Indómitos

Indómitos foi unha banda galega de noise rock fundada en Glasgow polos vigueses Daniel Nicolás (voz e baixo) e Paula Vilas (voz e batería), aos que se lles uniu Manu G. Sanz (guitarra). O grupo separaríase con só dous anos de historia tras publicar un único álbum. Os seus membros posteriormente iniciarían outros proxectos musicais como fantasmage e Selvática.

Indómitos
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2008 - 2010
Xénero(s)noise rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s)El Beasto, Discos de Kirlian
MembrosDaniel Nicolás
Manu G. Sanz
Paula Vilas
Artistas relacionadosfantasmage, Selvática

Historia

A banda formouse a principios do ano 2008 en Glasgow, onde traballaban Daniel Nicolás e Paula. Indómitos comezou a tocar en pubs da cidade e gravou un álbum.[1] Tras regresar a Galiza ese mesmo ano editaron o álbum Indómitos no mes de decembro a través do selo galego El Beasto.[2][3]

No ano 2010 colaboraron co tema "Crímenes del futuro" no álbum recompilatorio de bandas galegas Galician Bizarre.[4] Ese mesmo ano a banda separaríase.[2]

Tras a disolución de Indómitos Daniel Nicolás formou Fantasmage en Vigo, mentres Manu e Paula marcharon ao Brasil onde comezaron un novo proxecto chamado Selvática.[2]

No ano 2015 o selo Discos de Kirlian publicou Demos 2008-2010, dez cancións gravadas por Manu no seu estudio caseiro coa axuda de Paula.[1]

Discografía

Álbums

ÁlbumAnoSeloNotas
Indómitos2008El Beastoálbum
Demos 2008-20102015Discos de Kirliandemos

Notas