Infrared Background Signature Survey

Infrared Background Signature Survey ou IBSS foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 28 de abril de 1991 mediante o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-39 desde Cabo Cañaveral.[4][5]

IBSS / Infrared Background Signature Survey
IBSS soltado desde o transbordador Discovery.
TipoTecnolóxico
OrganizaciónSDIO
Data de lanzamento28 de abril de 1991[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador Espacial Discovery[4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[5][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[5]
Regreso2 de maio de 1991[1][6]
NSSDC ID1991-031B
Masa1901 kg[4][5]

Características

IBSS viaxou ao espazo na bodega do transbordador, desde onde foi liberado para facer as súas observacións para logo ser recollido e devolto a terra. A súa misión principal foi realizar experimentos para o desenvolvemento de sensores de detección de mísiles balísticos.[4][5]

IBSS estaba patrozinado pola Organización da Iniciativa de Defensa Estratéxica ou SDIO. A carga a bordo do satélite estaba composta por un sensor infravermello, un sensor multiespectral para observar en varias lonxitudes de onda, dúas cámaras de televisión para baixas intensidades de luz e equipamento de soporte. Unha vez en voo libre, IBSS observou o comportamento dos motores do sistema de control de posición do transbordador para usalo como perfil para o desenvolvemento de sensores capaces de detectar o mesmo tipo de sinatura no espazo, indicativo doutros sistemas de control de posición como o dos mísiles balísticos durante manobras de corrección de traxectoria. Parte dos experimentos de IBSS tamén implicaban a solta de diferentes tipos de gases no baleiro para estudar o seu comportamento e caracterizalos para mellorar a detección de gases parecidos durante o voo de mísiles balísticos. Ao final da súa misión IBSS foi recollido polo transbordador e devolto a terra, o 2 de maio de 1991.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos