostar 3000GM por Astrium. Teñen dez veces a capacidade da xeración anterior en canto a comunicacións e proporcionan servizos móbiles e de alta velocidade. Usan exclusivamente a banda L e foron lanzados entre 2005 e 2008.[7][1]

Inmarsat-4A F4 (Alphasat)

Inmarsat-4A F4, tamén chamado Alphasat, foi un satélite conxunto entre a ESA e Inmarsat usando o bus Alphabus para validalo comercialmente. O satélite usa un novo procesador de sinais e ten un reflector para a antena de 12 m de diámetro. Ten unha masa de 6649 kg, os paneis proporcionanlle 12 kW de potencia e ten unha vida esperada de 15 anos. Usa transpondedores exclusivamente en banda L e foi lanzado o 25 de xullo de 2013 mediante un foguete Ariane 5.[8][1]

Inmarsat-5 F1, 2, 3 e 4

Cada satélite Inmarsat-t leva a bordo 89 transpondedores en banda Ka. Usan o bus BSS 702HP de Boeing e teñen unha masa duns 6000 kg. Os paneis solares proporcionanlles ata 15 kW de potencia e usan un sistema de propulsión iónica para as súas manobras.[9][1]

Inmarsat-S-EAN (HellasSat 3)

Inmarsat-S-EAN é produto da alianza entre Inmarsat e HellasSat. Construído por Thales Alenia Space sobre o bus Spacebus 4000C4, ten unha masa de 5780 kg, un tempo esperado de vida de 15 anos e leva a bordo transpondedores en banda S, banda Ku e banda Ka. Foi lanzado o 28 de xuño de 2017 mediante un Ariane 5.[10][1]

Inmarsat-5 F5

O Inmarsat-5 F5, construído por Thales Alenia Space sobre o bus Spacebus 4000B2, ten unha masa de 4008 kg, 16 anos de esperanza de vida e 72 transpondedores en banda Ka. Os seus paneis solares proporciónanlle 6,8 kW de potencia e foi lanzado o 26 de novembro de 2019 mediante un Ariane 5.[11][1]

Inmarsat-6 F1 e F2

Inmarsat-6 F1 e F2 pertencen á sexta xeración de satélites Inmarsat e están pensados para aumentar os servizos sobre banda L e banda Ka. Foron construídos por Airbus Defence and Space usando o bus Eurostar-3000EOR. Teñen unha masa de 5470 kg, unha antena de 9 m de apertura para banda L, nove antenas multifeixe para banda Ka e dous paneis solares. O Inmarsat-6 F1 foi lanzado o 22 de decembro de 2021 mediante un foguete H-2A e o F2 foi lanzado o 18 de febreiro de 2023 mediante un Falcon 9.[12][1]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12]Data de lanzamento[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12]Foguete lanzador[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12]Notas[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12]
Marisat 119 de febreiro de 1976Delta 2914Éxito
Marisat 210 de xuño de 1976Delta 2914Éxito
Marisat 314 de outubro de 1976Delta 2914Éxito
MARECS A20 de decembro de 1981Ariane 1Éxito
MARECS B9 de setembro de 1982Ariane 1Fallo
MARECS B210 de novembro de 1984Ariane 3Éxito
Inmarsat-2 F130 de outubro de 1990Delta 6925Éxito
Inmarsat-2 F28 de marzo de 1991Delta 6925Éxito
Inmarsat-2 F316 de decembro de 1991Ariane 4Éxito
Inmarsat-2 F415 de abril de 1992Ariane 4Éxito
Inmarsat-3 F13 de abril de 1996Atlas IIAÉxito
Inmarsat-3 F26 de setembro de 1996Proton K Blok DM1Éxito
Inmarsat-3 F318 de decembro de 1996Atlas IIAÉxito
Inmarsat-3 F43 de xuño de 1997Ariane 4Éxito
Inmarsat-3 F54 de febreiro de 1998Ariane 4Éxito
Inmarsat-4 F111 de marzo de 2005Atlas 5Éxito
Inmarsat-4 F28 de novembro de 2005Zenit 3SLÉxito
Inmarsat-4 F318 de agosto de 2008Proton M Briz MÉxito
Inmarsat-4A F4 (Alphasat)25 de xullo de 2013Ariane 5Éxito
Inmarsat-5 F18 de decembro de 2013Proton M Briz MÉxito
Inmarsat-5 F21 de febreiro de 2015Proton M Briz MÉxito
Inmarsat-5 F328 de agosto de 2015Proton M Briz MÉxito
Inmarsat-5 F415 de maio de 2017Falcon 9Éxito
Inmarsat-S-EAN (HellasSat 3)28 de xuño de 2017Ariane 5Éxito
Inmarsat-5 F526 de novembro de 2019Ariane 5Éxito
Inmarsat-6 F122 de decembro de 2021H-2AÉxito
Inmarsat-6 F218 de febreiro de 2023Falcon 9Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos