Pedro Ferrer
Pedro Inocencio Vicente Ferrer Sans, nado na Coruña o 5 de abril de 1870 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1939, foi un comerciante, impresor, editor e fotógrafo galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1870 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 9 de xuño de 1939 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo , impresor , editor , comerciante ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Traxectoria
Pedro foi o menor dos tres fillos do catalán, natural da comarca de Anoia, Francisco Ferrer Puigdengolas e da coruñesa Niceta Sans Samá, tamén de orixe catalá. A familia dedicábase ao comercio de papel e coa morte do pai o 19 de xaneiro de 1872 ocuparon a dirección a súa nai e o seu irmán máis vello, Francisco Ferrer Sans (Paco), que en 1883 incorporan os servizos de impresión.[1] Paco finou o 6 de outubro de 1884.[2]Pedro fíxose cargo dos negocios familiares e viaxou a canda á súa familia catalá á Exposición Universal de Barcelona de 1888, na que participaba o seu primo Ramon Romaní i Puigdengolas, data na que comeza a tirar fotografías. En 1894 xa ofrecía os seus servizos como fotógrafo no comercio familiar da rúa Real 61, nun edificio de catro plantas onde tamén se situaba o domicilio familiar. Destacan as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade, que apareceron na serie Por las calles. En 1901 comezou a publicación de Portfolio de Galicia, que continuou ata 1912. Editou Vistas de La Coruña e Porfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904.[3]
Tamén foi considerado un dos primeiros empresarios discográficos de Galicia, producindo os primeiros discos de música galega.[3][4] Foi socio do Círculo de Artesáns, do Sporting Casino e do Real Club Náutico da Coruña.
Na década de 1930 a súa actividade foi diminuíndo e faleceu por mor dun derramo cerebral en 1939. Foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.[5]
A súa obra difundíronse na I Fotobienal, celebrada en Vigo en 1984[6][7][8] e apareceu publicada no libro As imaxes do traxe en Galicia en 1992.[9]
Vida privada
Pedro Ferrer casou o 5 de febreiro de 1898 con María Josefa Carreras-Presas Mariñas, coa que tivo sete fillos (dous homes e cinco mulleres).
Recoñecementos
En 2007 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa.[10]
Galería de imaxes
- Asistentes á praza de touros en carruaxe.
- Baía da Coruña ca. 1910-1915.
- Campo da Estrada, festival de aviación (1911).
- Cantón Grande, exploradores 1913-20.
- Carrozas nas festas de entroido.
- Celebración escolar nos Cantóns.
- Corporación municipal subindo á igrexa de S. Xurxo.
- Corralón da Gaiteira, concurso hípico (1908).
- Corralón da Gaiteira, grupo de ciclistas (191...).
- Dispensario antituberculoso (Casa do Sol) ca. 1900.
- El Orzán por Pedro Ferrer 1922.
- Equipo de fútbol Club Hércules (1921).
- Espectadores na praza de touros (1919?).
- Festa da árbore na praza de Carlos I.
- Festas do Sagrado Corazón de Xesús 1920.
- A fotografía máis antiga do Deportivo da Coruña, 1907.
- Gran Hotel La Perla.
- Juan Flórez, Sporting Club, 1907.
- Lavadoiro de San Carlos
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/76/Cemiterio_de_Santo_Amaro_-_Pedro_Ferrer.jpg/220px-Cemiterio_de_Santo_Amaro_-_Pedro_Ferrer.jpg)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Balbini, M.ª Ana (2015). Catalogación de la obra fotográfica de Pedro Ferrer. Propuesta de creación de un archivo virtual unificado (tese de doutoramento) (en castelán). UB.
- Díaz Martínez, Carlos (2005). A Coruña de Pedro Ferrer. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-372-2. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2019.
- "Ferrer Sanz, Pedro Inocencio Vicente". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 98. ISBN 84-7680-429-6.
- "Ferrer Sanz, Pedro Inocencio Vicente". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 96.
- "Ferrer Sanz, Pedro Inocencio Vicente". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Fotografías de Pedro Ferrer en vellaenobrebrigantium.blogspot.com